miércoles, 29 de febrero de 2012

¡VISITA DOS PAIS DE ANDREA!

DESPOIS DE CHEGAR AO COLE E PREPARARNOS PARA A ASEMBLEA, LEVAMOS UNHA GRAN SORPRESA … ¡OS PAPÁS DE ANDREA ESTABAN NA NOSA AULA!.
QUINI E CARMELA LÉRONNOS OS CONTOS DE “UN GATO EN EL ÁRBOL” E “EL POLLITO PELADO” QUE NOS GUSTÁRON MOITIIISIMO, DESPOIS ESCRIBIRON OS SEUS NOMES NA PIZARRA COA NOSA AXUDA E NÓS FALÁMOSLLE ¡DO NOSO AMIGO ARTE!
E … DESPOIS … ¡SORPRESA!, AGASALLÁRONNOS CUN BISCOITO DE CHOCOLATE QUE ESTABA BOÍSSSSIMO ¡MMMM…!

POR COMPARTIR CON NÓS ESTE MARABILLOSO MOMENTO, POR CONTARNOS ESTAS FERMOSAS HISTORIAS, POR PREPARARNOS ESTE DELICIOSO BISCOITO CON TANTO CARIÑO … POR ISTO E MÁIS … QUEREMOS DECIRLLE A QUINI E CARMELA

¡MOITAS GRAZAS POR VIR!


jueves, 23 de febrero de 2012

¡VISITA DA FAMILIA DE ELOY!

HOXE TIVEMOS A VISITA DA FAMILIA (PAI, NAI E IRMÁ) DO NOSO PROTAGONISTA ELOY. TODOS XUNTOS BAIXAMOS PARA FACER DIVERSOS XOGOS NO PATIO: O "GUSANO", GATO E RATO E O ESCONDITE INGLÉS.
PERO O QUE MÁIS NOS GUSTOU FORON OS AGASALLOS ... ¡UNHAS RAS SALTARINAS COAS QUE FIXEMOS CARREIRAS!
¡¡DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A ROSI, A FRAN E A CARLA POR VIR A COMPARTIR CON NÓS ESTES MARABILLOSOS MOMENTOS!!
MIRADE, MIRADE...

¡ANIVERSARIOS DE FEBREIRO!

¡¡HOXE FESTEXAMOS QUE JAIME, AITANA, SARA C., ROI, MATÍAS E LAURA XA TEÑEN 5 ANOS!!
ASÍ QUE PREPARAMOS TODO, AS COROAS, AS CANDEAS, OS BISCOITOS E ... ¡A CANTAR, COMER E DESFRUTARRR!
E .. XUNTOS COMPARTIMOS UNS RICOS BISCOITOS E DISFRUTAMOS DESTE ¡MARABILLOSO MOMENTO!.
¡¡¡PARABÉNS AMIGUIÑ@S!!!

viernes, 17 de febrero de 2012

¡¡¡ENTROIDO!!!

¡¡¡HOXE FESTEXAMOS O ENTROIDO NO COLE!!!
¡ESTE ANO A"IDADE MEDIA" CHEGOU AO COLE DA PEDRA!
Á ENTRADA XA ESTABAMOS UN POUCO NERVIOSOS E NON NOS DABA CHEGADO Á HORA DE BAIXAR A FACER A FOTO DE GRUPO, PERO ... O MOMENTO CHEGOU, PUXEMOS OS NOSOS DISFRACES DE MAGO MERLÍN, OS GORROS E ... ¡A POSAR! E ... DESPOIS ... ¡¡A DESFILAR!!.
PREPARADOS COS NOSOS DISFRACES ESTELARES SAÍMOS CARA O CONCELLO PARA ENCHER AS RÚAS DE BUEU DE CORES, MÚSICA E SORRISOS.
E ... POLO CAMIÑO LEVAMOS MOITAS SORPRESAS AO ATOPAR MOITAS CARAS COÑECIDAS ¡¡AS NOSAS FAMILIAS!!
E ... ¡A CANTAR! ... ¡CON MÚSICA! XA QUE NO NOSO COLE APARECERON UNS FANTÁSTICOS MÚSICOS QUE NOS ACOMPAÑARON TODA A MAÑÁ PARA AXUDARNOS A CANTAR ¡A NOSA CANTIGA DO ENTROIDO!.
E ... DESPOIS ... AO NOSO COLE A COMER, ORELLAS, FILLOAS, ROSCAS ... E ... ¡MOITOS POSTRES MÁIS!

DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR ÁS GRAZAS AOS MÚSICOS QUE NOS ACOMPAÑARON, AS FAMILIAS QUE NOS ENVIARON OS POSTRES DO ENTROIDO, AOS QUE VOS ACHEGÁSTEDES Á RÚA PARA VER COMO DESFILABAMOS E AS MAMÁS QUE NOS ACOMPAÑARON E AXUDARON NESTE MARABILLOSO DÍA.
SEN A VOSA PRESENCIA ESTA MAÑÁ NON SERÍA O MESMO
¡¡MOITAS GRAZAS!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PRESENTACIÓN DA NOSA MAÑÁ ENTROIDEIRA
MIRADE,MIRADE...


martes, 14 de febrero de 2012

¡VISITA DA MAMÁ DE MARCOS!

HOXE TIVEMOS A VISITA DE SOLE, A MAMÁ DO NOSO PROTA MARCOS.
SOLE FALÓUNOS DO QUE MAÍS LLE GUSTA FACER AO PAPÁ DE MARCOS NO SEU TEMPO DE LECER ... SACAR FOTOS ... ¡¡NO FONDO DO MARRRR!!

GUSTÁRONNOS MOITIIIISIMO AS FOTOS DO PAPÁ DE MARCOS BUCEANDO, DOS PEIXES, DO DELFÍN GASPAR, AO QUE ALGÚN PELOURO RECOÑECEU...
“¡ SI, SALIÓ EN LA TELE!”
 ... E MOITAS MÁIS COMO AS DOS POLBOS QUE LEVARON A ALGÚNS PELOUROS A UN GRAN DEBATE PORQUE PARA UNS ERA UN POLBO COMO CALAMARDO E PARA OUTROS …
“NO!,PORQUE CALAMARDO ES UN CALALMAR, NO UN POLBO, PORQUE MIRA CCCC, CALAMAR, Y CCCC … ¡CALAMARDO!, ES ¡UN CALAMAR! ....”

DESPOIS DE DISCUTIR SE CALAMARDO É UN POLBO OU UN CALAMAR, FIXEMOS UNHA BONITA MANUALIDADE COA MAMÁ DE MARCOS ¡UNS PEIXIÑOS DE CORES! QUE NOS QUEDARON .... ¡¡¡CHULIIISIMOS!!!
E.. ANTES DE MARCHAR, A MAMÁ DE MARCOS AGASALLÓUNOS CUNHAS PIRULETAS DE CORAZÓN PARA A MERENDA DA TARDE ¡MMMM...!
MIRADE, MIRADE...


DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS AO PAPÁ DE MARCOS POR SACAR ESTAS FOTOS ¡QUE TANTO NOS IMPRESIONARON!
E ... POR COMPARTIR ESTES MARABILLOSOS MOMENTOS CON NÓS, POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS DO FONDO DO MAR E POR AXUDARNOS A FACER ESTES FERMOSOS PEIXIÑOS...
¡MOITAS GRAZAS SOLE!



viernes, 10 de febrero de 2012

¡ENTROIDO!

ESTE ANO O ENTROIDO DO COLE LÉVANOS … ¡ATA A IDADE MEDIA! E NÓS ÍMOS DESFRAZADOS DE … ¡MAGO MERLÍN!

AO COMEZO NON ENTENDÍAMOS PORQUE UNS DISFRACES CON ESTRELAS E SEN COROA … PERO LOGO DESCUBRIMOS QUE O MAGO NON ERA UN “REI MAGO”, COMO PENSABAMOS AO COMEZO, SENÓN O ¡MAGO MERLÍN! E PÚXEMOS A INVESTIGAR QUEN ERA MERLÍN E QUE HABÍA NA IDADE MEDIA.

DESPOIS PEDIMOS AXUDA ÁS FAMILIAS PARA PREPARAR OS DIFRACES E ESTIVERON NO COLE UNHA TARDE RECORTANDO E RECORTANDO SEN PARAR PARA QUE OS NOSOS TRAXES ILUMINEN CON RAIOS ESTELARES TODAS AS RÚAS DE BUEU. E … GRAZAS Á GRAN COLABORACIÓN DAS FAMILIAS OS TRAXES CASE ESTÁN LISTOS PARA … ¡O GRAN DESFILE DO VENRES 17!

E … AGORA SÓ NOS QUEDA PRACTICAR A CANTIGA COA QUE ENCHEREMOS AS RÚAS DE BUEU DE MÚSICA E ALEGRÍA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS A CANTIGA DO ENTROIDO DESTE ANO, QUE FOI CREADA POLAS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS


ESCOITADE, ESCOITADE…



¡¡¡¡GRAZAS PROFE MARÍA POR CREAR ESTE VÍDEO PARA OS ENSAIOS!!!

martes, 7 de febrero de 2012

¡VISITA DA MAMÁ E A IRMÁ DE SORAYA!

A MAMÁ DA NOSA PROTA FALÓUNOS DO QUE LLE GUSTA FACER NO SEU TEMPO DE LECER: ¡COSER!
TROUXO A CLASE UNHA MÁQUINA DE COSER E TÓDALAS FERRAMENTAS NECESARIAS PARA FACER FERMOSOS VESTIDOS, ROUPA DE CAMA, COXÍNS ...
O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI UN "PATUCO" DE BEBÉ FEITO CON GANCHILLO E ... O MELLOR DE TODO É QUE ...  ¡NOS AGASALLOU CUNHAS BOLSIÑAS PARA A MERENDA! ... ¡FEITAS POR ELA MESMA!
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

MIRADE,. MIRADE...