lunes, 21 de diciembre de 2015

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

REMATANDO O ANO , OS PELOUROS MÁIS PEQUENOS ACABAN DE CELEBRAR O SEU QUINTO ANIVERSARIO.

PARABÉNS !!!!!!!!!!!!!!!!

 

VISITA DAS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE!!!!!!!

RECIN CHEGADOS DE ORIENTE, E ATA O NOSO COLE, CHEGARON AS SÚAS MAXESTADES.

AÍNDA QUE SOMOS OS MAIORES, AÍNDA NOS CAUSA RESPETO A SÚA PRESENZA, POR ÍSO ALGÚNS ACERCÁMONOS A MODIÑO.

FOI EMOCIONANTE ENTREGARLLELA CARTA , COS NOSOS DEXESOS PARA A NOITE DE REIS.

LOGO DE DARNOS UNHA BOLSA CON CHUCHES , FÓMONOS SENTANDO, E CANDO XA TODOS OS DEMÁIS ENTREGARON AS SÚAS CARTAS, CANTÁMOSLLELA PANXOLIÑA DE :" OS TRES REIS EN BICICLETA ".

AOS REMATE SUBIMOS AS AULAS E DEGUSTÁMOLO ROSCÓN DE  REIS QUE TANTO NOS GUSTA. ESTABA EXQUISITO!!!!!!

 

miércoles, 16 de diciembre de 2015

AS ESTRELAS EN MASSO

FAI DÚAS SEMANAS ACUDIMOS AO MUSEO DE MASSO, PARA REALIZAR DOUS TALLERES RELACIONADOS CO PROXECTO QUE PAPIRUS NOS SOLICITOU:

"O ESPAZO"

NO PRIMEIRO DOS TALLERES, POIDEMOS COÑECER ASPECTOS RELACIONADOS CO SOL, ESTRELA DO NOSO SISTEMA SOLAR, E COS PLANETAS.

NON TODO TIPO UN CARÁCTER EXPOSITIVO, TAMÉN POIDEMOS VIVENCIAR NÓS MESMOS OS XIROS DE ROTACIÓN E DE TRASLACIÓN DESTES ASTROS.

MÁIS EN CONCRETO DO NOSO PLANETA TERRA ARREDOR DO SOL, E XIRANDO SOBRE SÍ MESMA.

TAMÉN SOUPEMOS PORQUE EXISTEN AS ESTACIÓNS CLIMATOLÓXICAS, O DÍA E A NOITE, A INFLUENZA DA LÚA NAS MAREAS.....

 

NO SEGUNDO TALLER MOSTRÁRONNOS A RELACIÓN ENTRE AS ESTRELAS E A NAVEGACIÓN.

TAMÉN POIDEMOS COÑECER ALGUNHAS DAS CIRCUNNAVEGACIÓNS INICIAIS EN EMBARCACIÓNS DE MADEIRA E CON VELAS .EMBARCACIÓNS DAS QUE NA SALA  HABÍA ALGUNHAS MAQUETAS .

COÑECEMOS, ASÍ MESMO, ALGÚNS DOS APARATOS QUE OS ANTIGOS NAVEGANTES EMPREGABAN PARA ORIENTARSE NOS INMENSOS OCÉANOS , EN TRAVESÍAS QUE DEBÍAN SER INTERMINABLES.

SOUPEMOS DA IMPORTANCIA DA ESTRELA POLAR NA NAVEGACIÓN.

E DE QUE , XA DENDE FAI MOÍTISIMO TEMPO, OS HOMES ESTUDABAN AS ESTRELAS ,( A SÚA COLOCACIÓN NO CEO, O SEU TAMAÑO, A SÚA PROXIMIDADE Á TERRA....) .

E TAMÉN APRENDEMOS QUE ESES HOMES CHAMÁBANLLES "SÁBIOS", E QUE NOS COÑECÉMOLO NOME DE TRES DE ESES SABIOS, QUE SON OS SABIOS DE ORIENTE: MELCHOR, GASPAR E BALTASAR.

FOI UNHA VISITA MOI INSTRUCTIVA!!!!!

 

 

 






lunes, 7 de diciembre de 2015

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

CHEGADO O PENÚLTIMO MES DO ANO 2015, OS PELOUROS VAN MEDRANDO , E REMATANDO DE CUMPRIR OS 5 ANOS.

PARABÉNS !!!!!!!!!!

martes, 1 de diciembre de 2015