domingo, 31 de mayo de 2015

NATÁN DE CUMPLE

NESTE MES DE MAIO , NOS PELOUROS B , ESTIVO NATÁN DE ANIVERSARIO.
TROUXO PIRULETAS DE CHOCOLATE, TARTA E TAMÉN GALLETAS .

PARABÉNS NATÁN !!!

viernes, 22 de mayo de 2015

ANXO é PROTAGONISTA

O PASADO MARTES, ANXO PRESENTOUNOS OS SEUS PAPÁS, QUE SON RAQUEL E ANGEL.
TRAÍAN NUNHA CAIXIÑA MARGARITAS AMARELAS SILVESTRES.
INTENTAMOS FACER CON ELAS UNS COLARES .
AO TEMPO QUE ÍAMOS COLOREANDO UN DEBUXO DUN LINDO RAMO DE TULIPÁNS ,QUE O VENRES LEVAMOS PARA CASA.



jueves, 21 de mayo de 2015

ANTÍA é PROTA

OUTRA DAS PROTAS DURANTE ESTA SEMANA FOI ANTÍA.
SABELA, A SÚA MAMÁ, PARTICIPOU ACTIVAMENTE NA ACTIVIDADE, XA QUE ANTÍA TIÑA DECIDIDO QUE NO SEU DÍA ÍA BAILARNOS E REPRESENTAR  A CANCIÓN DE "FROZEN":
AS DÚAS BAILARON E DESFRUTAMOS MOITO DA REPRESENTACIÓN.
PARA REMATAR AS CHICAS DA AULA SAÍRON TAMÉN A BAILAR XUNTO CON ANTÍA.


FINALMENTE COLOREAMOS O DEBUXO DO BONECO DE NEVE DE FROZEN.
FOI XENIAL!!!!!

lunes, 18 de mayo de 2015

MARÍA PASTORIZA é PROTA

HOXE ACHEGOUSE AO COLE O PAPÁ DE MARÍA.
VEU FALARNOS DOS SISTEMA SOLAR, DOS PLANETAS, DOS SATÉLITES, DOS ASTRONAUTAS...
UN MUNDO FASCINANTE PARA NÓS.
 


COMEZAMOS FALANDO SIMPLEMENTE , E AÍNDA QUE NON O CREADES ALGO XA SABÍAMOS DESTE TEMA.
DESPOIS MOSTROUNOS NA PIZARRA DIXITAL ALGUNS IMAXES RELACIONADAS COS PLANETAS E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS ( COR, TAMAÑO e PROXIMIDADES AO SOL),TAMÉN UNHA CANCIÓN DE ENRIQUE E ANA, QUE FALABA DESTE TEMA.
 
MÁIS TARDE ENSINOUNOS UNHA MAQUETA NA QUE SE REPRODUCÍAN O SOL E OS PLANETAS.
PARA REMATAR TROUXO UN PROTOTIPO SEMELLANTE AOS QUE SE ENVÍAN NAS MISIÓNS ESPACIAIS PARA A INVESTIGACIÓN SOBRE OS PLANETAS.
FOI UNHA VISITA MOI INTERESANTE e NÓS FIXEMOS MOITAS PREGUNTAS.

SAÚL é PROTA

FAI ALGUNHAS SEMANAS SAÚL FOI O PROTAGONISTA.
VIÑERON O SEU PAPI E A SÚA MAMI A VISITARNOS.



 
TRAÍAN UNHA CÁMARA DE FOTOS CO SEU TRÍPODE, UNHAS LINTERNAS E UN GRAN PANO DE TELA PARA CUBRILA CASIÑA DA CLASE.
EXPLICÁRONNOS QUE ÍAMOS FACER UNHA SESIÓN FOTOGRÁFICA NO INTERIOR DA CASIÑA, ONDE UNHA VEZ CUBERTA COA TELA , TENTANDO DE QUE QUEDASE AS ESCURAS , ÍAMOS FACER DEBUXOS APROVEITANDO O REFLEXO DAS LUCES NO SEU INTERIOR.
 

PASÁMOLO MOI BEN.
MENTRES UNS POUCOS ENTRABAN PARA FACELA PROXECCIÓN, OS DEMÁIS COLOREAMOS UNHA FICHA DE FOTOGRAMAS NOS QUE APARECÍAN AS LETRAS DO NOSO NOME.

miércoles, 13 de mayo de 2015

CORRELINGUA

ONTE MARTES, DÍA 12 DE MAIO ACUDIMOS AO  CORRELINGUA 2015.



FOMOS CAMIÑANDO ATA A PRAZA DE MASSÓ, ONDE XA TODO ESTABA PREPARADO PARA COMEZAR A XOGAR.




 XOGAMOS A FACER EQUILIBRIOS SOBRE TABLÓNS, AOS BOLOS, A RÁ CON CHAPAS, AO XOGO DA LEITEIRA, AOS AROS GRANDES, E AO LANZAMENTO DE AROS. ......EN FIN, AOS XOGOS TRADICIONAIS DA NOSA TERRA!





A CONTINUACIÓN FOMOS ATA O FRENTE DO ESCENARIO, E ALÍ SENTADIÑOS MERENDAMOS E BEBEMOS, ASI RECUPERAMOS FORZAS PARA CANTAR E BAILAR.














POUCO DESPOIS COMEZOU O ESPECTÁCULO.




ACTUARON OS RAPACES/AS, QUE GAÑARON O CONCURSO DO CORRELINGUA, CO RAP "O GALEGO É DE TODOS E TEU TAMÉN"



PARA REMATAR COA ACTUACIÓN DE "PACO NOGUEIRAS".CANTOU ÉL E CANTABAMOS NÓS TAMÉN.




PASÁMOLO XENIAL!!!
A VOLTA AO COLEXIO FIXOSENOS COSTA ARRIBA,PERO FOMOS UNS CAMPEÓS!!!
XA ESTAMOS CONTÁNDO OS DÍAS PARA QUE CHEGUE O CORRELINGUA DO 2016!!!!!

viernes, 8 de mayo de 2015

ANDRÉS é PROTAGONISTA

ESTA SEMANA TIVEMOS A VISITA DE ALIUSKA, A MAMÁ DO PROTAGONISTA ANDRÉS , QUE VEU TAMÉN ACOMPAÑADA DA AVOA EDELMIRAQUE ESTÁ DE VISITA.

 TROUXERON UNHA SORPRESA NUNHA CAIXA , QUE CANDO SE ABRIU SAÍU UN COELLO!!!!
 DE COR GRIS, PEQUENIÑO E SUAVE.
OS NENOS ENCANTOULLES.
TAMÉN FIXEMOS UN PAPIRUS PORQUE 
 É A NOSA MASCOTA DO COLE, E ASÍ LEVAMOS  ESE AGASALLO PARA CASA.

ROI COSTA é PROTAGONISTA

A SEMANA PASADA ESTIVO DE PROTAGONISTA ROI COSTA.

TIVÉMOLA SORTE DE QUE VIÑESEN  O SEU PAI CÉSAR E A SÚA NAI ROSI.
TROUXERON UNHA MANUALIDADE PARA FACER CONNOSCO:UN DIVERTIDO CAN QUE O TIRARLLE DA LINGUA LEVANTA AS ORELLAS.
QUE BEN O PASAMOS!!!!!

lunes, 4 de mayo de 2015

O SOÑO DE ESTHER








ESTE QUE AQUÍ VEDES , É MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ.
O AUTOR DE " O SOÑO DE ESTHER ".
POIS AÍNDA QUE NON O CREADES, ESTIVO NO NOSO COLE.
CÓNTOUNOLO CONTO, AO QUE NÓS ATENDEMOS CON ENTUSIASMO.
E TAMÉN ALGUNHA QUE OUTRA AVENTURA.
OS QUE TIÑAMOLO CONTO QUEDAMOS PARA QUE NOLOS ASINASE.
DESFRUTÁMOLO MOGOLLÓN !!!
FOI TODO UN AGASALLO NESTE MES DO LIBRO!!!
VISITAS DESTA CALIDADE NON SE TEÑEN TÓDOLOS DÍAS..
MÁGOA DE QUE O MES DE ABRIL , O MES DOS LIBROS TEÑA REMATADO.

PERO AÍNDA QUE REMATE, NÓS AÍNDA TEMOS MESES DABONDO PARA SEGUIR DESFRUTANDO DOS CONTOS.


VÍCTOR é PROTAGONISTA

A PASADA SEMANA VÍCTOR FOI O PROTA.
A SÚA MAMI PATRI, ACHEGOUSE AO COLEXIO.
TRAÍA MOITOS MATERIAIS PARA FACER MANUALIDADES.
COMO O  DÍA ESTABA BO, QUEDAMOS NO PATIO.
ALÍ FIXEMOLA MANUALIDADE QUE PATRI NÓS PROPUXO.

FIXEMOS UNS MARCAPÁXINAS CON DEPRESORES DE MADEIRA  E TAMÉN UNS CORAZÓNS CON OLLOS !!!
QUEDARONNOS CHULÍSIMOS !!!!


SAÍDA A PONTEVEDRA

HOXE , DÍA DO LIBRO , FOMOS EN BUS ATA   PONTEVEDRA.


NO ESCENARIO XA ESTABA TODO PREPARADO
CANDO DE SÚPETO A NENA E O GRILO  COMEZARON A CANTAR.!!!

GRAZAS MAGÍN POR REGALARNOLOS OÍDOS COAS TÚAS MAXICAS COMPOSICIÓNS !!!!