sábado, 20 de diciembre de 2025

Obradoiros de Nadal

 Esta última semana os Pelouros foron ata a aula dos seus compañeiros os Furabolos para participar nun taller de galletas , como actividade final do conto que estivemos traballando este trimestre "O homiño de xenxibre" e, como xa sabedes canto nos gusta amasar , foi xenial, e o mellor de todo, as galletas estaban moi ricas!😋

O venres 19 pola maña fomos aos obradoiros da profe Carla e de Eli, onde participamos en diversas actividades e manualidades. Despois collemos forzas, cun chocolate e biscoito, para rematar a xornada no cole de primaria , visitando os Reis Magos e participando na actuación musical con toda a comunidade educativa .

Agora toca descansar nas vacacións . 

Bo Nadal! 


 





martes, 16 de diciembre de 2025

Visita ao IES Johan Carballeira

 O luns 15, fomos de visita ao IES Johan Carballeira para unha sesión de maquillaxe de Nadal e pintado de unllas no obradoiro do ciclo de Imaxe Persoal. Alí  disfrutamos dunha transformación fantástica!

Despois para rematar a xornada visitamos as portas das aulas do instituto que estaban todas decoradas con motivos de Nadal.


 


lunes, 8 de diciembre de 2025

Aniversario de Novembro

 Este pasado mes de novembro tivemos o aniversario de Lúa que cumpriu 3 anos e agora todos os Pelouros teñen 3, ata xaneiro que comezaran a cumprir os catro. 

Para agasallar a Lúa mercamos uns boliños e cantamos a canción de Parabéns. Lúa foi quen de soprar as candeas e, despois de merendar, aínda tivemos tempo de bailar un pouco! 


 



domingo, 30 de noviembre de 2025

Apadriñamentos lectores

O pasado xoves tivemos actividades de apadriñamentos lectores para celebrar o día das Bibliotecas escolares e o aniversario de Papirus . A primeira hora da maña viñeron os nosos padriños e madriñas lectores  ( alumnos e alumnas de 2º de Primaria) para coller da man aos pequenos de tres anos. Con eles achegámonos ata o Bibliocastelo para saudar a mascota do colexio: Papirus. Os nosos padriños e madriñas tiñan preparada a representación de dous contos : Cocorico e Corre , corre , cabaciña. Os Pelouros encantoulles porque o fixeron xenial! Graciñas a todos os  nenos e nenas polo seu esforzo facendo para nós un teatro tan ben representado.

Ao voltar ao noso centro fixemos unha paradiña para ver a decoración de Nadal. Despois os Pelouros quiseron ver ao Papa Noel que está na clase de Cris e alí tamén coñecemos a elfiña Aroa. Como podedes ver o Nadal xa esta aquí!