PELOUROS

PELOUROS

sábado, 30 de abril de 2022

Aniversario de Abril

 Este mes de Abril celebramos na aula o aniversario de Beni , que se apunta ao clube dos que xa teñen 6 anos. Coma sempre , fixemos festa e comemos boliños. Parabens para Beni!




viernes, 29 de abril de 2022

Os xirasoles van para a casa

 Ademais de coidar o noso horto no patio do colexio, onde xa recolectamos acelgas e espinacas, (agora plantamos leitugas), tamén fixemos unha sementeira na aula , plantando unhas pipas nos vasos de iogur. Despois de ver a maxia de ver medrar dende a semente unha planta, os Pelouros levan ésta para a casa para poder  comprobar como sae o xirasol, que como sabemos e a flor símbolo de Ucrania.



miércoles, 20 de abril de 2022

CELEBRANDO OS 50 ANOS DO CEIP A PEDRA: VISITA DE MABEL

 

Hoxe tivemos a visita de Mabel, antiga profe de infantil no noso cole , a miña mentora hai algúns anos, excelente compañeira e profesional, agora xubilada, que deixou fermosas pegadas no seu paso polo cole.

Trouxo fotos, que aínda gardaba, onde nos amosou como era o cole: os nen@s, recunchos , festas, disfraces de entroido, saídas…e para rematar contounos un fermoso conto “O peixe Arcodavella” que nos amosa a importancia de compartir. como agasallo cada nen@ levou a súa escama brillante para ser feliz.

Grazas Mabel por esta visita que nos trae tantas lembranzas de anos pasados e que os nosos nen@s gozaron 




martes, 19 de abril de 2022

SORPRESA: O PALLASO PETER PUNK NO COLE

 

Hoxe , o primeiro día de cole, despois das vacacións,atopámonos coa visita no cole de Peter Punk, un pallaso que colabora na ONG Pallasos sen fronteiras, el veu a dar unha charla ao IES Johan Carballeira , e éstes convidáronnos a participar nunha actuación, isto forma parte do proxecto do festival artístico solidario que se celebrará o vindeiro  30 de abril en Bueu, estade atentos para achegarvos cos vosos nen@s.

Como podedes ver nas fotos tivemos dous axudantes voluntarios do pallaso: Martina que tiña que recoller as bolas co sombreiro e Beni que o dou todo tocando a trompeta. Grazas a tod@s por participar.





 

viernes, 8 de abril de 2022

CELEBRACIÓN 50 ANOS DO CEIP A PEDRA: VISITA DE ARTURO

Esta semana tivemos a visita de Arturo, un mestre xubilado que estivo no noso cole durante moito tempo deixando pegada nas distintas xeracións que pasaron.Como dixo Pablo , Arturo é sabio e compartiu connosco todo ese saber,  ensinando como eran antes as escolas de Bueu, os utensilios de escritura, os pupitres etc.

Grazas Arturo por abrirnos esa ventá ao pasado que nos permite entender que afortunados  somos por ter agora tantos medios na escola.



 

 

domingo, 3 de abril de 2022

O QUE OS PELOUROS SABEN DE ROSALÍA DE CASTRO

 ROSALÍA DE CASTRO E A POETISA FAVORITA DOS PELOUROS E SABEN MOITAS COUSAS SOBRE ELA , COMO PODEDES VER NESTE VIDEO: