miércoles, 22 de diciembre de 2010

¡¡¡HOXE VIÑERON AO COLE OS REIS MAGOS!!!

DENDE QUE CHEGAMOS AO COLE ESTIVEMOS PENDENTES DA CHEGADA ... DOS ...  ¡REIS MAGOS!. PRETO DAS 11:00 ENTRAMOS NO XIMNASIO E... ¡ALÍ ESTABAN!. ASÍ QUE POIDEMOS  ENTREGARLLES A NOSA CARTA, CANTARLLES O "BURRITO SABANERO", SACARNOS FOTOS CON ELES E COMER AS ROSCAS COAS QUE NOS AGASALLARON. ¡MMMMMMMMM..... QUE RICAS ESTABAN!.
 
¡MIRADE QUE CONTENTIÑOS NOS QUEDAMOS!



AS PROFES DE TRES ANOS 
QUEREMOS DESEXARVOS...

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡UNHAS  BOAS FESTAS!!!!!!!!!!!

¡VÉMONOS O 10 DE XANEIRO!
BICOS

JUÁN E AROHA

¡ JUÁN E AROHA FORON OS PROTAS NESTES DÍAS!
O QUE MAÍS LLE GUSTOU AO NOSO PROTA JUÁN FOI CONTARNOS ... ¡O SEU CONTO!, CADA DÍA SENTÁBASE NA ALFOMBRA PARA LER A SÚA HISTORIA.
O QUE MÁIS NOS CHAMOU A ATENCIÓN DO LIBRO DE AROHA FOI A FOTO DA PORTADA NA QUE TIÑA UN PIXAMA CO NOME DO HOSPITAL NO QUE NACEU. ISTO FIXO QUE NOS PREGUNTÁSEMOS ...
"¿ONDE NACEMOS OS DEMAIS?" 
E AS NOSAS RESPOSTAS FORON...
_ "AQUÍ"
_ "EN BUEU"
_ "NON SEI"
_ "EN LA BARRIGA DE MAMI"
_ "EN PONTEVEDRA"
_ "EN MI CASA"
_ "EN EL MÉDICO"
_   ...



jueves, 16 de diciembre de 2010

CUMPLES DE DECEMBRO

HOXE FIXEMOS UNHA FESTA PARA CELEBRAR QUE ... ¡CLARA E ALEJANDRO XA TEÑEN 3 ANOS!.  
DESPOIS DA NOSA CAMIÑATA A CORREOS ... ¡QUE BEN NOS SENTARON OS BISCOITOS! ¡MMMMM ....!
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

¡ESTIVEMOS EN CORREOS!

ESTA SEMANA ESTIVEMOS PREPARANDO UNHAS BONITAS POSTAIS PARA FELICITAR ESTAS FESTAS. CUN POUQUIÑO DE PICADO E COLOREADO E CON MOITO MOITO CARIÑO CREAMOS UNHAS POSTAIS PARA DESEXARVOS UN BO ANIÑO. 
DESPOIS PREPARAMOS UNS SOBRES PEGAMOS UNS SELOS E ESTA MAÑÁ ¡FIXEMOS UNHA SAÍDA A CORREOS PARA LEVAR AS POSTAIS!.

MOITAS GRAZAS A TODAS AS MAMÁS QUE NOS ACOMPAÑARON NESTA SAÍDA TAN IMPORTANTE E A TODOS OS FAMILIARES QUE NOS ATOPAMOS POLO CAMIÑO ... ¡QUE SORPRESA TAN BONITA!.
PAPÁS E MAMÁS ESTADE ATENTOS PORQUE EN CALQUERA MOMENTO RECIBIREDES O NOSO REGALO NAVIDEÑO
¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!


PREPARANDO O NADAL

ESTES DÍAS ESTIVEMOS FACENDO UNHAS CAMPÁS COAS CAIXAS DE OVOS. PRIMEIRO FIXEMOS UNHA LISTA DOS NENOS E NENAS QUE A QUERÍAN PINTAR DE COR PRATEADA E OUTRA COS QUE A QUERÍAN PINTAR DE COR DOURADA, DESPOIS PUXÉMOSLLE PURPURINA E CUNS CASCABEIS E UNHA BONITA CINTA ... ¡XA ESTÁN LISTAS PARA ADORNAR!.
¡MIRADE QUE BONITIÑAS!

viernes, 10 de diciembre de 2010

SARA GIL E HUGO

¡ESTA SEMANA OS NOSOS PROTAS FORON SARA E HUGO!
DE SARA GUSTÓUNOS COÑECER A SÚA IRMÁ MAIOR QUE ESTÁ NO NOSO COLE ¡NO PISO DE ARRIBA!. O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI A SÚA MASCOTA PITUFA E ... ¡OS SEUS PEQUERRECHOS GATIÑOS!.
HUGO ENSINÓUNOS FOTOS DE CANDO ERA BEBÉ E CONTÓUNOS QUE A SÚA COMIDA PREFERIDA SON OS MACARRÓNS ... ¡E A NOSA TAMÉN!¡MMMMMM....!. PERO O QUE MÁIS NOS GUSTOU DE TODO FOI A FOTO DO TRACTOR DO SEU PAI DO QUE TANTO NOS FALA CADA MAÑÁ.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS ... DOS NOSOS AMIGUIÑOS