viernes, 22 de junio de 2012

¡A PROFE LUCÍA … SEMPRE … VOS … RECORDARÁ!

DESPOIS DO PATIO RECIBIMOS UNHA SORPRESA MOI MOI ESPECIAL. MOITOS PAPÁS E MAMÁS VIÑERON A NOSA AULA PARA … ¡DAR UNHA MARABILLOSA SORPRESA Á PROFE LUCÍA!

VIÑAN CARGADOS DE AGASALLOS, DE MOITAS FERMOSAS PALABRAS E DE MOITOS XESTOS DE AGARIMO QUE SEGURO, SEGURO QUE A PROFE ¡NUNCA ESQUECERÁ!.

DENDE  AQUÍ A PROFE LUCÍA QUERE DECIR ALGO …

CASE NON TEÑO PALABRAS PARA DECIR O FELIZ QUE FUN O TEMPO QUE PASEI NO COLE, O MOITO QUE VOS AGRADEZO A TODOS O BEN QUE ME TRATÁSTEDES E O AGARIMO QUE VOS TEÑO.

SÓ PODO DICIR …

ÁS MIÑAS COMPAÑEIRAS, AOS PELOURIÑOS E ÁS FAMILIAS

POR CADA SORRISO,

POR CADA APERTA,

POR TODO O AGARIMO QUE ME DESTES,

POLAS VOSAS FERMOSAS PALABRAS,

POLOS VOSOS BICOS,

POLO FELIZ QUE ME FIXÉSTES,

POR ISTO E … MOITÍSIMO MÁIS …

¡SEMPRE VOS RECORDAREI!


DIN QUE AS COUSAS NON VALEN POLO TEMPO QUE DURAN, SENÓN POLA GRAN PEGADA QUE DEIXAN…

PORQUE EU LÉVOME MOI BO RECORDO DE TODO O QUE VIVÍN AO VOSO LADO …

¡¡MOITAS GRAZAS DE CORAZÓN A TOD@S!!





¡¡FELICES VACACIÓNS!!

HOXE REMATAMOS O CURSO, UN CURSO NO QUE APRENDEMOS MOITAS COUSAS NOVAS, NO QUE MEDRAMOS, NO QUE XOGAMOS, NO QUE RIMOS, E NO QUE DISFRUTAMOS …
¡XUNTOS!
E A PARTIR DE SETEMBRO …
¡¡XA SEREMOS OS MAIORES DO COLE!!
 DENDE AQUÍ A PROFE TOÑI E A PROFE LUCÍA QUEREMOS DESEXARVOS A TODOS… UNHAS …


¡¡¡FELICES VACACIÓNS!!!




BICOS E APERTAS PARA TOD@S

jueves, 21 de junio de 2012

¡¡CUMPLES DE XUÑO E XULLO!!

HOXE TIVEMOS UN GRAN DÍA NO COLE PORQUE FESTEXAMOS ...

¡¡OS CUMPLES DE SARA L., JIMENA, KEVIN E HUGO!!

¡¡QUE XA TEÑEN 5 ANOS!!

ASÍ QUE PREPARAMOS AS COROAS E AS CANDEAS E COMEMOS UNS BISCOITOS QUE ESTABAN MMMMMM.... ¡¡¡BOÍIIIIISIMOS!.

  DENDE AQUÍ QUEREMOS DECIR ...
¡¡¡PARABÉNS AMIGUIÑ@SSS!!!

MIRADE, MIRADE ...


miércoles, 20 de junio de 2012

¡¡FESTIVAL DE FIN DE CURSO!!


¡¡HOXE POR FIN TIVEMOS O FESTIVAL DE FIN DE CURSO!!

CHEGAMOS AO COLE CUN SORRISO MÁS ESPECIAL QUE O QUE TRAEMOS CADA DÍA PORQUE XA SABÍAMOS QUE HOXE … ¡HABÍA FESTA!

DESPOIS DE PREPARARNOS, SAÍMOS CARA O INSTITUTO XOÁN CARBALLEIRA PARA AS NOSAS GRANDES ACTUACIÓNS E … ALÍ … BAILAMOS, CANTAMOS RIMOS E ¡¡DISFRUTAMOS XUNTOS!!

E CHEGOU O MOMENTO, DESPOIS DA CANCIÓN DE INAUGURACIÓN DOS NENOS DE 5 ANOS E DOS BAILES DOS PEQUENIÑOS … ¡TOCOUNOS A NÓS! E SAÍMOS AO ESCENARIO A BAILAR E CANTAR AS CANCIÓNS DE “RAYOS DE SOL” E “VERANO Y SOL” QUE PREPARAMOS XUNTO COAS PROFES GORETI E NURIA.

DESPOIS DISFRUTAMOS COS MAIORES DAS SÚAS OBRAS DE TEATRO, DA SÚA ACTUACIÓN ¡EN INGLÉS!,   DO SUPER BAILE QUE FIXERON MOI MOI BEN ALGUNHAS DAS SÚAS MAMÁS E … ¡DA ENTREGA DE DIPLOMAS DESTES AMIGUIÑOS! QUE …
¡XA CASE ESTÁN EN PRIMARIA!

E … SAÍMOS CARA O NOSO COLE PARA ¡DISFRUTAR DA FESTA, COMER, RIR E ... XOGAR!

DENDE AQUÍ QUEREMOS DECIR AOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS …

¡¡¡MOITOS PARABÉNS AMIGUIÑ@S!!
MIRADE, MIRADE…

¡¡TEMOS UNS VÍDEOS DAS NOSAS ACTUACIÓNS!! GRAZAS A GRAVACIÓN E MONTAXE DAS PROFES CHUS E MARÍA ... ¡PODEMOS DISFRUTAR EN VIVO DESTES FERMOSOS MOMENTOS! MIRADE, MIRADE...

viernes, 15 de junio de 2012

¡VISITAS A NOSA EXPOSICIÓN DE ARTE!

UNHA VEZ INAUGURADA A NOSA EXPOSICIÓN DE ARTE COAS NOSAS FAMILIAS…


¡CHEGOU O MOMENTO DAS VISITAS GUIADAS!

ESTA SEMANA RECIBIMOS NO NOSO MUSEO DE ARTE A VARIOS GRUPOS DE COMPAÑEIR@S DE INFANTIL E PRIMARIA QUE QUIXERON VISITAR A NOSA EXPOSICIÓN.
PRIMEIRO PRESENTAMOS AS LETRAS DO NOSO “ABECEDARIO DE ARTE”, EXPLICAMOS COMO FIXEMOS OS CADROS E LOGO INVITAMOS AOS NOSOS AMIG@S A ALGO DE PICAR E …
ELES ... ¡AGASALLÁRONNOS CON MOITOS APLAUSOS E FERMOSAS PALABRAS NO NOSO LIBRO DE VISITAS!
DENDE AQUÍ QUEREMOS DECIR A TODOS OS NEN@S E PROFES QUE VISITARON A NOSA EXPOSICIÓN ...

¡¡MOITAS GRAZAS POR VIR!!
¡FOI UN PRACER COMPARTIR CON VOS A NOSA ARTE!


 

¡APADRIÑAMENTOS LECTORES!


HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, VIÑERON AO NOSO COLE OS NOSOS ...
¡PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES!
LEVABAMOS TEMPO ESPERANDO ESTE MOMENTO, TIÑAMOS MARCADA NO NOSO CALENDARIO A DATA E … ¡NON NOS DABA CHEGADO O DÍA!
OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS TAMÉN TIÑAN ANOTADA ESTA DATA TAN ESPECIAL NAS SÚAS AXENDAS E LEVABAN DÍAS PREPARANDO ESTA MARABILLOSA XORNADA PARA NÓS.
PRIMEIRO ESCOLLERON NO BIBLIOCASTELO OS CONTOS QUE NOS QUERÍAN LER, BUSCARON CONTOS ADAPTADOS Á NOSA IDADE E CON HISTORIAS QUE NOS PODÍAN GUSTAR, ESTIVERON TRABALLANDO CON CADA LIBRO E … ¡HOXE POR FIN BAIXARON AO NOSO COLE!
XA FACÍA UN ANO QUE NOS APADRIÑARAN POR PRIMEIRA VEZ E ¡CASE NON NOS RECOÑECÍAN!, PORQUE AGORA … ¡XA SOMOS MOI MAIORES!
DESPOIS DE ATOPAR Á NOSA PARELLA DO ANO PASADO E ALGUNHA PARELLA NOVA, BUSCAMOS UN SITIÑO PARA ESCOITAR E LER ESTAS FERMOSAS HISTORIAS E COMPARTIMOS ESTE MARABILLOSO TEMPO ¡XUNTOS!
E … ¡DESPOIS INVITAMOS AOS NOSOS AMIG@S A COÑECER A NOSA EXPOSICIÓN DE ARTE!
¡¡DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR ÁS GRAZAS AOS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES POR PREPARAR ESTA FERMOSA ACTIVIDADE PARA NÓS!!
MIRADE, MIRADE…

jueves, 14 de junio de 2012

¡¡GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN!!

NO BIBLIOCASTELO, O NOSO AMIGO PAPIRUS ESTIVO PREPARANDO UNHA LISTA DE LIBROS INTERESANTES QUE SE PODEN LER ... POR EXEMPLO ... ¡NO VERÁN!
¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!


DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A PAPIRUS E ÁS SÚAS AXUDANTES E FELICITALOS POLO SEU TRABALLO

 MIRADE, MIRADE...



martes, 12 de junio de 2012

¡¡ABECEDARIO DE ARTE!!


A COMEZOS DE CURSO LEMOS UNS CONTOS DUN NENO QUE SE CHAMA ARTE E …

¡GUSTARONNOS MOITIIISIMO!

E … NON SABEMOS SE PORQUE NOS GUSTARON MOITO OU POR “ARTE DE MAXIA” ESA SEMANA RECIBIMOS … ¡UNHA CARTA MOI ESPECIAL!

"QUERIDOS NENOS E NENAS DO COLE DE A PEDRA:

SON ARTE. ENVÍOVOS ESTA CARTA PORQUE QUEDEI MOI ABRAIADO CANDO DESCUBRÍN QUE NA VOSA CLASE HAI MOITAS OBRAS DE ARTE. SODES UNS NENOS E NENAS CON MOITA IMAXINACIÓN, SEI QUE VOS GUSTA DEBUXAR E QUÉROVOS AXUDAR.
POR TODO ISTO REGÁLOVOS UNHA CAIXA COA MIÑA FOTO NA QUE COLOCAREI UNHA IMAXE, PORQUE …
“UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS”
CON ESA PIZARRA DIXITAL TAN BONITA QUE TENDES, PODEREDES INVESTIGAR MÁIS COUSAS SOBRE CADA OBRA QUE VOS DEIXE.
ESPERO QUE VOS GUSTEN OS MEUS AGASALLOS.
UNHA APERTA
ARTE"
DESPOIS DE LER A CARTA COMEZAMOS A INVESTIGAR SOBRE A OBRA DE ARTE QUE NOS ENVIOU O NOSO AMIGO ARTE E CON ELA COMEZAMOS UN ABECEDARIO QUE CADA SEMANA TROUXO OBRAS DE PINTURA, ESCULTURA E ARQUITECTURA AO ...
¡MUNDO DOS PELOUROS!
PORQUE ... 
 vA arte estimula ambos lados do cerebro.
 vO 33% dos nenos son aprendices visuais.
 vOs nenos aprenden usando os seus sentidos e a arte é ideal neste proceso.
 vA arte promove a autoestima.
 vA arte estimula aos nenos a prestar máis atención ao espazo físico que os rodea.
 vA arte desenvolve a coordinación entre os ollos e as mans.
 vA arte ensina que pode haber máis dunha solución para un problema.
 vA arte ensina aos nenos a pensar creativamente para resolver problemas.
 vOs nenos poden compartir e reflexionar sobre os seus traballos de arte e aprender algo de si mesmos e do mundo no que viven.
 vA arte permite levar os recursos culturais da comunidade á aula.
 vA arte é valiosa por si mesma.
 
 
MIRADE, MIRADE ...

¡¡EXPOSICIÓN DE ARTE!!

¡¡HOXE POR FIN CHEGOU O DÍA!!
¡INAUGURAMOS A NOSA EXPOSICIÓN “ABECEDARIO DE ARTE”!
NA ÚLTIMA CARTA QUE NOS ENVIOU O NOSO AMIGO ARTE, COA ÚLTIMA LETRA DO ALFABETO, PROPOÑÍANOS UNHA FANTÁSTICA IDEA ...
¡FACER UNHA EXPOSICIÓN COAS NOSAS OBRAS DE ARTE!
A NÓS PARECÉUNOS UNHA MOI BOA IDEA ASÍ QUE PREPARAMOS UNHAS INVITACIÓNS PARA AS FAMILIAS, UNHAS FRASES PARA PRESENTAR CADA LETRA, UNS MARCAPÁXINAS PARA AGASALLAR AOS NOSOS CONVIDADOS, UN LIBRO DE VISITAS E A DECORACIÓN DO XIMNASIO PARA O GRAN DÍA.
E … HOXE ÁS 17.00 O NOSO COLE COMEZOU A ENCHERSE CUNS CONVIDADOS MOI ESPECIAIS ... ¡¡AS NOSAS FAMILIAS!! AOS QUE LLES PRESENTAMOS CADA LETRA E AOS QUE LLES AMOSAMOS AS NOSAS OBRAS DE ARTE, PORQUE … NÓS ….
¡¡¡¡SOMOS UNS ARTÍSTAS!!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS DESTE MARABILLOSO DÍA DE INAUGURACIÓN
DENDE AQUÍ QUEREMOS DECIR A TOD@S CANTOS NOS ACOMPAÑÁSTEDES NESTE DÍA TAN IMPORTANTE PARA NÓS ...
¡¡¡¡¡MOITIIIIIIISIMAS GRAZAS POR VIR!!!!!!!!
¡DESEXAMOS QUE DISFRUTÁRADES MOITO CO NOSO TRABALLO!


jueves, 7 de junio de 2012

TEATRO TARABELOS: ¡“PULGARIÑA” E O “GATO CON BOTAS”!


HOXE O TEMPO RESPETÓUNOS E PERMITÍUNOS PASEAR DE CAMIÑO AO CENTRO SOCIAL DO MAR DE BUEU ONDE NOS AGARDABA UNHA FANTÁSTICA SESIÓN DE TEATRO A CARGO DE ESTEBAN ACUÑA DA COMPAÑÍA TARABLEOS.

DESPOIS DA CAMIÑATA ENTRAMOS NO CENTRO SOCIAL E BUSCAMOS UN SITIÑO PARA DISFRUTAR XUNTOS DESTA SESIÓN. CANDO XA ESTABAMOS PREPARADOS SAÍU ESTEBAN E FÍXONOS UNHA PREGUNTA QUE ERA FAMILAR PARA NÓS (PORQUE OS PELOUROS XA COÑECERAMOS A ESTEBAN NOUTRA FANTÁSTICA SESIÓN DE TEATRO)

¿A QUE CHEIRAN OS CONTOS?

TODOS DIXEMOS VARIAS COUSAS QUE CHEIRAN BEN E OUTRAS QUE NON CHEIRAN NADA BEN E … DA MALETA DE ESTEBAN ¡SAÍRON DOUS CONTOS MOI DIVERTIDOS! UN QUE CHEIRABA MOI BEN ¡MMMMMM…! E OUTRO QUE CHEIRABA MAL ¡BUAHGGGGG….!.

E … CHEIRANDO E CHEIRANDO E … RINDO E RINDO, FOI COMO COÑECEMOS AS MARABILLOSAS HISTORIAS DE “PULGARIÑA” E “O GATO CON BOTAS


DENDE AQUÍ OS PELOUROS QUEREMOS DECIR …

POR SORPRENDERNOS, POR FACERNOS RIR, POR DEIXARNOS COA BOCA ABERTA,E POR AMOSARNOS ESTAS FERMOSAS HISTORIAS… ¡MOITAS GRAZAS ESTEBAN!

POR ACOMPAÑARNOS, AXUDARNOS E COMPARTIR CON NÓS ESTA DIVERTIDA MAÑÁ…  ¡MOITAS GRAZAS ÁS MAMÁS!

viernes, 1 de junio de 2012

¡¡SAÍDA AO ACUARIO DE O GROVE!!

¡¡CHEGOU O DÍA!!¡HOXE SAÍMOS AO ACUARIO DE O GROVE!
CHEGAMOS AO COLE CARGADOS COAS NOSAS MOCHILAS, A NOSA MERENDA E ... ¡MOITA ILUSIÓN!, SUBIMOS AO BUS E ¡SAÍMOS CARA O GROVE!
E ... DESPOIS DUNHA HORA, DUNHAS CANTAS RISAS  E UNS POUCOS ...
"PERO PROFE, ¿DONDE ESTÁ ESE ACUARIO?" ...
 ¡CHEGAMOS AO NOSO DESTINO!
BAIXAMOS DO BUS E ENTRAMOS NO ACUARIO CARGADOS DE ILUSIÓN E GANAS DE APRENDER, TOCAR E INVESTIGAR ...
DEIXAMOS AS NOSAS MOCHILAS, PRESENTÁMONOS ÁOS TRABALLADORES DO ACUARIO E DIVIDÍMONOS EN DOUS GRUPOS PARA FACER O TALLER E A VISITA GUIADA.
E ... ENTRAMOS NA SALA DO TALLER ¡ONDE TIVEMOS UN PÚBLICO MOI ESPECIAL! ... POR UNHA PEQUENA FIESTRA UNHAS CANTAS MORENAS NON DEIXABAN DE OBSERVAR TODOS OS NOSOS MOVEMENTOS ... E NÓS, AÍNDA QUE AO COMEZO PENSABAMOS QUE ERAN SERPES E ESTABAMOS UN POUCO ALERTA CON ELAS, ... LOGO XA FIXEMOS NOSO O ESPAZO E O COMPARTIMOS CON ESTAS ATENTAS AMIGUIÑAS.
NO TALLER, A MONITORA CONTÓUNOS A HISTORIA DE ANTÓN O CAMARÓN QUE QUERÍA AXUDAR A SÚA AMIGA TINA A LUBINA QUE QUEDARA ATRAPADA DENTRO DUNHA BOTELLA QUE HABÍA NO FONDO DO MAR. ANTÓN PEDIU AXUDA AOS SEUS AMIGOS AS ESTRELAS, OS OURIZOS, O PEPINO DE MAR, AO LORCHO ... E ... ¡TODOS XUNTOS CONSEGUIRON SALVAR A TINA A LUBINA!, E ... DESPOIS DE ESCOITAR ESTA FERMOSA HISTORIA...
¡COÑECEMOS, TOCAMOS E ACARIÑAMOS ... A ANTÓN O CAMARÓN E OS SEUS AMIGOS!
DESPOIS DESTA GRAN AVENTURA ESTABAMOS MOI FAMENTOS ASÍ QUE FIXEMOS UNHA PARADA PARA MERENDAR, ¡MMMMM...!¡QUE BOS ESTABAN OS NOSOS BOCADILLOS, MMMM...!
E ... CO BANDULLO CHEO ¡SEGUIMOS A NOSA AVENTURA MARIÑA!
E ... COMEZAMOS A VISITAR O ACUARIO FACENDO PARADAS PARA  DESCUBRIR MOITAS ESPECIES DIFERENTES PERO ...
NÓS SÓ PODIAMOS PENSAR NUNHA COUSA ...
¿HABERÁ OU NON UN TIBURÓN?
PASABA O TEMPO E NON O ATOPABAMOS PERO... DE REPENTE ENTRAMOS NUNHA NOVA SALA E ...
 ¡SIIIIII!¡ALÍ ESTABA AGARDANDO PÓR NÓS!
QUEDAMOS ABRAIADOS, COA BOCA ABERTA E ESPERANDO TODO O TEMPO A QUE O TIBURÓN VOLVERA A PASAR POLO NOSO LADO, AHÍ SÓ SE ESCOITABA...
 "¡AAAAA...!"
"¡QUE GRANDE!"
"¡QUE DIENTES!"
"¡MIMÁAAA PROFE!"
SEGUIMOS A VISITA E ATOPAMOS AOS AMIGOS DE NEMO, A MOITOS BEBÉS DE PEIXES E ¡AOS PEIXES DAS PROFUNDIDADES MARINAS!, PERO NÓS AÍNDA PENSABAMOS NA CARA DAQUEL TIBURÓN ¡QUE PASABA POLO NOSO LADO E NON NOS QUITABA OLLO!
SAÍMOS DA SALA E A MONITORA AMOSÓUNOS MOITO LIXO QUE ATOPAN NO MAR E QUE FAI DANO AOS SERES VIVOS QUE ALÍ ESTÁN COMO A BOTELLA NA QUE QUEDOU ATRAPADA TINA A LUBINA.
DESPOIS DESTA GRAN VISITA DESPEDIMONOS DOS TRABALLADORES DO ACUARIO E SUBIMOS AO BUS ... NESE MOMENTO OS PELOUROS COMENTABAN ...
"EL TIBURÓN TENÍA UNOS DIENTES ...EH?",
"NOS LLEVASTE A UN SITIO GENIAL, EH PROFE!",
"AQUELLO QUE NO ERAN SERPIENTES DABA UN POCO DE MIEDO AL ENTRAR, VERDAD?"
MIRADE, MIRADE...