PELOUROS

PELOUROS

domingo, 28 de mayo de 2023

Aniversarios de Maio

 O pasado venres 26 celebramos na aula os aniversarios de Pedro e Ada que xa teñen 4 anos! Coma sempre gozamos facendo festa , cantando e soprando as candeas , e como non , comemos uns ricos boliños entre todos e todas . Parabéns para Ada e Pedro!

 

4 anos


jueves, 18 de mayo de 2023

Letras Galegas

Este ano o día das Letras galegas estaba adicado a Francisco Fernández del Riego , que foi un dos grandes impulsores da lingua galega e como tal nos debemos acoller o seu legado e defender a nosa lingua. Din que a lingua e a creación dun pobo, miña nai sempre me falaba entre a diferencia de decir "meu fillo" e "mi hijo"... Porque nos soa tan difrente? porque e a lingua do noso pobo , a que falaban os nosos pais e avós, a que  debemos transmitir  aos nosos nenos e nenas.Por iso os Pelouros quiseron celebrar ese día escollendo unha palabra cada un: bico, agarimo, bolboreta, raposo, coello... , con todas decoramos as portas do cole.


 

jueves, 4 de mayo de 2023

Psicomotricidade : A felicidade!





 
 
Estas fotos falan por sí mesmas , espero que podades ver o mesmo ca min : a felicidade!😀 Como me gusta ver os nenos e nenas gozando dunha actividade. Aquí están na clase de psicomotricidade co profe José Angel facendo o xogo "Sillas cooperativas" e non hai máis que ver as súas caras de ledicia para ver como de novo o xogo pode estar unido a trasmisión de valores como sería neste caso a cooperación .

miércoles, 3 de mayo de 2023

Meteoescolas: O tempo en Abril

 Este ano non se cumpliu aquilo de  "En Abril augas mil" porque de novo houbo  exactamente o dobre de días de sol ca de chuvia , aínda que, non contamos aquí co tempo de vacacións de semana santa.

Esta vez fixemos o conteo cunhas torres de pezas grandes e así pudemos ver perfectamente a diferencia: 8 días de sol, 4 de chuvia, e 1 de sol con nubes.