miércoles, 12 de febrero de 2014

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ


  Os nosos compañeiros /as "Os Trasnos" de 5 anos discurriron a murga que imos cantar o día do desfile do Entroido. Para os papis que aínda non o saiban imos ir  disfrazados de Pedro e Vilma Picapedra. Xa podedes ensaiar cos peques na casa a canción. Todos xuntos a  desfrutar !!! 

martes, 11 de febrero de 2014

O DÍA DA PAZ

    O pasado xoves día 30 de xaneiro todo o cole de Educación Infantil de A Pedra baixamos ao noso ximnasio  coas pombas da PAZ que tiñamos feitas nas aulas e deste xeito  todos xuntos celebrar esta data  cantando " Campás pola paz " de Migallas. Foi un día especial. Despois saímos ao patio e alí soltamos unha pomba, que saíu facendo un voo preciso nun día de sol e nubes do que poidemos gozar!!!!!!!






sábado, 8 de febrero de 2014

ANIVERSARIOS XANEIRO

  Xa no 2014 os nenos/as das nosas aulas vanse facendo cada ver máis maiores , e por iso que rematado este mes de Xaneiro comezamos a celebrar os novos aniversarios , algúns dos nosos pequenos xa teñen 4 anos. Parabéns!!!!!



 


jueves, 6 de febrero de 2014