domingo, 30 de marzo de 2014

A PRIMAVERA CHEGOU

  O pasado xoves día 20 de marzo, chegou a primavera. Pouco nos durou a alegría xa que pronto púxose a chover. 
  Bueno vai ser que o da chuvia é o de menos, nós xa tiñamos preparada a nosa manualidade para dárllela benvida a esta alegre estación do ano. 
   E chegado o venres saímos ben contentos coas nosas coroas de margaritas brancas, a espera de que o sol volva a saír.





miércoles, 26 de marzo de 2014

OLALLA E MARC FANNOS UNHA VISITA

  Fai uns días pasaron pola nosa biblio Marc e Olalla, os papis da nosa compañeira Aroa. Viñan  cun mandilón cheo de petos, con moitos contos, con papeis moi grandes de debuxo , pinturas, pinceis ,esponxas.....e moita chispa nas súas sorrisas.Nós  estabamos a expectativa, atentos do que poidese pasar....De feito , en determinado momento poidemos escoitar e ver:
 Ao lobo, a Riciños de Ouro, a Hansel e a Gretel,.....e ata poidemos ir cazar un oso.

video


 De tanta aventura quedamos cansos. Gracias OLALLA polo son das túas verbas!!!!. 
Gracias MARC pola delicia dos teus trazos!!!.
Esperamos que volvades pronto.

lunes, 24 de marzo de 2014

miércoles, 19 de marzo de 2014

PASARRÚAS DOS PELOUROS PICAPEDRAS@@@@@@@@@@@@


 

  O  pasado 28 de febreiro , saímos cos nosos disfraces de Pedro e Vilma Picapedra polas rúas de Bueu, rodeados de Zipis e Zapes, das persoaxes de Astérix e Obelix os galos....da familia Simpson ao completo ....e de vos , as familias dos nosos Pelourus. Os nosos pequenos quedaron abraiados neste seu primeiro pasarrúas tan caluroso, tan emocionante e alegre , portarónse xenial e desfrutaron mogollón, tivemos sorte co tempo .



 

Gracias familias por toda a axuda recibida nos talleres para a confección dos disfraces e tamén polos ricos postres de Entroido, dos que demos boa conta. A seguir así , o curso avanza e os pequenos tamén . Apertas!!!!!!!!!!!!!! 

Unha vez no noso sitio poidemos escoitar como os nosos compañeiros "Os trasnos " de 5 anos cantaban a nosa murga .





 

 

 


lunes, 10 de marzo de 2014

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO

 

  No pasado mes de febreiro somentes cumpriron
 anos na clase de 3 anos B. 
PARABÉNS CATIVOS!!!!