martes, 31 de enero de 2012

¡VISITÓUNOS A MAMÁ DE MARÍA!

HOXE TIVEMOS A VISITA DE MILI, A MAMÁ DE MARÍA A NOSA PROTAGONISTA DESTA SEMANA. CON ELA FIXEMOS UNHAS FERMOSAS FLORES CON MATERIAL DE REFUGALLO: UN VASO DE IOGUR, UNHA PALLIÑA E CARTOLINA. E … GUSTÓUNOS MOITO O RESULTADO ¡AÍNDA QUE TIVEMOS QUE PICAR TODO!
AO FINAL, MILI CONTÓUNOS UN DOS CONTOS FAVORITOS DA SÚA FILLA “O EMBIGO DE XANECAS” E NÓS DIXÉMOSLLE A NOSA FÓRMULA FAVORITA PARA REMATAR OS CONTOS: “E COLORÍN COLORETE POLA CHIMENEA SAÍU UN COHETE”

¡¡¡MOITAS GRAZAS MILI POR VIR A COMPARTIR CON NÓS ESTES MARABILLOSOS MOMENTOS!!!



¡VISITA DA MAMÁ DE UNAI!

HOXE VISITÓUNOS LORENA, A MAMÁ DO PROTA UNAI, E CON ELA FIXEMOS …
 ¡UNHA RECEITA!

PRIMEIRO LORENA AXUDÓUNOS A FACER UNS GORROS DE COCIÑEIROS QUE NOS QUEDARON … ¡CHULÍIIISIMOS!
DESPOIS PREPARAMOS OS INGREDIENTES, LEITE, AZUCRE, GALLETAS, SOBRES DE FLAN … E … ¡A COCIÑAR!
MESTRES O LEITE SE QUENTABA PUXEMOS VIRUTIÑAS DE CHOCOLATE NOS NOSOS MOLDES E LOGO, COA AXUDA DE LORENA, ENFADIMOS FLAN E UNHA GALLETA, UN POUCO MÁIS DE FLAN E OUTRA GALLETA, FLAN, GALLETA … E ASÍ ATA REMATAR O NOSO PASTEL QUE FINALMENTE DECORAMOS CON VIRUTIÑAS DE CORES … ¡MMMMMM…!

RECORDADE QUE MAÑÁ SÓ TEDES QUE TRAER UNHA CULLER E MOITA FAME PORQUE … ¡MERENDAREMOS OS NOSOS DELICIOSOS PASTEIS!

¡¡¡DENDE AQUÍ QUEREMOS AGRADECER A LORENA QUE NOS AXUDASE A FACER ESTA DELICIOSA RECEITA E QUE COMPARTISE CON NÓS ESTE BONITO MOMENTO!!



lunes, 30 de enero de 2012

¡DÍA DA PAZ!

¡HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO COLE!
DESPOIS DO PATIO PREPARAMOS AS NOSAS AS COROAS QUE ESTIVEMOS PREPARANDO A SEMANA PASADA E SAÍMOS CARA O COLE DE PRIMARIA.
NO COLE ALGÚNS COMPAÑEIR@S LERON UNHA ESCOLMA DE NOTICIAS POSITIVAS, XUNTOS CANTAMOS AS CANTIGAS DE "WHAT A WONDERFUL WORLD" E "A RUMBA DAS APERTAS" E ...
¡SOTAMOS POMBAS A VOAR!
MIRADE, MIRADE...



viernes, 27 de enero de 2012

¡"J" DE JACKSON POLLOCK!

A SEMANA PASADA O NOSO AMIGO ARTE ENVIÓUNOS UNHA NOVA CARTA, ESTA VEZ COA LETRA “J” DE JACKSON POLLOCK.

JACKSON POLLOCK FOI UN GRAN REFERENTE DO MOVEMETO DO EXPRESIONISMO ABSTRACTO E ESTA MAÑÁ QUIXEMOS ACHEGARNOS A ÉL FACENDO OS NOSOS PROPIOS CADROS INSPIRÁNDONOS NAS SÚAS OBRAS E XOGANDO ... ¡CON CANICAS!

PRIMEIRO PREPARAMOS OS MATERIAIS : UNHAS CANTAS CANICAS, PINTURA DE DIFERENTES CORES, UNHAS CARTOLINAS E UNHA GABETA. DESPOIS EMPAPAMOS AS CANICAS EN PINTURA E PUXÉMOLAS A RODAR E A RODAR, A PINTAR E A PINTAR … E … NÓS … ¡A DISFRUTARRRRR!

¡¡AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS DO PROCESO DESTAS OBRAS DE ARTE COAS QUE DISFRUTAMOS TANTO OU MÁIS QUE O PROPIO POLLOCK!!


jueves, 26 de enero de 2012

¡CUMPLES DE XANEIRO!

¡¡HOXE CELEBRAMOS OS PRIMEIROS CUMPLES DO ANO!!
ASÍ QUE PREPARAMOS UNHA CANDEA MÁIS PARA AS COROAS E OS BISCOITOS E ... ¡A CANTAR E COMER!
XUNTOS FESTEXAMOS QUE DEEA, MANUEL E DIEGO ... ¡XA TEÑEN 5 ANOS!
E ... MENTRES ÍAMOS COMENDO OS BISCOITOS ESTIVEMOS CONTANDO CANTAS PORCIÓNS COMIAMOS E ... ALGÚNS CONTARON 1, 2, 3, 4, 5, 6 ... E ... ALGÚN ATA DIXO...
"EU COMÍN, NON SEI BEN ... AH! SI! 80 OU 90"
????????

MIRADE, MIRADE...

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡PARABÉNS AMIGUIÑ@S!!!!!!!!!!!!!!!

martes, 24 de enero de 2012

¡CANTIGAS DE PAZ!

O PRÓXIMO LUNS 30 DE XANEIRO CELEBRAREMOS NO COLE O
DÍA DA PAZ
ESTA SEMANA ESTAMOS PREPARANDO UNHAS FERMOSAS COROAS PARA LEVAR POSTAS, DECORANDO O LIBRO VIAXEIRO E PRACTICANDO AS CANTIGAS DE PAZ QUE IMOS CANTAR DESPOIS DE LER ALGÚNS DOS TÍTULOS DE NOTICIAS POSITIVAS QUE ESTADES BUSCANDO NA CASA.
AS CANTIGAS ESCOLLIDAS ESTE ANO PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ SON "WHAT A WONDERFUL WORLD" DE LOUIS ARMSTRONG E "RUMBA DAS APERTAS" DE MAGÍN BLANCO DO LIBRO-CD "A NENA E O GRILO".
AQUÍ VOS DEIXAMOS OS ENLACES PARA QUE POIDADES ESCOITALAS NA CASA

(PREMEDE NAS IMAXES E ... ¡A CANTAR!)

"WHAT A WONDERFUL WORLD"


"RUMBA DAS APERTAS"


VISITA DA NAI E O IRMÁN DE IAGO

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL E DIVERTIDA. ESTIVERON NA NOSA AULA CHARI E JULIO, A MAMÁ E O IRMÁN DO PROTA IAGO, QUE VIÑERON ACOMPAÑADOS DE MIFI UNHA FERMOSA NINFA.



PRIMEIRO O NOSO PROTA IAGO PRESENTÓUNOS A MIFI E CONTÓUNOS ALGUNHAS COUSAS SOBRE ELA, O QUE MÁIS LLE GUSTA FACER E COMER,CANTO TEMPO TEN, COMO SE COIDA ...


DESPOIS IAGO, JULIO E CHARI AXUDÁRONNOS A FACER UNS SIMPÁTICOS PATATOS CUNHA MEDIA, UN POUCO DE SERRÍN E SEMILLAS DE CÉSPEDE. LOGO PUXÉMOSLLE NOMES E OS DECORAMOS ANTE A ATENTA MIRADA DE MIFI..


E...ANTES DE MARCHAR... AGASALLÁRONNOS ¡CUNHAS CHOCOLATINAS PARA A MERENDA! ¡MMMMM....!



O NOSO PROTA IAGO PREPAROU UNHA NOTA PARA LEVAR NAS MOCHILAS PARA QUE NON NOS ESQUEZAMOS QUE HAI QUE POÑERLLE AUGA A PATATO
¡PARA QUE LLE SAIA O PELO!

DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A A CHARI E A JULIO POR VIR AO COLE A ENSINARNOS COUSAS TAN INTERESANTES E DIVERTIDAS E COMPARTIR CON NÓS ESTE MARABILLOSO MOMENTO

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡MOITAS GRAZAS CHARI E JULIO!!!!!!!!!!!!!

martes, 17 de enero de 2012

¡VISITA DA MAMÁ DE AROHA!

HOXE ESTIVO NA NOSA AULA SILVIA A MAMÁ DE AROHA QUE NOS ENSINÓU UN VÍDEO DO BARCO NO QUE TRABALLA BERTO, O PAI DA NOSA PROTA.
NESTE VÍDEO, POIDEMOS VER: COMO O BARCO SAÍA DO PORTO DE MARÍN CARA ALTA MAR ... COMO SE PESCA ... QUE SE FAI CO PEIXE DESPOIS DE PESCALO ... OS GOLFIÑOS SALTANDO ... A NEVE NA CUBERTA DO BARCO... E ... MOITAS COUSAS MÁIS COAS QUE QUEDAMOS ¡COA BOCA ABERTA!.
A NOSA PROTA TAMÉN NOS CONTOU MOITAS COUSAS COMO QUE O SEU PAI ESTÁ NO BARCO "MOITOS DÍAS E ... ¡TODA A NOITE! ... ¡PORQUE HAI CAMA, EH!".
O QUE MÁIS NOS SORPRENDEU FOI QUE NOS COSTADOS DA CUBERTA DO BARCO HAI UNHA REDE QUE NÓS PENSABAMOS QUE ERA PARA QUE NON ESCAPARAN OS PEIXES, E QUE LOGO SILVIA NOS EXPLICOU QUE SERVE PARA QUE OS MARIÑEIROS NON CAIAN AO MAR PORQUE AS AUGAS NESA ZONA ... ¡ESTÁN MOI MOI FRÍAS!.
E ... O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI VER COMO O PAPÁ DE AROHA TRABALLABA MANEXANDO ... ¡UNHA GRÚA PARA SUBIR A PESCA AO BARCO!.

DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A SILVIA POR TRAERNOS ESTE VIDEO TAN INTERESANTE E POR COMPARTIR CON NÓS ESTES MOMENTOS E A BERTO POR AMOSARNOS O SEU TRABALLO NO BARCO.
¡MOITAS GRAZAS!

¡VISITÓUNOS A MAMÁ DE DIEGO G.!

HOXE VISITÓUNOS LUÍSA, A MAMÁ DO PROTAGONISTA DESTA SEMANA DIEGO GIRÁLDEZ. CONTÓUNOS MOITAS COUSAS DO PROCESO DE ELABORACIÓN DO PAN E DA OBTENCIÓN DA FARIÑA.
TROUXO A CLASE UNHA CESTA CHEA DE COUSAS: UNHA PRANTA DE MILLO, UNHA ESPIGA DE MILLO CORVO OUTRA AMARELA ...
LUÍSA INCLUSO TROUXO FEITO UN MUÍÑO E UN HÓRREO ¡CASE DE VERDADE!, CON TODOS OS DETALLES, PARA QUE OS NENOS E NENAS POIDESEN ENTENDER COMO FACER A FARIÑA E ONDE GARDAR O MILLO.
PERO ... O QUE MÁIS LLES GUSTOU AOS PELOUROS FORON UNS COLGANTES E UNHA FERMOSA COROA COS QUE OS AGASALLOU.

POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS E POR COMPARTIR ESTES FERMOSOS MOMENTOS CON NÓS ...
¡MOITAS GRAZAS LUÍSA!

jueves, 12 de enero de 2012

¡VISITA DA MAMÁ E O IRMÁN DE HUGO!

HOXE POLA MAÑÁ TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, TAMARA, A MAMÁ DO PROTA HUGO ESTIVO NA NOSA AULA ACOMPAÑADA DO SEU BEBÉ PABLO.
AO COMEZO TODOS QUEDAMOS UN POUCO ABRAIADOS, OS PELOUROS COA VISITA DUN INVITADO TAN PEQUENIÑO E PABLO COA PRESENZA DE 17 PELOURIÑOS QUE LLE FALABAN E SE RÍAN.
A MAMÁ DE HUGO ENSINÓUNOS A FACER UNS SIMPÁTICOS PORQUIÑOS CUNS GLOBOS E UNHA PALLIÑA QUE NOS QUEDARON ... ¡CHULIIIISIMOS!.
DESPOIS TAMARA CONTÓUNOS HISTORIAS DO LIBRO QUE MÁIS LLE GUSTA A HUGO E QUE A NÓS TAMÉN NOS GUSTOU¡ MOOOOOOITO!.

DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TAMARA POR VISITARNOS NA AULA E ENSINARNOS COUSAS TAN DIVERTIDAS E A PABLO POR ESTAR TAN ATENTO MENTRAS TRABALLABAMOS E POLAS SÚAS CARAS DE ALEGRÍA CADA VEZ QUE OS 17 PELOURIÑOS LLE FALABAN E SE ACHEGABAN A ÉL, POR ISTO E MOITO MÁIS ...
¡TAMARA E PABLO,MOOOOOOOITAS GRAZAS POR VIR!