jueves, 27 de junio de 2013

Despedida.

     Mañá é o derradeiro día oficial do curso 2012/2013, pasou rapidísimo¡¡¡ Os nenos e nenas xa remataron o venres, e xa finalizou unha etapa preciosa para eles, como é a educación infantil. Agora xa se pode dicir que son nen@s de primaria. Deséxolles o mellor na súa nova etapa. Saben que con esforzo e constancia poden conseguir o que se propoñan.
    Agora xa ocupan un anaquiño do meu corazón. Ata sempre e a ser felices¡¡¡ Grazas a tod@s por lo voso acollemento. Aínda que os comezos non son doados, o tempo demostra que o traballo e o cariño dan os seus frutos. Ata sempre familias¡¡¡

                                                                                Loli.

aniversarios xuño e xullo

O pasado venres 21, o derradeiro día de colexio para os "Pelouros", celebramos o aniversario dos nenos e nenas que cumplen en xuño e xullo. Parabéns para todos eles que xa cumpren 6 anos¡¡¡¡: Jimena, Sara e Hugo. Hugo estivo enfermo e non pudo asistir, pero todos e todas  lembrámonos del.