martes, 18 de diciembre de 2012

cumpleanos de decembro

HOXE TIVEMOS DE ANIVERSARIO A ALEX . FOI O ÚLTIMO DO CURSO EN CUMPRIR OS 5 ANOS. PARABENS¡¡¡

postais de nadal

QUE POSTAIS DE NADAL MÁIS BONITAS¡¡¡ FIXÉRONNAS OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS COAS SÚAS FAMILIAS. GRAZAS POR PARTICIPAR¡¡¡ QUEDARON MOI FERMOSAS E EXPRESAN OS MELLORES DESEXOS DE FELICIDADE PARA ESTE NADAL 2012.

jueves, 13 de diciembre de 2012

Celso Emilio

     O pasado mércores 12/12/12 celebramos o centenario de Celso Emilio Ferreiro(Celanova 1912- Vigo 1979), lendo un dos seus poemas.

     "Recitandocelsoemilio" reuniu a todos os nenos e nenas do Ceip A Pedra, recitando a vez os versos deste grande escritor galego, o igual que a outros centros de Galicia as 12 da mañá. Entraremos no guinnes dos records?...

"Lingua proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí
porque me gusta
porque me peta e quero
e dame a gana
e me sae de dentro
alá do fondo"

domingo, 2 de diciembre de 2012

cumpleanos novembro

Este mes de novembro celebramos o cumple de: Aitor, Eloy, Rocío e Anxo, que xa teñen 5 anos. Parabens para todos eles¡¡¡
O pasado 26 de novembro celebramos o 2º e derradeiro almorzo saudable no colexio, "menú mixto". Esta vez foi diferente do anterior: iogur con mel ou azucre, pan do día e fiambre. Este menú tivo máis éxito co anterior será porque...o mel é tan doce que algúns ata chuparon os dedos¡¡¡ Esta vez faláronnos da pirámide alimenticia e regaláronnos unha para a nosa casa, e non podía faltar o cepillado de dentes¡¡¡

O pasado día 19 de novembro celebramos no colexio o 1º alorzo saudable, "menú mediterráneo": pan do día, tomate natural, aceite de oliva e leite con cacao. Algúns disfrutaron moito aínda que outros nen@s, costoulles un pouco probar cousas novas. Faláronnos da roda alimenticia e destacaron a importancia de comer variado e ben para estar sans, ademáis de lavar os dentes despois de comer.




sábado, 1 de diciembre de 2012

banda de música

O pasado venres día 23, recibimos no colexio a "Banda de música de Bueu". Disfrutamos moito do concerto e de coñecer a maioría dos instrumentos musicais. Comprobamos que non é tan doado¡¡¡ Para os de vento hai que soprar con moita forza¡¡¡, pero o director da banda animounos a apuntarnos para aprender a tocar o que máis nos gustase. Velaí vai unha mostra do ben que o pasamos¡¡¡