viernes, 27 de mayo de 2011

¡CONTACONTOS DE KALANDRAKA!

HOXE DISFRUTAMOS DUN MARAVILLOSO CONTACONTOS NO QUE SE FIXO UN REPASO DE VARIOS LIBROS PUBLICADOS POLA EDITORIAL KALANDRAKA QUE FORON ACOMPAÑADOS DUNHA BANDA SONORA DE FONDO.
OS NENOS E NENAS QUEDARON ABRAIADOS AO DESCUBRIR QUE, COA SÚA MAXIA , PODÍAN SACAR DA CESTA UNS FERMOSOS CONTOS.
¡GRAZAS POR REGALARNOS ESTAS HISTORIAS MUSICADAS E UNS BONITOS MARCAPÁXINAS DE RECORDO!


AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTOS PARA QUE VEXADES O BEN QUE O PASAMOS E O ATENTOS QUE ESTÁBAMOS:

jueves, 26 de mayo de 2011

¡CUMPLES DE MAIO!

HOXE CELEBRAMOS OS CUMPLES DE JUÁN E SARA GIL QUE XA TEÑEN 4 ANOS. Á HORA DA MERENDA PREPARAMOS AS COROAS, SOPLARON AS VELAS, CANTAMOS E COMEMOS UNHA ROSCA E UNHAS MAGDALENAS BOÍSIMASSSS, ¡MMMM ...!
¡¡ESPERAMOS QUE CUMPLADES MOIIIITOS MÁIS!!
 
 
¡PARABÉNS AMIGOS!

lunes, 23 de mayo de 2011

TEATRO: "O PAXARO MÁXICO"

DESPOIS DE MERENDAR UNHAS SABOROSAS GALLETAS ... SAÍMOS CARA O CENTRO SOCIAL DO MAR PARA ASISTIR A UNHA OBRA DE TÍTERES A CARGO DA COMPAÑÍA TARABELOS.
AÍNDA QUE AO COMEZO A HISTORIA CHEIRABA A ... ¡PRINCESAS! NELA  POIDEMOS COÑECER A SABELA UNHA NENA QUE, COA AXUDA DUN PAXARO, CONSEGUIU ROMPER O FEITIZO DO MAGO E ATOPAR AO SEU PRÍNCIPE.
GRAZAS A ESTEBAN ACUÑA POIDEMOS DISFRUTAR DUNHA CHEA DE PERSONAXES QUE PROTAGONIZARON UN GRAN CONTO SACADO DUNHA PEQUENA MALETA VIAXEIRA.
¡MIRADE QUE BONITO!


¡GRAZAS AS MAMÁS QUE NOS ACOMPAÑARON E AXUDARON NESTA MAÑÁ DE CONTO! 


miércoles, 4 de mayo de 2011

CORRELINGUA

 Á PRIMEIRA HORA DA MAÑA PUXEMOS AS CAMISETAS, QUE PREPARAMOS CON FERMOSAS PALABRAS EN GALEGO, E SAÍMOS CARA A PRAZO DO CONCELLO PARA ASISTIR AO CORRELINGUA 2011.
CANDO CHEGAMOS Á PRAZA XUNTÁMONOS COS DEMAIS NENOS E NENAS DE COLES DE O MORRAZO E PARTICIPAMOS EN DIFERENTES OBRADOIROS.
PINTAMOS COS DEDOS (OU ... NALGÚNS CASOS COAS MÁNS E OS BRAZOS...) AS LETRAS QUE FORMAN O LEMA DA FESTA, DESPOIS DE PASAR POR UN CIRCUITO QUE ATOPAMOS POLO CAMIÑO, BAILAMOS E XOGAMOS CON AROS NOS QUE TIÑAMOS QUE ENTRAR AO PARAR A MÚSICA...¡FOI MOI DIVERTIDO! E DESPOIS DE PASAR OUTRO CAMIÑO DE SALTOS ATOPAMOS UN SITIÑO PARA MERENDAR.
XA CANSOS DE XOGAR SEN PARAR DISFRUTAMOS DUNHA DEGUSTACIÓN DE LEITE FRESCO QUE COAS GALLETAS QUE LEVABAN AS PROFES FIXO UNHA MERENDA ¡¡MMMMMMM .... BOÍIIIIISOMA!!
PARA REMATAR A FESTA ASISTIMOS AO CONERTO DE PABLO DÍAZ E A BANDA TIC TAC COS QUE BAILAMOS, CANTAMOS E DISFRUTAMOS ...
¡XUNTOS!

E ... DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODAS AS MAMÁS E PAPÁS QUE NOS ACOMPAÑARON E AXUDARON, ¡ESTE DÍA NON SERÍA IGUAL SEN A VOSA AXUDA!
¡GRAZAS!