viernes, 30 de marzo de 2012

¡CUMPLES DE MARZO!

¡¡HOXE CELEBRAMOS OS CUMPLES DE PAULA E MIGUEL!!
ANTES DA HORA DA MERENDA XA PREPARAMOS AS COROAS, AS CANDEAS E OS BISCOITOS PARA CELEBRAR QUE OS NOSOS AMIGUIÑ@S MIGUEL E PAULA ¡XA TEÑEN 5 ANOS!
XUNTOS COMPARTIMOS ESTE FERMOSO MOMENTO CANTANTO, RINDO E ... ¡COMENDO UNS RICOS BISCOITOS!¡MMMM...!
DENDE AQUÍ QUEREMOS DECIR A MIGUEL, PAULA E A XOEL  ...
¡¡¡¡¡PAREBAÉNS AMIGUIÑOS E QUE CUMPLADES MOITOS MOITOS ANOS MÁIS!!!!



martes, 27 de marzo de 2012

¡VISITA DA MAMÁ DE DEEA!

¡HOXE TIVEMOS A VISITA DE FICA, A MAMÁ DA NOSA PROTAGONISTA DEEA!
COMO DEEA NACEU EN RUMANÍA A SÚA MAMÁ FALÓUNOS DO SEU PAÍS A TRAVÉS DUN POWER POINT NO QUE NOS AMOSOU TÓDALAS CARACTERÍSTICAS DO SEU PAÍS: NATUREZA, NEVE, OSOS, VOLCÁNS, TRADICIÓNS ...
INCLUSO DESCUBRIMOS QUE É UN PAÍS DE MISTERIO E LENDA, FASCINÓUNOS
¡O CASTELO DE DRÁCULA!
GUSTÓUNOS MOITIISIMO ESA TRADICIÓN QUE FICA QUISO CUMPLIR AGASALLÁNDONOS, COMO FAN ALÍ O DÍA 1 DE MARZO, CUN FÍO TRENZADO BRANCO COMO O INVERNO QUE XA PASOU E VERMELLO COMO A PRIMAVERA QUE CHEGA.
FICA, MOIIITISIMAS GRAZAS POR VIR E FACERNOS DESCUBRIR TANTAS COUSAS DUN PAÍS QUE ESTÁ TAN LONXE ...
¡ALGÚN DÍA QUIZAIS CHEGUEMOS A VISITALO!



jueves, 22 de marzo de 2012

¡MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA!

HOXE POR FIN CHEGOU O DÍA ¡SAÍMOS DE EXCURSIÓN AO MARCO!
A PRIMEIRA HORA CHEGAMOS AO COLE ¡CARGADOS DE ILUSIÓN E ALEGRÍA!, ÁS 10.00 O BUS XA NOS ESTABA ESPERANDO, ASÍ QUE BUSCAMOS UNHA PARELLA E ... SAÍMOS CARA VIGO PARA VISITAR O MARCO.
ESTÁBAMOS MOI CONTENTOS E DESEXANDO CHEGAR XA, MENTRES CIRCULÁBAMOS POLA RÚA RAMÓN BARES ALGÚN PELOURO XA PREGUNTABA ...
"¿ESTO YA ES CANGAS?
PERO NON, AÍNDA ESTÁBAMOS EN BUEU E FALTABA MOITO CAMIÑO. AO ENTRAR NO CORREDOR OS PELOUROS VOLVÍAN A PREGUNTAR ...
"¿YA PASAMOS CANGAS Y MOAÑA?"
SI, ¡ESTÁBAMOS DE CAMIÑO!, OS SORRISOS MEDRABAN AO PASAR POR CADA TÚNEL E OS PELOUROS SEGUÍAN INQUIETOS ...
"¿DÓNDE ESTÁ EL PUENTE DEL TESORO DE RANDE?"
E ... POR FIN PASAMOS POLA PONTE DE RANDE, ONDE OS PELOUROS QUEDARON ABRAIDOS, XA NON PREGUNTABAN, SÓ SE ESCOITABA ...
"¡OHHHH!"
"¡MIRA...!"
E ¡CHEGAMOS A VIGO!, BAIXAMOS DO BUS E ... ¡ALÍ ESTAB O MARCO!
DEIXAMOS AS MOCHILAS DA MERENDA E ... ¡COMEZAMOS A VISITA!
A EXPOSICIÓN QUE OBSERVAMOS, VIVIMOS E DISFRUTAMOS CHÁMASE "PRESENZA ACTIVA. ACCIÓN, OBXECTO E PÚBLICO"
ESTA EXPOSICIÓN CAUSOU UNHA GRAN IMPRESIÓN AOS PELOUROS POLO QUE O MELLOR É QUE ELES MESMOS EXPLIQUEN EN QUE CONSISTÍA ...
- "EN LA PRIMERA HABITACIÓN HABÍA MUCHOS ZAPATOS, ESPEJOS, PIEDRAS ..."
- "DESPUÉS PASAMOS EN UNA SALA QUE LLENA DE CARTELES CON LETRAS ESCRITAS EN CARTON"
"ESAS LETRAS ERAN DE PROTESTAR"
- "HABÍA MÁS, AH, SI!, LA DE LAS LETRAS"
"ESA SI QUE ME GUSTÓ A MÍ"
"CUANDO PISABAS EL SUELO LAS LETRAS SE ESCAPABAN"
"¡SÍ Y HACÍAN PALABRAS TAMBIÉN!"
- "Y LA DEL TÚNEL EH!, ESA ES LA MEJOR!"
"SÍ, CUANDO ENTRAMOS TODOS DENTRO DEL TÚNEL"
- "FALTA MÁS EH!""SIIII""LA DE LA CASA DESORDENADA"
"ESTABA TODO MAL RECOGIDO"
...
DESPOIS DESTA VISITA TAN INTERESANTE DESPEDÍMONOS DO MUSEO MERENDANDO NA ENTRADA E SAÍMOS CARA O BUS.
E ... MENTRES ESPERÁBAMOS A QUE O CONDUCTOR CHEGASE ATOPAMOS A DOUS POLICÍAS E ... COMO ESTÁBAMOS TAN EMOCIONADOS ... EMPEZAMOS A CONTARLLE A NOSA VISITA ... E ... SE O CONDUCTOR TARDA UN POUCO MÁIS ... ¡OS PELOUROS CASE LLES CONTAN TODA A SÚA VIDA!...

-"¡VENIMOS DEL MUSEO!"
-"¿TIENES PISTOLA?"
-"SOMOS DE BUEU"
-"HABÍA UN TÚNEL DIVERTIDO"
- PERO ¿TIENES PISTOLA?"
-"TAMBIÉN HABÍA LETRAS QUE ESCAPABAN!"
-"PERO, DONDE TIENES LA PISTOLA?"
...
E ... DE VOLTA AO COLE DESPOIS DESTA DIVERTIDA MAÑÁ QUE SE NOS PASOU VOANDO ...
"PERO XA IMOS PARA CASA?, PERO ... ¡NON XOGAMOS NO PATIO!"
....
MIRADE QUE BEN O PASAMOS



viernes, 16 de marzo de 2012

¡VISITA DA MAMÁ DE IRENE!

HOXE TIVEMOS A VISITA DE INÉS A MAMÁ DE IRENE, A NOSA PROTAGONISTA, QUE NOS FALOU DA SÚA PROFESIÓN: MÉDICO PEDIATRA.

INÉS TROUXO MOITAS FERRAMENTAS QUE USAN OS MÉDICOS E CONSEGUIMOS ESCOITAR O NOSO CORAZÓN CO FONENDO, VER A GARGANTA COA LANTERNA, E ¡INCLUSO O TÚNEL QUE TEMOS NO OÍDO!
ADEMÁIS DE APRENDER MOITAS COUSAS E DE DESPERTAR VOCACIÓN DE MÉDICO EN VARIOS NENOS E NENAS, TAMÉN TIVEMOS TEMPO DE XOGAR A UNS FACER MONSTRUOS ¡MOI, MOI DIVERTIDOS!

POR COMPARTIR ESTE MARABILLOSO MOMENTO CON NÓS E ENSINARNOS TANTAS COUSAS …
¡¡¡¡MOITAS GRAZAS INÉS!!!


martes, 13 de marzo de 2012

¡VISITA DOS PAPÁS DE ANXO!

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, OS PAPÁS DE ANXO, SUSO E MARÍA, VIÑERON AO COLE COS COMPAÑEIROS DO PAPÁ DE ANXO E ... ¡CON CAMIÓNS DE BOMBEIROS!
NA HORA DO PATIO XA COMEZAMOS A NOTAR QUE SE ACHEGABA ALGO ESPECIAL, CANDO TOCOU O TIMBRE SUBIMOS Á AULA E DENDE AS VENTÁS POIDEMOS VER QUE NA RÚA HABÍA MOITO MOVEMENTO ... E OS PELOUROS COMEZABAN A DECIR
"¡HAY CAMIONES!"
"¡ESTÁN ENTRANDO CAMIONES EN NUESTRO COLE!"
DESPOIS, CHEGARON A AULA OS PAPÁS DE ANXO ACOMPAÑADOS DE MOITA XENTE MÁIS E TODOS VESTIDOS COA SÚA ROUPA DE TRABALLO ... ¡QUEDAMOS ABRAIDOS! ¡CASE SEN PALABRAS!.
SUSO CONTÓUNOS EN QUE CONSISTE O SEU TRABALLOO EN EXPLICÓUNOS PARA QUE SIRVEN OS TRAXES QUE LEVABAN ÉL E OS SEUS COMPAÑEIR@S E .. NÓS ... ¡SEGUÍAMOS ABRAIDOS! E XA ... ¡CON MÁIS PALABRAS! ... ¡E .. MÁIS, CANDO FALAMOS POLOS  WALKY TALKYS!
MENTRAS SUSO E OS SEUS COMPAÑEIROS NOS CONTABAN QUE FAN NO SEU TRABALLO AOS PELOUROS OCURRÍUSELLES QUE COMO ELES TRABALLAN AXUDANDO Á XENTE, PODÍAN AXUDARNOS A NÓS TAMÉN, ASÍ QUE LLES PEDIMOS QUE NOS RESCATASEN OS DOUS BALÓNS QUE PERDIMOS ESTA SEMANA NA FINCA E NO RÍO.
DESPOIS SAÍMOS DA AULA ¡FACENDO UN SIMULACRO! E BAIXAMOS PARA ESCOITAR, VER E TOCAR ¡O COCHE DE PROTECCIÓN CIVIL E OS CAMIÓNS DE BOMBEIROS! E ... ¡¡PARA SALVAR AOS NOSOS BALÓNS!!
E ... ¡INVITAMOS AOS DEMAIS NENOS E NENAS DO COLE PARA QUE DISFRUTASEN  CON NÓS DESTA GRAN VISITA!
LOGO SUBIMOS Á AULA CON SUSO, MARÍA, PATXI,.CARLOS, FELIPE E YOLI QUE NOS DERON MOITIIISIMOS AGASALLOS: UNHA BOLSA DE CHUCHES, UNHA CAIXA DE CORES,  UNHA MOREA DE FOLLETOS MOI INTERESANTES E .. ¡UNHA BOLSA PARA GARDAR TODO!
POR ENSINARNOS TANTIIISIMAS COUSAS, POR COMPARTIR CON NÓS ESTA MARABILLOSA MAÑÁ, POR RESCATAR OS NOSOS BALÓNS ... POR ISTO E ... POR MOITO MÁIS...  QUEREMOS DECIR...
  ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡MARÍA SUSO  PATXI, CARLOS, FELIPE E YOLI .... MOITAS GRAZAS POR VIR!!!!!!!!!
A TODOS VÓS E A TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE ESTA VISITA ...
¡¡¡¡¡¡¡MOITIIIIIIIISIMAS GRAZAS!!!!!!

MIRADE, MIRADE ...

domingo, 11 de marzo de 2012

¡CARTA PARA PAULA!

Este ano no noso cole decidimos celebrar o Día da Paz buscando boas novas nos xornais.

Un día, Laura chegou a aula coa noticia que escollera e contóunos …
“están juntando tapas para ayudar a una niña que se llama Paula que está enferma y necesita juntar dinero para curarse”
Esta noticia impresionou moito aos Pelouros, así que …
¡HABÍA QUE FACER ALGO!
 Ao chegar a casa cada un contaríalle a súa familia quen é Paula e que decidimos colaborar nesta gran tarefa e recoller tapóns na nosa aula.
Á mañá seguinte, a mensaxe xa chegara ás familias dos Pelouros e a aula comezaba a encherse de tapas e tapóns de diferentes cores e formas.
Despois de xuntar tres caixas de tapóns pedimos aos nenos e nenas de 5 anos que os pesasen coa súa báscula e dixéronnos que … ¡pesaban 7 kilos!. ¡Quedamos impresionados!, así que decidimos escribir unha nota ás nosas familias para darlles as grazas, para decirlles que xa temos 7 kilos e para recordarlles que seguiremos recollendo tapóns.


Mentres preparábamos esta nota, aos Pelouros ocurríuselles unha idea …


“¿por qué no escribimos también una carta para decirle a Paula que estamos juntando tapas?”

Era unha moi boa idea, así que buscamos en internet información sobre Paula e atopamos a páxina “www.webboiro.com/paula/informacion.htm”, na que escribimos unha mensaxe contando o que queríamos facer e pedindo se nos podían achegar un enderezo da familia de Paula.


E … respondéronnos rapidísimo … ¡co enderezo electrónico do papá de Paula! así que enviámoslle unha mensaxe ao papá de Paula para contarlle o que estábamos pensando facer, e él moi amablemente respondéunos …


“… antes de nada darche as grazas por vos solidarizar con Paula e colaborar na recollida de tapóns, e así tamen a tódolos nenos e pais que colaboran. E por suposto que nos faría moita ilusión recibir esa carta, e que Paula, aínda que ahora non sepa leer, nun futuro, que vexa a cantidade de xente que se preocupou por ela e a axudou.   Moitisimas gracias de novo pola voxa axuda, estaremos esperando esa carta. Un saúdo, e un biquiño de Paula para todos os nenos”.

Así que entre todos decidimos que poñer na nosa carta, logo cada un escribiu unha palabra e pegou unha “lentejuela” para Paula, fixemos uns bonitos debuxos para agasallar á familia e decoramos un gran sobre para enviar todo.


E… por fin, a nosa carta xa está camiño … ¡de Alemania! onde está agora Paula coa súa familia.


Aquí vos deixamos un enlace para que poidades visitar a páxina de Paula en facebook
(premede aquí)  Paula Necesita Ayuda

Dende aquí queremos decir …
A toda a xente que cada vez que atopou un tapón pensou en Paula e nos Pelouros.
Ás persoas da web“www.webboiro.com/paula/informacion.htm” que nos facilitaron o enderezo da familia de Paula.
Á familia de Paula por permitir que os Pelouros nos achegásemos ao seu fogar
¡¡¡¡¡MOOOOOITAS GRAZAS!!!!!!!
E … dende aquí queremos enviar …

¡¡¡¡UNHA APERTA MOI GRANDE PARA TODOS E UNHA MOREA DE BICOS PARA A NOSA AMIGA PAULA E A SÚA FAMILIA!!!


viernes, 9 de marzo de 2012

¡"M" DE MIRÓ!

O NOSO AMIGO ARTE ENVIÓUNOS UNHA NOVA CARTA COA LETRA “M” DE MIRÓ ENESTA OCASIÓN DECIDIMOS FACER ¡UNHA ESCULTURA! E A ESCOLLIDA FOI … “¡MUJER Y PÁJARO!” PEDIMOS A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA QUE NOS AXUDASEN A XUNTAR DOUS ROLOS DE PAPEL PARA CADA NEN@ E CANDO XA TIVEMOS 37 GRANDES E 37 PEQUENOS, PUXÉMONOS ¡MANS Á ESCULTURA!.
PREPARAMOS PINTURAS DAS CORES QUE EMPREGOU MIRÓ PARA FACER A SÚA ESCULTURA, PICAMOS UNS PAXAROS E LOGO SÓ QUEDABA ESCRIBIR O TÍTULO NA BASE E … ¡A MONTAR AS ESCULTURAS!

¡MIRADE QUE BEN NOS QUEDARON!
DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS ÁS FAMILIAS POR AXUDARNOS A XUNTAR OS ¡74 ROLOS DE PAPEL!

martes, 6 de marzo de 2012

¡VISITA DA MAMÁ DE AITOR!

HOXE RECIBIMOS A VISITA DE VIRGINIA A MAMÁ DE AITOR, O NOSO PROTAGONISTA DESTA SEMANA.
CON ELA RECUPERAMOS DOUS XOGOS TRADICIONAIS: O XOGO DE ENCESTAR A BOLA E  AS "CHAPAS".
PRIMEIRO ELABORÁMOLOS CON MATERIAL DE REFUGALLO E LOGO DIVERTÍMONOS MOITO XOGANDO ... ¡ATA FIXEMOS CARREIRAS!
DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A VIRGINIA POR FACER QUE NOS DIVERTÍRAMOS TANNNNNTO

¡VISITA DA MAMÁ DE ROCÍO!

HOXE POLA MAÑÁ ESTIVO NA NOSA AULA MARÍA, A MAMÁ DA NOSA PROTA ROCÍO, QUE NOS ENSINOU A FACER UNS BONECOS SIMPATIQUIIIIISIMOS.
PRIMEIRO ROCÍO E A SÚA MAMÁ REPARTÍRONNOS UNHAS BONITAS PELOTAS DE CORES E DESPOIS PEGAMOS UNS OLLOS, UNHA BOCA SORRINTE, UNHAS MANS, UNS PÉS E UN GORRO E CANDO XA ESTABAN LISTOS ... ¡PUXÉMOSLLE NOMES!
DESPOIS A MAMÁ DE ROCÍO AGASALLÓUNOS CUNS FERMOSSSIIISIMOS BOLIGRAFOS COS QUE FIXEMOS UNS BONITOS DEBUXOS PARA QUE A MAMÁ DE ROCÍO OS LEVASE COMO AGASALLO E RECORDO DOS PELOUROS DE BUEU.
DENDE AQUÍ QUEREMOS AGRADECER Á MAMÁ DE ROCÍO QUE PASASE CON NÓS ESTE FERMOSO MOMENTO E QUE NOS ENSINARA A FACER ESTES MARABILLOSOS BONECOS.
¡¡¡¡¡¡¡¡MOITAS GRAZAS POR VIR!!!!!!!!!