jueves, 30 de octubre de 2014

O ANIVERSARIO DE PAPIRUS

  O  pasado venres, día 24 de outubro, foi o aniversario de Papirus, e alá fomos os PELOUROS a felicitarlle.
                  

   Ao chegar recibiunos no BIBLIOCASTELO DA PEDRA a profe Marilina, ela púxonos unha mensaxe de PAPIRUS no proxector.




  Nesta mensaxe PAPIRUS informounos de que neste curso gustaríalle que explorásemos no mundo DA ARTE,


falounos de pintores e escultores do Morrazo, dalgúns artistas galegos, de algún outro que xa coñecíamos , como é MIRÓ,




 .....e tamén soupemos que Papirus é un polbo ao que lle gusta viaxar, xa que mostrounos fotos súas na Torre Eiffel de París, no Big Ben de Londres...


  A continuación aMarilina contounos o conto de " AQUILES O PUNTIÑO ",
unha historia relacionada coa arte.  Como a través dun só punto que xurde dunha folla en branco, este decide o seu destino, destino que tamén o poden ter outros puntiños que adornan o noso entorno.


 
Para rematala visita entregámoslle a Marilina a coroa que confeccionamos coas profes Toñi e Teruca nas aulas ( coroa feita con PUNTIÑOS de cores, como Aquiles ), como agasallo polo aniversario do noso PAPIRUS.
 
 
 
 
PARABÉNS !!!!
E ela entregounos unha preciosa pegatina do Bibliocastelo e a súa mascota.
 
GRACIAS MIL  !!!!!!!!!!!!







CUMPLES DE OUTUBRO

  ESTE MES ESTIVERON DE ANIVERSARIO:

SARA FERNÁNDEZ  !!!!!




E  BORJA !!!!!

 
FELICIDADES PEQUENOS PELOUROS  !!!!!!!!!

viernes, 24 de octubre de 2014

OS PROTAS DE ESTA SEMANA FORON : DANI e IVÁN !!!!!!!!!!

  A aula de TOÑI , chegou a mami de DANI , cargada de cousas relacionadas co SAMAÍN.



  Con Sefi fixemos máscaras de MEDO e arañas con chuches e galletas.
  Tamén adornamos algunha cabaza con ollos.
Gracias Sefi !!!!
 
 
 
 
A aula de Teruca chegou Sole, viña cunha bolsa chea de paliños de cores, pegamento, pegatinas,.....

Con todo o que traía fixemos uns portarretratos moi chulos , que levamos para casa.
Gracias Sole !!!!

martes, 21 de octubre de 2014

SAMAÍN Á VISTAAAAA ..................

            Mamis e papis, aínda que non o creades, xa casi estamos as portas do SAMAÍN, da noite de terror, dos morcegos, das cabazas.....do
MEDOOOOO..................

      QUE MEDO ME DÁ  !!!!!!!!!!



MIGUEL G. é o PROTA en 4 anos B

  MARI E JAVIER , os papás de Miguel viñeron visitarnos.
Traían un robot de cociña e os ingredientes necesarios para facer PIRULETAS de chocolate.
 Para adornalas trouxeron virutillas e estreliñas de caramelo.





Cada un fixemos 2 piruletas , que quedaron no cole para que enfriasen.
Ao día seguinte levámolas para casa. Seguro que as familias deron boa conta delas.
 Que ricas  !!!!!!!!!!!!!!!
 
Gracias papis  !!

domingo, 19 de octubre de 2014

CATA é a PROTA en 4 anos A

Esta semana tivemos a visita de Salva, o papi de Cata, que nos contou un conto sobre un can e un gato e a súa amizade.

Salva amosounos o artista que é debuxando un can e un gato e contounos o moito que lle gustan os animais. Os nenos despois,, puxeron en práctica o que aprenderan facendo os seus propios debuxos de cans e gatos.
Os Pelouros de 4 anos A, quedaron encantados coa súa visita.
Gracias Salva !!!!!!!!


 

jueves, 9 de octubre de 2014

SEMANA DA PROTA - 4 ANOS A

Hoxe  xoves, 9 de outubro ,viunos visitar a mamá de MARTINA.
Levamos unha gran alegría ao comprobar o que nos traía.
Nin máis , nin menos que flores de gominolas. Lambetadas!!!!!!!!!!!
 TROUXO OS ELEMENTOS NECESARIOS PARA FACELAS, E ALÁ NOS PUXEMOS, MANS A OBRA!!!!!!!


ESTABAN DE RECHUPETE!!!!!!!!!!!!!!!

SEMANA DA PROTA- 4 ANOS B

ATA A AULA DE 4 ANOS B CHEGOU A MAMÁ DE ALEXANDRA.
NON VIÑA SOA , TRAÍA CONSIGO UN CONTO!!!!!
" O LIBRO DOS PORCOS "

UN CONTO CUNHA MENSAXE, UNHA MENSAXE QUE NOS FIXO COMPRENDER  ,QUE O TRABALLO DA CASA É RESPONSABILIDADE DE TODOS.
DESPOIS FIXEMOS UNHA FICHA NA QUE REPARTIMOS AS LABOURAS DO FOGAR DE XEITO EQUITATIVO ENTRE UN NENO E UNHA NENA.
PARA REMATAR DEIXOUNOS UN PEQUENO AGASALLO, UN LÁPIZ CON ADORNO.