viernes, 29 de octubre de 2010

MANUEL E PAULA

¡ESTA SEMANA OS PROTAGONISTAS FORON MANUEL E PAULA!
NESTES DÍAS MANUEL CONTÓUNOS QUE LLE GUSTA MOITO VIAXAR. ESTIVO EN MOITOS SITIOS E ENSINOUNOS MOITAS FOTOS COAS QUE ¡DESCUBRIMOS MOITOS E BONITOS LUGARES!.
PAULA CONTÓUNOS QUE LLE DAN UN POUCO DE MEDO OS CABALOS, QUE TEN UN IRMÁN PEQUENIÑO E QUE LLE GUSTA MOITO O CHOCOLATE ¡MMMMMMMMMM! ¡ E A NÓS TAMÉN!.

jueves, 28 de octubre de 2010

CUMPLES DE OUTUBRO

¡HOXE CELEBRAMOS OS CUMPLES DE XAVIER, IRENE, SORAYA, MARÍA E ANDREA!
HOXE FIXEMOS UNHA FESTA PARA CELEBRAR OS CUMPLES DOS NENOS E NENAS QUE NACERON NO MES DE OUTUBRO. FIXEMOS UNHAS COROAS, DECORAMOS A AULA, CANTAMOS, SOPLAMOS VELAS E COMPARTIMOS UNS BISCOITOS QUE ...¡ESTABAN RIQUIIIIIIIIIISIMOS!¡MMMMMMMMM...!

¡ PARABÉNS A TODOS!


miércoles, 27 de octubre de 2010

OBRADOIRO DE CABAZAS

¡HOXE REALIZAMOS O PRIMEIRO OBRADOIRO COAS FAMILIAS!
 ALGÚNS NENOS E NENAS NON SE ESPERABAN UNHA VISITA TAN IMPORTANTE E QUEDARON ABRAIADOS AO VER QUE ... ¡OS PAPÁS E MAMÁS ESTABAN NA NOSA CLASE!. 
CON ESTES AXUDANTES TAN ESPECIAIS FALAMOS, CANTAMOS, XOGAMOS E  BALEIRAMOS E DECORAMOS UNHAS CABAZAS TERRORÍFICAAAAAAAS ... 
POR ISTO E MÁIS OS NENOS, AS NENAS E AS PROFES QUEREMOS DECIRVOS ...

"¡MOITAS GRAZAS POR VIR!"

lunes, 25 de octubre de 2010

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

¡HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!
O NOSO AMIGO  PAPIRUS  INVITÓUNOS AO SEU CUMPLE. ASÍ QUE ... ¡FIXEMOS A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN AO "COLE DOS MAIORES"!. FOMOS MOI CONTENTOS COLLIDOS DA MAN DE DOUS EN DOUS. 
PAPIRUS CONTÓUNOS MOITAS COUSAS DA SÚA VIAXE E ¡DÉUNOS UNHA APERTA MOI GRANDE. 
E ... O QUE MÁIS NOS GUSTOU É QUE NOS FIXO DOUS AGASALLOS, UNHA BOLSA DE POLBIÑOS E UNHA BOLSIÑA PARA OS LIBROS PORQUE A PAPIRUS GÚSTALLE MOITO LER E QUERE QUE A NÓS TAMÉN. 

viernes, 22 de octubre de 2010

SARA E LAURA

¡ESTA SEMANA AS PROTAGONISTAS FORON SARA E LAURA!
NO LIBRO DE SARA POÑÍA QUE LLE ENCANTA COLLER PEDRAS E ... POIDEMOS COMPROBAR  ... QUE ... ¡ERA CERTO!. ESTA SEMANA TIÑA NO PETO DO MANDILÓN AGOCHADAS ATA 9 PEDRAS QUE CONTAMOS ENTRE TODOS.
 LAURA ENSINÓUNOS NO SEU LIBRO AS FOTOS NAS QUE SAE CO SEU "NENÉ" DO QUE TANTO NOS FALA CADA DÍA E CONTOUNOS QUE LLE GUSTA MOITO MOITO O CHOCOLATE ANQUE MAMI SEMPRE  DI "NON SE PODE TODOS OS DÍAS, LAURA...".

viernes, 15 de octubre de 2010

DEEA E DIEGO

¡ESTA SEMANA OS PROTAGONISTAS FORON DEEA E DIEGO!.
DEEA ENSINÓUNOS MOITAS COUSAS DO SEU PAÍS, RUMANÍA. O QUE MÁIS NOS GUSTOU FORON OS BONECOS DE NEVE E ... O CASTELO ... DE.... ¡DRÁCULA!.
TAMÉN NOS GUSTARON MOITO AS COUSAS QUE NOS CONTOU DIEGO DO SEU CAN, LUCAS, E AS FOTOS DE CANDO ERA UN BEBÉ. 
¡MIRADE QUE GUAPOS ESTÁN OS PROTAS CO SEU MANDIL DE ELMER!

sábado, 9 de octubre de 2010

¡PROTAGONISTAS!

JIMENA E IAGO
¡ESTA SEMANA JIMENA E IAGO FORON OS PROTAGONISTAS!
ELES FORON OS ENCARGADOS DE PASAR LISTA, DE "CONDUCIR" O TREN E DE PRESENTARNOS A SÚA BIOGRAFÍA. XUNTOS DESCUBRIMOS COMO SON OS SEUS NOMES, QUE COUSAS SON AS QUE LLES GUSTAN, COMO É A SÚA FAMILIA ... E ... PREGUNTAMOS ... MOITAS VECES ... "¿CANDO ME TOCA A MIN?"

sábado, 2 de octubre de 2010

¡CELEBRAMOS OS CUMPLES DE DIEGO F., DIEGO G., AROHA, IAGO, UNAI, JONATHAN E MARCOS!

A NOVIDADE SEMANA É QUE ¡CELEBRAMOS OS PRIMEIROS CUMPLES NO COLE!. AS PROFES  PREPARAMOS UNHAS BONITAS COROAS, ANQUE ALGÚN NENO NON QUERÍA POÑER "AQUILO" NA CABEZA... OS BISCOITOS ESTABAN RIQUIIIIIISIMOS E COMO ERAN TAN GRANDES ¡POIDEMOS COMELOS AO DÍA SEGUINTE NO PATIO!. SOPLAMOS AS VELAS, CANTAMOS E DISFRUTAMOS AS DÚAS CLASES XUNTAS.  
¡XA ESTAMOS DESEXANDO QUE CHEGUE O ÚLTIMO XOVES DE OUTUBRO!
(PAPÁS E MAMÁS: LEMBRADE QUE NON TEMOS QUE TRAER MERENDA ESE DÍA)