miércoles, 30 de noviembre de 2011

¡"G" DE GAUDÍ!

A SEMANA PASADA O NOSO AMIGO ARTE ENVIÓUNOS UNHA NOVA CARTA E ESTA VEZ ESTABA ACOMPAÑADA DA LETRA G DE GAUDÍ ASÍ QUE PREPARAMOS AS NOSAS PIZARRAS DIXITAIS E PROXECTAMOS DIFERENTES OBRAS DE GAUDÍ E … DE TODAS, A QUE MÁIS NOS CHAMOU A ATENCIÓN FOI ¡O DRAGÓN-SALAMANDRA DO PARQUE GÜELL! ASÍ QUE PREPARAMOS UNS ANAQUIÑOS DE PAPEIS DE CORES E CREAMOS … ¡AS SALAMANDRAS DO COLE DOS PELOUROS!


martes, 29 de noviembre de 2011

¡VISITA DA MAMÁ DE SARA G!

HOXE VISITÓUNOS NO COLE MONTSE, A MAMÁ DA PROTA SARA G., E VIU ... ¡CUNHAS PLANTAS!. PRIMEIRO AMOSÓUNOS A PLANTA, LOGO EXPLICÓUNOS COMO TIÑAMOS QUE FACER PARA PLANTALAS E AXUDÓUNOS A PREPARAR UNS TESTOS PARA LEVAR UNHA PLANTA ... ¡PARA A NOSA CASA!
MIRADE, MIRADE ...


POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS, POR AXUDARNOS A PREPARAR UNHAS BONITAS PLANTAS PARA DECORAR AS NOSAS CASAS, E ... POR COMPARTIR CON NÓS ESTES MARABILLOSOS MOMENTOS ...
¡MOITAS GRAZAS MONTSE!

¡VISITA DOS PAIS DE KEVIN!

HOXE TIVEMOS UNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS, DAVID E GABRIELA, O PAI E A NAI DO PROTA KEVIN, ESTIVERON NA NOSA AULA E CONTÁRONNOS UNS CONTOS QUE NOS GUSTARON ... ¡MOITIIIISIMO! E DÉRONNOS UNS AGASALLOS PARA A MERENDA.
MIRADE, MIRADE ...


¡GABRIELA E DAVID MOITAS GRAZAS POR FACER ESTE CONTACONTOS CARGADO DE BONITAS HISTORIAS CONTADAS CON MOITO CARIÑO!

jueves, 24 de noviembre de 2011

¡CUMPLES DE NOVEMBRO!

HOXE CELEBRAMOS QUE ELOY, AITOR, ROCÍO E ANXO
 ¡XA TEÑEN 4 ANOS!
FACÍA UNS CANTOS DÍAS QUE OS CUMPLEAÑEIROS ESTABAN ESPERANDO ESTE GRAN ACONTECEMENTO E HOXE POR FIN POIDERON DECORAR AS SÚAS COROAS E COMPARTIR CON TODOS NÓS UNS BISCOITOS MOI RICOS ¡MMMM....!

¡PARABÉNS AMIGUIÑ@S!


miércoles, 23 de noviembre de 2011

¡FRIDA KAHLO!

A SEMANA PASADA, NO NOSO ABECEDARIO ARTÍSTICO TRABALLAMOS A FRIDA KAHLO E DESPOIS DE INVESTIGAR MOITO SOBRE A SÚA VIDA E OBRA DECIDÍMONOS A FACER A NOSA PROPIA INTERPRETACIÓN DO CADRO QUE MÁIS NOS GUSTOU QUE FOI  ...
"VIVA LA VIDA"
 ASÍ QUE PREPARAMOS PINTURAS DE CORES E ESTAMPAMOS DIFERENTES FROITAS COAS QUE FIXEMOS UNHA BONITA COMPOSICIÓN QUE ESTÁ DECORANDO O CORREDOR E ENCHENDO OS NOSOS DÍAS DE COR.



martes, 22 de noviembre de 2011

¡VISITA DOS PAPÁS DE ADRIÁN!

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, MILA E MAXI, OS PAPÁS DO PROTA ADRIÁN, VISITARON A NOSA AULA E CON ELES FIXEMOS UNS BONITOS ADORNOS DE NADAL.
PRIMEIRO DECORAMOS UNS BONECOS DE NEVE E LOGO UNHA ÁRBORE CHEA DE BOLIÑAS DE CORES.
E ... UNHA VEZ PREPARADOS OS NOSOS ADORNOS DE NADAL, OS PAPÁS DE ADRIÁN, DÉRONNOS UNS AGASALLOS ... ¡MOI DOCES! ¡MMM ...!

MIRADE, MIRADE ...


POR ACHEGAR O NADAL A NOSA AULA,
POR AXUDARNOS A FRACER UNS BONITOS ADORNOS,
POR COMPARTIR CON NÓS ESTE MOMENTO,
POLA VOSA PACIENCIA E CARIÑO ...
¡MOITIIISIMAS GRAZAS MILA E MAXI!

martes, 15 de noviembre de 2011

¡VISITA DA MAMÁ DE XOEL!

NA HORA DE LER DE HOXE … ¡TIVEMOS UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL!. MERCHI, A MAMÁ DO PROTA XOEL, VIU A NOSA AULA PARA LERNOS E AMOSARNOS UNS PRECIOSOS LIBROS DE ELMER, DE OSOS, DE CAILLOU E ... ¡DO CORPO HUMANO!. DESPOIS DE COMPARTIR CON NÓS ESTE MARABILLOSO MOMENTO MERCHI AGASALLÓUNOS CUNS … ¡LAPIS CON LUPAS E BONECAS!
MIRADE, MIRADE...


POR ENCHER A NOSA AULA DE BONITAS HISTORIAS CONTADAS CON MOITO CARIÑO, POR CAMPARTIR ESTES MOMETOS CON NÓS, POR ISTO E MOITO MÁIS…
¡MOITAS GRAZAS MERCHI!

¡VISITA DA MAMÁ DE DANIEL!

HOXE ESTIVO NO COLE ISA, A MAMÁ DO PROTA DANIEL. PRIMEIRO ISA EXPLICÓUNOS QUE É UNHA BATEA E COMO FUNCIONA E DESPOIS ENSINÓUNOS FOTOS DE BATEAS E NELAS POIDEMOS VER COMO COLLEN AS CORDAS ...¡CUNHA GRÚA!
LOGO COLOREAMOS UNS MEXILLÓNS, COSÉMOLOS ÁS CORDAS E …
¡FIXEMOS UNHA BATEA ENTRE TODOS!

MIRADE, MIRADE…

 
POR ENSINARNOS COUSAS TAN INTERESANTES E POR COMPARTIR CON NÓS ESTE MARABILLOSO MOMENTO … QUEREMOS DICIR …
¡MOITISIMAS GRAZAS ISA!



jueves, 10 de noviembre de 2011

¡MAGOSTO!

HOXE CELEBRAMOS NO COLE O MAGOSTO, TAMÉN COÑECIDO POLOS PELOUROS COMO ...
"¡A FESTA DAS CASTAÑAS!"
COMO O TEMPO NON TIÑA BOA PINTA E COMEZOU A ESPINGALLAR UN POUCO, SUSPENDÉRONSE OS XOGOS QUE TIÑAMOS PROGRAMADOS, PERO ... AS 12:00 DA MAÑÁ XA ESTABAMOS LISTOS COS NOSOS BOLSIÑOS E PREPARADOS PARA CANTAR, COMER E BEBER ... ¡XUNTOS!
MIRADE QUE BEN O PASAMOS...

martes, 8 de noviembre de 2011

Hoxe viñeron ao cole MARTINA e ENRIQUE , a mamá e o papá do prota MIGUEL. Despois do recreo chegaron a nosa aula con papeis de cores, paus de madeira, abalorios ... que nos gustaron moitiiisimo, tanto que algúns non podían resistir a tentación de remexer en todas aquelas boliñas de cores. Despois de escoller as nosas cores decoramos os papeis, puxemos os nomes e con Martina e Enrique creamos uns tarabelos que xiraron co vento e encheron a aula de cor e sorrisos.



Dende aquí queremos dar as grazas a MARTINA e a ENRIQUE por compartir con nós este tempo e ensinarnos a crear estes bonitos tarabelos con tanto cariño.

lunes, 7 de noviembre de 2011

¡VISITA DA MAMÁ DE JAIME!

Hoxe tivemos a visita de CARLA, a mamá do noso prota JAIME, que nos ensinou a facer uns ¡preciosos marcos de fotos!.
Aínda que ao comezo non sabiamos que podíamos facer cunhas cantas pinzas da roupa, logo descubrimos que estas serven para facer arte con elas creando uns marcos nos que os nosos retratos ¡locen de marabilla!.
E ... deixóunos un conto co que nos sorprendeu porque ... ¡mide moitiiisimo! 
Mirade, mirade...

Por ensinarnos tantas cousas, pola túa paciencia e por compartir con nós este maravilloso momento ...
¡MOITAS GRAZAS CARLA!