jueves, 31 de mayo de 2012

¡¡CUMPLES DE MAIO!!

HOXE TIVEMOS UNHA FESTA NO COLE PARA CELEBRAR QUE OS NOSOS AMIGOS JUÁN E SARA G.
¡XA TEÑEN 5 ANOS!

ASÍ QUE PREPARAMOS TODO, COMEMOS UNS RICOS BISCOITOS ¡MMMMM...!, CANTAMOS E ...
¡DISFRUTAMOS XUNTOS DESTE GRAN DÍA!

¡¡ PARABÉNS AMIGUIÑ@S !!

martes, 22 de mayo de 2012

TEATRO: ¡BICHARADA!

NO NOSO CALENDARIO DEBUXAMOS UN AUTOBÚS NO DÍA 22 PARA RECORDAR QUE HOXE IRÍAMOS AO TEATRO … CADA MAÑÁ CONTAMOS OS DÍAS QUE FALTABAN E …HOXE POR FIN ¡CHEGOU O DÍA!
ASÍ QUE PREPARAMOS A MOCHILA DA PROFE CON TODO O QUE NECESITARÍAMOS NESTA GRAN MAÑÁ E SAÍMOS CARA PONTEVEDRA, MOI ANTENTOS TODO O CAMIÑO PORQUE MAÑÁ … ¡FAREMOS UN MAPA DO PERCORRIDO!
CANDO CHEGAMOS A PONTEVEDRA XA TIÑAMOS UN POUCO DE FAME E DESPOIS DE ATOPAR UN BO RECUNCHO NA ALAMENDA TOMAMOS UN APERITIVO E MARCHAMOS CARA O CENTRO SOCIOCULTURAL.
ALÍ QUEDAMOS ABRAIADOS PORQUE DENTRO HABÍA ¡¡MOITAS ESCULTURAS!! E ALGUNHAS ¡ATA ESTABAN COLGADAS DO TEITO!
DESPOIS BUSCAMOS UN SITIÑO E DISFRUTAMOS DAS AVENTURAS DO ESCARAVELLO, A FORMIGA E A ARAÑA COAS QUE NOS … ¡DIVERTIMOS MOOOOOOITO!
MIRADE, MIRADE

martes, 15 de mayo de 2012

¡CONTACONTOS DE KALANDRAKA!


HOXE FOI UN DÍA MOI ESPECIAL, FINA VIU A BUSCARNOS Á AULA PORQUE ABAIXO HABÍA UN AGASALLO PARA NÓS…
ASÍ QUE BAIXAMOS AO XIMNASIO E ALÍ ESTABAN AGARDANDO OLALLA GONZÁLEZ E MARC TAEGER, DA EDITORIAL KALANDRAKA, ACOMPAÑADOS DE “GARAVANCIÑO” E “ARTUR”, DUAS FERMOSAS HISTORIAS …
¡CONTADAS E PINTADAS!

E …GRAZAS A ARTE DE OLALLA E MARC PARA CONTAR E PINTAR HISTORIAS, DISFRUTAMOS, CANTAMOS E GOZAMOS DESTES MARABILLOSOS CONTOS QUE FIXERON QUE QUEDARAMOS ... ABRAIADOOOOSSS...
E… DESPOIS ... RECIBIMOS UNS AGASALLOS … ¡MOI ESPECIAIS! ¡UN OVO COMO O DE ARTUR PARA PINTAR! E …  ¡AS ILUSTRACIÓNS FEITAS POR MARK!

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A
KALANDRAKA, A OLALLA E A MARC POR ESTA
FANTÁSTICA MAÑÁ!!!!!!!!!!!!!!!

MIRADE, MIRADE...