PELOUROS

PELOUROS

viernes, 24 de junio de 2022

Fin de curso

 Este mércores 22 foi un día moi especial, por fin o último día de escola para os nosos Pelouros que en setembro irán a primaria. Tod@s estabamos esperando as colchonetas que, grazas a ANPA, encheron o patio de cor. Alá fomos rotando por todas elas, saltando, sorrindo, cheos de felicidade...O que mais nos gustou foi o tobogán. A media maña fixemos unha pausa para repoñer forzas, estabanos esperando de novo unha gran merendola: gusanitos, pelotazos... todo estaba riquisímo! Logo mais colchonetas, así toda a mañá. Os Pelouros despois de tanto confinamento e restriccións merecían unha festa de fin de curso así!!!










Bueno, este ciclo xa rematou e chega o momento da despedida e teño que agradecer o voso apoio, familias, en estes tres anos que compartimos. Para min os nenos e nenas son o mellor , cada un único e especial, e botareinos de menos, pero quedarei cos recordos agochados no meu corazón.

Unha aperta e feliz verán!!!

 

No hay comentarios: