domingo, 28 de febrero de 2016

A QUE SABE A LÚA??????



DESPOIS DE TER TRABALLADO AS FASES DA LÚA,
E DE TER LEIDO O CONTO:
" A QUE SABE A LÚA?"

FIXEMOS UNHA DEGUSTACIÓN DE GALLETAS DE OREO.
ABRÍMOLAS E OBSERVAMOS COMO A NATA DO SEU INTERIOR , SE REPARTÍA NAS DÚAS PARTES .
ÁS VECES QUEDABA CON FORMA DE LÚA CHEA, OUTRAS DE LÚA MENGUANTE, ALGUNHAS DE LÚA CRECENTE ..... 

E NOUTRAS OCASIÓNS NON QUEDABA NATA NINGUNHA NUNHA DAS METADES, TOMANDO POR TANTO FORMA DE LÚA NOVA.


FOSE CAL FOSE A FASE NA QUE ESTIVESE A LÚA ,A NOS SOUBONOS SUPER -BEN.

viernes, 12 de febrero de 2016

Receita das orellas de Entroido

A volta das vacacións do Entroido os pelouros larpeiros decidiron elaborar a receita que trouxo Martín:ORELLAS.
Puxémonos mans á obra e ...mesturar, amasar e estirar...qué ben o pasamos!
O día seguinte ...a papar!!!



jueves, 11 de febrero de 2016

ENTROIDO:"PAPIRUS É A NOSA ESTRELA".









"PAPIRUS É A NOSA ESTRELA"

O HOMIÑO DE PAPEL e a súa caixa de ESTRELAS

PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ CHEGOUNOS  A AULA UNHA CAIXA SORPRESA QUE TIÑA :
-UNHA CARTA
-UN LIBRO
-UN HOMIÑO DE PAPEL BRANCO
DESPOIS DE LER A CARTA E O LIBRO DECIDIMOS AXUDAR O HOMIÑO  ESCRIBINDO PALABRAS FERMOSAS COMA PAZ, FELICIDADE , AMIZADE...E CADA NENO DESCUBRIU A SORPRESA QUE CONTIÑA A CAIXA: O QUE ERA O MAIS IMPORTANTE PARA O HOMIÑO DE PAPEL ...CADA NEN@ ERA O MAIS IMPORTANTE!!!


miércoles, 10 de febrero de 2016

O DÍA DA PAZ



O venres día 29 de xaneiro subimos ao colexio de Primaria para celebrar todos xuntos o "Día da Paz".
Levamos na cabeza o símbolo da Paz: Unha pomba feita por cada nen@ na sua aula. Alí escoitamolas boas noticias que escolleron os diversos cursos de primaria  e para rematar a xuntanza cantamos xuntos  a canción :
"Baile da Paz" que coma indica o título  permitiunos tamén disfrutar bailando o mesmo tempo que a cantabamos.
Foi moi divertido!!!

VISITA DE PACO NOGUEIRAS