O pasado venres, día 9, chegou por fin, a esperada excursión de fin de curso dos Pelouros ao zoo de Vigo, como unha actividade especial do proxecto sobre os animais que estamos traballando na aula. O día apareceu con choiva pero iso non pudo pararnos💦
Alá fomos no autobús, berrando nos túneles e gozando das vistas dende o bus.
A chegada ao zoo estaban esperando dúas monitoras que nos acompañaron nas actividades programadas:
O Planetario : onde nos amosaron as estrelas dende un entorno que imitaba o polo norte con iglús onde puideron entrar @s nen@s como vedes nas fotos
O Exotarium: onde nos foron amosando diversas especies e explicando as súas características: peixes, tartarugas, insectos,crocodilos, tarántulas...
Os Pelouros estaban encantados descubrindo todos os "bichos"que , ás veces, estaban bastante camuflados.
Despois chegou o momento de repoñer forzas. Tiñamos moita fame! Menos mal que trouxemos uns ricos bocatas ...😋
Como tivemos unha parada da choiva aproveitamos para visitar os animais do exterior: patos, linces, oso...
E xa cansos fomos ao bus para voltar ao cole. Estes Pelouros teñen moita enerxía, ningún quedou durmido no bus , como veredes nas fotos estaban todos con ganas de repetir a experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario