PELOUROS

PELOUROS

jueves, 22 de junio de 2023

Festival de fin de curso

 O mércores día 21 chegou o tan esperado día do fin de curso e da celebración do festival de infantil e a graduación dos nenos e nenas que se van para primaria.

O chegar ao cole puxemos as algas e os peixes na camiseta e xa fomos para o auditorio do instituto Johan Carballeira, como podedes ver nas fotos estamos esperando o inicio da actuación .






Fomos os primeiros en subir ao escenario para cantar e bailar a nosa canción , mirade que ben o facemos!

O que máis nos gustou foron as obras de teatro que fixeron os maiores sobre todo porque saían personaxes do noso conto favorito "Cocorico"

Ao voltar ao cole estabamos un pouco esfameados, menos mal que nos esperaba unha rica merendola e como un día e un día, esta vez si puidemos comer gominolas , patatatillas, pelotazos, galletas...




 

Despois xogamos no patio e aínda quedamos con forzas para ir á festa da ANPA pola tarde.

Este curso pasou voando familias, grazas pola vosa colaboración, estes Pelouros son maravillosos, espero que disfrutedes do verán, e ata Setembro!


 


sábado, 17 de junio de 2023

Aniversarios de xuño e xullo

 Este mes cumpliu anos Leo, e no mes de xullo Lara e Adela, pero como estaremos de vacacións, celebramolo xuntos no cole o pasado venres. Pouco a pouco a maioria da clase xa ten 4 anos e coma sempre aproveitamos a ocasión para facer festa, cantar, xantar algo doce...Feliz aniversario!





 

jueves, 15 de junio de 2023

Bailamos con Bea

 Este mércores achegouse ao noso cole Bea para ensinar aos nenos e nenas bailes e cancións e pasar xuntos un ratiño divertido. Agora que xa estamos na recta final do curso temos moitas actividades das favoritas dos Pelouros e bailar é unha delas. Grazas a Bea aprendimos , cantamos e bailamos algunhas cancíóns: en roda, por parellas...

 




 

domingo, 11 de junio de 2023

Excursión de fin de curso: O zoo de Vigo

 O pasado venres, día 9, chegou por fin, a esperada excursión de fin de curso dos Pelouros ao zoo de Vigo, como unha actividade especial do proxecto sobre os animais que estamos traballando na aula. O día apareceu con choiva pero iso non pudo pararnos💦

Alá fomos no autobús, berrando nos túneles e gozando das vistas dende o bus.


A chegada ao zoo estaban esperando dúas monitoras que nos acompañaron nas actividades programadas:

O Planetario : onde nos amosaron as estrelas dende un entorno que imitaba o polo norte con iglús onde puideron entrar @s nen@s como vedes nas fotos









O Exotarium: onde nos foron amosando diversas especies e explicando as súas características: peixes, tartarugas, insectos,crocodilos, tarántulas...

Os Pelouros estaban encantados descubrindo todos os "bichos"que , ás veces, estaban bastante camuflados.













Despois chegou o momento de repoñer forzas. Tiñamos moita fame! Menos mal que trouxemos uns ricos bocatas ...😋





Como tivemos unha parada da choiva aproveitamos para visitar os animais do exterior: patos, linces, oso...

E xa cansos fomos ao bus para voltar ao cole. Estes Pelouros teñen moita enerxía, ningún quedou durmido no bus , como veredes nas fotos estaban todos con ganas de repetir a experiencia.