viernes, 28 de enero de 2011

¡DÍA DA PAZ!

HOXE CELEBRAMOS NO COLE ¡O DÍA DA PAZ!
 DESPOIS DE XOGAR NO PATIO PREPARAMOS OS NOSOS BANDERÍNS DE PAZ E SUBIMOS AO "COLE DOS MAIORES" ONDE CANTAMOS ...
"WE ARE THE WORLD
WE ARE THE CHILDREN
..."
ONDE SOLTAMOS POMBAS A VOAR E ONDE DISFRUTAMOS ...
¡XUNTOS!

DÍA DA PAZ

¡SORAYA E MARCOS!

¡SORAYA E MARCOS FORON OS PROTAS ESTA SEMANA!

SORAYA PRESENTÓUNOS A TODA A SÚA FAMILIA E COMO AGORA CHEGA O ENTROIDO A FOTO QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI A DE SORAYA DISFRAZADA ... ¡DE FLAMENCA!
MARCOS ENSINÓUNOS MOITAS FOTOS DA SÚA FAMILIA. NO SEU LIBRO POIDEMOS COÑECER AO SEU IRMÁN IVÁN QUE ACABA DE NACER E DESCUBRIR QUE A MARCOS GÚSTANLLE MOITO MOITO ... ¡OS COCHES E AS MOTOS!
SORAYA E MARCOS

jueves, 27 de enero de 2011

¡UNHA VISITA SORPRESA!

¡ESTA MAÑÁ ESTIVO NO NOSO COLE UN TRASNO SEMENTACONTOS!
ESTÁBAMOS CONTANDO CANTOS NENOS E NENAS ESTABAN NO COLE, CANDO, DE REPENTE, ALGUÉN PETOU Á PORTA E AO ABRIR PAUSOU ¡UN TRASNO SEMENTACONTOS!.
PERO ESTE NON ERA UN TRASNO CALQUERA, ERA UN TRASNO QUE PLANTABA ÁRBORES DE PAZ E VIAXABA NUN ...
¡PAZTINETE!



¡MOITAS GRAZAS POLA VISITA TRASNIÑO!
¡FOI UNHA SORPRESA MOI EMOCIONANTE!

CUMPLES DE XANEIRO

¡CELEBRAMOS OS PRIMEIROS CUMPLES DO ANO!
HOXE TIVEMOS UNHA FESTA PARA CELEBRAR QUE DEEA, MANUEL E DIEGO ¡XA TEÑEN 4 ANOS! . ASÍ QUE, PREPARAMOS UNHAS COROAS,  AS VELAS, CANTAMOS A CANCIÓN DO CUMPLE E ...
A COMER UNS BISCOITOS..¡MMMMM!...BOÍSIMOSSSSS...



¡MIRADE COMO NOS PUXEMOS!



viernes, 21 de enero de 2011

¡DESCUBRINDO AOS LEÓNS!

CON MOTIVO DA LECTURA DUN CONTO DE ANIMAIS NA CLASE, QUIXEMOS COÑECER MÁIS PROFUNDAMENTE ALGÚN DELES.
COMO AS PROFES ESTAMOS INTERESADAS EN QUE OS NENOS E NENAS PARTICIPEN E APREDAN CUNHA DINÁMICA DEMOCRÁTICA, XUNTAMOS AS CLASES E FIXEMOS UNHA VOTACIÓN. CADA UN PROPUSO O ANIMAL QUE QUERÍA INVESTIGAR E DESPOIS DO SONDEO O ANIMAL CON MÁIS VOTOS RESULTOU SER:
¡O LEÓN!
COMO QUEREMOS QUE AS FAMILIAS PARTICIPEDES NO PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE DOS VOSOS FILLOS E FILLAS PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN A TRAVÉS DUNHA NOTA QUE REDACTAMOS .. ¡ENTRE TODOS!.
O INTERESANTE DE TODO ISTO É QUE A INFORMACIÓN SEXA VARIADA E QUE OS NENOS E NENAS DESCUBRAN LUGARES ONDE SE PODE BUSCAR INFORMACIÓN, COMO POR EXEMPLO A BIBLIOTECA. DENDE O BLOG INVITÁMOVOS A VISITAR A BIBLIOTECA DO CEIP A PEDRA, COMO XA FIXERON ALGUNHAS FAMILIAS, OU A BIBLIOTECA PÚBLICA.
DENDE AQUÍ QUEREMOS AGRADECERVOS A VOSA COLABORACIÓN PORQUE XA ESTAMOS RECIBINDO MOITOS CONTOS, HISTORIAS, INFORMACIÓN DE INTERNET, FOTOGRAFÍAS, DVDs ...

¡DIEGO G. E JONATHAN!

O QUE MÁIS NOS GUSTOU DO LIBRO DO PROTA DESTA SEMANA FORON OS COCHES QUE APARECEN NEL.
¡CANTO LLE GUSTAN OS COCHES A DIEGO!
E .. BEN SABE A PROFE TOÑI, QUE ESTA AFICIÓN ¡VENLLE DE FAMILIA!
JONATHAN ENSINOUNOS UN LIBRO MOI BONITO QUE LLE PREPARARON AS SÚAS IRMÁS PARA CONTARNOS A SÚA HISTORIA. NESTE LIBRO DESCUBRIMOS QUE A JONATHAN LLE GUSTAN MOITO AS ESCAVADORAS ¡IGUAL QUE A MOITOS NENOS DA CLASE!, ADEMAIS, PARECÉUNOS MOI SIMPÁTICA UNHA FOTO NA QUE TEN SÓ UN ANIÑO E ESTA  DISFRAZADO ...¡ DE VELLIÑA!.

viernes, 14 de enero de 2011

SARA L. E UNAI

¡OS PRIMEIROS PROTAS DO ANO!

ESTA SEMANA ESTIVO DE PROTA SARA LÓPEZ E CONTÓUNOS A SÚA HISTORIA. O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI COMO DECOROU O SEU LIBRO E DESCUBRIR NELA A UNHA PEQUENA ... ¡PRINCESA!
NO LIBRO DE UNAI POIDEMOS VER AS FOTOS DOS CABALOS DOS QUE TANTO NOS FALA E DESCUBRIR, TAL E COMO NOS CONTOU, QUE: "¡SON DE VERDADE E CON PATAS!". TAMÉN POIDEMOS SABER QUE UNAI NACEU NOUTRO POBO. INVESTIGANDO EN INTERNET ATOPAMOS QUE UNAI E A SÚA FAMILIA TARDARON POLO MENOS UNHAS SETE HORAS EN COCHE PARA CHEGAR ATA BUEU. CON ISTO QUIXEMOS SABER MÁIS:

"¿CANTO TARDAMOS OS DEMAIS DENDE O HOSPITAL DE PONTEVEDRA ATA BUEU?"
"¿PORQUE NO MAPA, QUE NOS ENSINOU A PROFE, NON SAE O APARCAMENTO ONDE DEIXOU O COCHE UNAI CANDO CHEGOU A BUEU?"
????????????