miércoles, 21 de diciembre de 2011

¡BO NADAL!

DENDE AQUÍ QUEREMOS DESEXARVOS A TOD@S UN …

¡¡¡¡¡¡¡MOI BO NADAL E FELIZ ANO 2012!!!!!!!!

BICOS DOS PELOUROS E DAS SÚAS PROFES
 

¡HOXE TIVEMOS A VISITA DOS REIS MAGOS!


ÁS 11.00 DA MAÑÁ PREPARAMOS AS NOSAS CARTAS E BAIXAMOS AO XIMNASIO  ALÍ, ESTABAN AGARDANDO POR NÓS ¡MELCHOR, GASPAR E BALTASAR!.
ALGÚNS QUEDAMOS UN POUCO ABRAIADOS E PRECISAMOS QUE ALGUÉN NOS ACOMPAÑASE EN TAN IMPORTANTE TAREFA E … POR FIN POIDEMOS ENTREGAR AS CARTAS QUE PREPARAMOS ESTES DÍAS E DAR UN BIQUIÑO AOS MAGOS QUE NOS AGASALLARON CON LAMBETADAS E SORRISOS.
DESPOIS TODOS XUNTOS CANTAMOS AOS REIS MAGOS “TRES REIS EN BICICLETA”, A CANTIGA QUE TANTO NOS GUSTA, E SAÍMOS AO PATIO PARA TOMAR ZUME, COMER ROSCA E XOGAR, XOGAR E XOGAR.

MIRADE, MIRADE…



martes, 20 de diciembre de 2011

"CONTOS PARA UN CALDIÑO!

A CONFRARÍA DE PESCADORES DE BUEU AGASALLÓUNOS CUN CONTACONTOS POR TER PARTICIPADO NO III CONCURSO DE LITERATURA MARIÑEIRA "MARUSÍA DE BUEU".
ASÍ QUE CANDO CHEGAMOS AO COLE, ESPERAMOS A QUE CHEGARAN OS NENOS E NENAS DO BUS E SAÍMOS CARA O CENTRO SOCIAL DO MAR ONDE FIXEMOS UN CALDIÑO DE CONTOS ... ¡BOÍIIISIMO!.
PRIMEIRO PREPARAMOS OS INGREDIENTES PARA A POTA, UNHAS ORELLAS PARA ESCOITAR, UN POUCO DE PEIXE E MARISCO, UNS CANTOS CONTOS, UNHA MOI BOA CONTACONTOS E ... UNS VOLUNTARIOS MOI ESPECIAIS, O PROFE ALBERTO, AS NENAS DE PRIMARIA E OS NOSOS PELOUROS JUÁN E AITOR.
TODO ISTO, XUNTO COA PARTICIPACIÓN DUN MARABILLOSO PÚBLICO AXUDANTE, CONVERTIU UNHA PEQUENA CANTIDADE DE INGREDIENTES NUNHA RECEITA DE CALDO CHEO DE ILUSIÓN, SORRISOS E FANTASÍA, ¡MMMMM...!
MIRADE, MIRADE ...


POLA VOSA AXUDA NESTA MARABILLOSA MAÑÁ,
MOITAS GRAZAS ÁS MAMÁS QUE NOS ACOMPAÑARON

jueves, 15 de diciembre de 2011

POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE

HOXE ÁS 9.10 DA MAÑÁ TIVO LUGAR NO NOSO COLE UNHA CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO NA QUE PARTICIPAMOS OS MESTRES E AS FAMILIAS.
DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA PRESENZA E APOIO

TRABALLAMOS CADA DÍA POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE E CREEMOS NUNHA ¡ESCOLA PÚBLICA DE TOD@S E PARA TOD@S!

¡CUMPLES DE DECEMBRO!

HOXE CELEBRAMOS O CUMPLE DE ALEJANDRO QUE SE PUSO UNHA BONITA COROA PARA SOPLAR AS SÚAS 4 CANDEAS E COMPARTIR CON TODOS OS PELOUROS UNS BISCOITOS RIQUIIISIMOS, ¡MMMMM...!
¡PARABÉNS AMIGUIÑO!

miércoles, 14 de diciembre de 2011

¡PREPARADOS PARA O NADAL!

DURANTE ESTAS SEMANAS ESTIVEMOS FACENDO UNS ADORNOS PARA AS NOSAS ÁRBORES ASÍ QUE PREPARAMOS PURPURINA, UNS MOLDES EN FORMA DE ÁRBORES, CORDÓN DOURADO E UNHA PASTA QUE AÍNDA NON COÑECÍAMOS QUE É COMO PLASTI PERO QUE PODE QUEDAR MOI DURA “CASE COMO UNHA PEDRA”. CON TODO O MATERIAL COMEZAMOS A PREPARAR AS NOSAS ÁRBORES, PERO O PODER MÁXICO POLO QUE AS ÁRBORES ENDURECÍAN TARDOU UNS DÍAS EN DAR O SEU FROITO ASÍ QUE TIVEMOS QUE ESPERAR UN POUCO E … POR FIN POIDEMOS DECORAR AS ÁRBORES CON PURPU E COLGALAS NA NOSA ÁRBORE.

ADEMAIS ESTAMOS APRENDENDO UNHA CANTIGA MOI DIVERTIDA QUE IMOS CANTAR AOS REIS MAGOS CANDO VEÑAN AO NOSO COLE O DÍA 21. TITÚLASE TRES REIS EN BICICLETA” E PERTENCE A UN LIBRO-CD DE MAMÁ CABRA QUE SE TITULA "XA ME TARDAN ESTES MAGOS" CON FERMOSAS CANTIGAS DE NADAL. AQUÍ VOS DEIXAMOS ESTA DIVERTIDA CANTIGA PARA QUE A DESFRUTEDES E CANTEDES NA CASA:

NESTE TEMPO TAMÉN ESTIVEMOS RECOLLENDO AS POSTAIS DE NADAL QUE OS PELOUROS FIXERON COAS SÚAS FAMILIAS E QUE DECORAN O NOSO CORREDOR CON VERDADEIRAS OBRAS DE ARTE ACOMPAÑADAS DE BONITAS MENSAXES CARGADAS DE CARIÑO E ILUSIÓN.


¡MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

¡MIRADE QUE BONITO!

¡ESTIVEMOS EN CORREOS E NO COLE DE PRIMARIA!

HOXE FIXEMOS UNHA SAÍDA A CORREOS PARA LEVAR AS POSTAIS DE NADAL QUE ESTIVEMOS PREPARANDO PARA ENVIAR Á NOSA FAMILIA.
ASÍ QUE A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ COMPROBAMOS QUE TIÑAMOS TODAS AS POSTAIS, BUSCAMOS UNHA PARELLA E XUNTOS SAÍMOS CARA CORREOS.
AO CHEGAR POIDEMOS VER COMO AS NOSAS CARTAS PASABAN POR UNHA MÁQUINA QUE AS MARCABA E DESPOIS POIDEMOS POÑELAS NO BUZÓN E … ¡COLLEMOS UN CARAMELO QUE NOS AGASALLARON!
AO VOLVER DECIDIMOS IR AO COLE DOS MAIORES PARA VER O BELÉN QUE FIXERON QUE NOS PARECEU ¡MOI MOI BONITO! E DESPOIS DE ADMIRAR TAN BONITO TRABALLO …
¡VISITAMOS UNHA AULA DE PRIMARIA!, SUBIMOS MOI CALADIÑOS, PETAMOS Á PORTA E SORPRENDEMOS A TOD@S. PERO AO ENTRAR OS SORPRENDIDOS ERAMOS NÓS CON TANTAS COUSAS DE MAIORES E … SOBRETODO … CANDO DESCUBRIMOS QUE NESA AULA … ¡HAI UN ESQUELEEEEETO!
E … DE VOLTA AO NOSO COLE DE INFNATIL POIDEMOS PASAR POLO CORREDOR ONDE SE ATOPA O BIBLIOCASTELO E QUEDAMOS ABRAIADOS COA OBRA DE ARTE QUE FIXERON OS TRABALLADORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE BUEU AO CONSTRUÍR UN FERMOSO CASTELO "¡COMO OS DE VERDADE!"
 

DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS ÁS MAMÁS QUE NOS ACOMPAÑARON NESTA SAÍDA TAN IMPORTANTE, AOS TRABALLADORES DE CORREOS QUE NOS AXUDARON A ACHEGAR O NADAL AS NOSAS CASAS E A PROFE ROSA E AOS NEN@S QUE NOS RECIBIRON NA SÚA AULA

E … NON NOS PODEMOS ESQUECER DE FELICITAR A TOD@S OS QUE FIXERON O BELÉN DE PRIMARIA E AOS TRABALLADORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO POLA SÚA OBRA DE ARTE NO NOSO BIBLIOCASTELO.

MIRADE, MIRADE…




martes, 13 de diciembre de 2011

¿QUE SABES DE BUEU?

ESTA SEMANA ESTANSE A DESENVOLVER DIFERENTES ACTIVIDADES NO COLE ORGANIZADAS POLO OBRADOIRO DE EMPREGO DE BUEU E … ¡HOXE TOCÓUNOS AOS PELOUROS!

 CANDO ACABABAMOS DE CHEGAR AO COLE E ESTABAMOS SENTADOS NA ALFOMBRA LEVAMOS UNHA GRAN SORPRESA PORQUE COMEZOU A ENTRAR XENTE CARGADA DE COUSAS. PRIMEIRO QUEDAMOS COA BOCA ABERTA E LOGO COMEZAMOS A CONTAR CANTOS ERAN E … ¡ERAN MOITOS! E … SEGUIAMOS COA BOCA ABERTA.

DESPOIS DE PECHAR A BOCA, FORMAMOS TRES EQUIPOS E POIDEMOS PARTICIPAR EN DIFERENTES ACTIVIDADES RELACIONADAS CON BUEU, COA SÚA NATUREZA, COS SEUS MONUMENTOS E COA SÚA CULTURA.

ASÍ IDENTIFICAMOS IMAXES DUNHA NASA, UN POLBO, O MILLO CORVO … CO SEU NOME CORRESPONDENTE; BUSCAMOS RESPOSTA CON DIFERENTES IMAXES A CUESTIÓNS COMO “¿ONDE PODEMOS ATOPAR AO ALCALDE?”; CONSTRUÍMOS UN HÓRREO E UN CRUCEIRO; CLASIFICAMOS IMAXES DE BUEU EN CAIXAS POR TEMÁTICAS (NATUREZA, MONUMENTOS, PESCA) E XOGAMOS A POÑER OS PÉS E AS MANS NAS IMAXES QUE SACABAMOS DUNHA CAIXIÑA.

AO REMATAR CADA ACTIVIDADE PEGAMOS UN ENGOMADO NO NOSO EQUIPO E DESPOIS DE TER TODOS OS ENGOMADOS … ¡CONSEGUIMOS UNHAS MEDALLAS!

E … AÍNDA QUE AO COMEZO AO ESCOITAR BUEU SÓ SAÍAN COMENTARIOS COMO:

“YO VIVO EN BUEU TODO EL TIEMPO”

DESPOIS DE PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE XA EMPEZAMOS A RECORDAR QUE EN BUEU HAI MOITAS MÁIS COUSAS QUE A CASA NA QUE VIVE CADA UN E XA SE ESCOITABAN MOITAS PALABRAS COMO: HÓRREO, NASA, BATEA … E … SOBRETODO … ESCOITÁBANSE COMENTARIOS COMO:

“¡FOI MOI DIVERTIDO!”

POR SORPRENDERNOS CON ACTIVIDADES TAN DIVERTIDAS E POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS …
¡MOITAS GRAZAS POR VIR!





viernes, 9 de diciembre de 2011

"O TIBURÓN LAMBÓN" E "PEPITA"

ESTAS SEMANAS ESTIVEMOS PREPARANDO … ¡OS NOSOS PRIMEIROS CONTOS!
PRIMEIRO DECIDIMOS QUE PERSONAXES SERÍAN OS PROTAGONISTAS DAS NOSAS HISTORIAS E COMO SAÍRON VARIOS FIXEMOS UNHA VOTACIÓN E…
UNHA VEZ ESCOLLIDOS OS PERSONAXES PENSAMOS COMO QUERÍAMOS QUE SE CHAMARAN E … POUCO A POUCO E ENTRE TODOS CREAMOS AS HISTORIAS DE

“O TIBURÓN LAMBÓN” E “PEPITA”


DOUS CONTOS CARGADOS DE ILUSIÓN, CRATIVIDADE E FANTASÍA COS QUE IMOS PARTICIPAR NO CONCURSO QUE CONVOCA A CONFRARÍA DE PESCADORES DE BUEU E QUE SON O COMEZO DE MOITAS MÁIS HISTORIAS QUE FAREMOS XUNTOS, PORQUE CON ESTA ACTIVIDADE DESCUBRIMOS QUE COAS IDEAS DE TOD@S PODEMOS CEAR … ¡UNS BONITOS CONTOS CHEOS DE IMAXINACIÓN E LEDICIA!

¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!


 

miércoles, 7 de diciembre de 2011

¡VISITA DOS PAIS DE JIMENA!

HOXE TIVEMOS A VISITA DE MANUEL E CLARA, OS PAIS DA PROTA JIMENA, QUE NOS FIXERON VARIOS EXPERIMENTOS QUE PARECÍAN ... ¡MÁXIA!.
O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI O VOLCÁN PERO TAMÉN QUEDAMOS ABRAIADOS CO ARCO DA VELLA NO QUE ... ¡AS CORES NON SE MESTURABAN!, CO IMÁN, CO OVO QUE FLOTABA  E COA AUGA ¡QUE SUBÍA PARA ARRIBA!

MIRAAADE, MIRAAADE ...



¡MANUEL E CLARA MOITIIIISIMAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTES MOMENTOS E POR ENSINARNOS ESTES EXPERIMENTOS QUE FIXERON QUE QUEDARAMOS ABRAIADOS E EMOCIONADOS!