PELOUROS

PELOUROS

sábado, 21 de diciembre de 2019

Os Reis Magos

O último día antes das vacacións de Nadal tivemos a visita no cole dos Reis Magos , os nen@s estaban moi ilusionados pero tamén nerviosos por entregarlle a súa carta. 


En xeral,foron moi valentes e despois cantamos todos xuntos a panxoliña:O blues do Nadal


viernes, 20 de diciembre de 2019

martes, 17 de diciembre de 2019

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

A semana pasada celebramos na aula os aniversarios de decembro:Aroa, Martina e Alex, cada un trouxo algo para compartir cos compañeiros, todo estaba riquísimo e os nosos pelouros comeron un montón, grazas familias por colaborar elaborando biscoitos caseiros!


Por fin, xa tod@s na aula teñen 3 anos!Felicidades!

miércoles, 4 de diciembre de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Xa están aquí as sempre esperadas recomendacións de lectura e música en galego para agasallar no Nadal ou en calqueira época do ano. 
O venres, 22 de novembro, todo o alumnado do noso centro levou nas súas mochilas o tríptico coas novidades.








martes, 26 de noviembre de 2019

MAGOSTO


Na semana do San Martiño celebramos na escola o noso Magosto, por mor do tempo tivemos que cambiar o día, o final foi o venres, e xuntámonos todas as aulas no ximnasio para cantar a canción do Magosto.
As castañas, ben quentiñas, puidemos comelas na aula . Que boas estaban! 
Grazas familias por colaborar!.

miércoles, 30 de octubre de 2019

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

O pasado venres celebramos os aniversarios de:Naira , Diego , Julia e Xavi. Tod@s teñen xa 3 anos e convidaron os compañir@s a un sabroso biscoito.
Gazas familias por colaborar!



ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Coma todos os anos o 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares e aproveitamos a data para que os nosos pelouros puidesen coñecer a Papirus.
Recibimos unha invitación para acudir a Primaria e disfrutar xuntos dun contacontos.
E alá fomos o pasado mércores de excursión , todo foi de maravilla e aínda que son os mais cativ@s do cole portáronse moi ben e disfrutaron coa experiencia , voltamos contentos, cansos e con uns agasallos!!!




martes, 1 de octubre de 2019

Aniversarios de Agosto e Setembro

O pasado xoves celebramos na aula os aniversarios de Carlota e Martina que cumpliron en Agosto e Rouco e Xandre que estrenaron os tres anos en Setembro, as familias colaboraron traendo un rico biscoito , que despois de cantar a canción e soprar as velas , comemos entre tod@s, estaba boísimo! 

BENVIDA OS NOVOS PELOUROS

Ainda que xa levamos varias semanas de curso escolar entre o período de Adaptación e o inicio da xornada escolar completa non tiveramos tempo de darvos a benvida a tod@s a este blog: nenas/os e familias BENVIDOS.
A aula dos Pelouros comenzou a súa andaina con moitas bágoas e esperemos que pouco a pouco vaian acougando.
Estamos iniciándonos nas rutinas da clase , coñecendo os novos amigos , aprendendo as nomas e amodiño, coma o caracol do conto que tanto lles gusta , iremos avanzando.
Como mostra dos primeiros días deixo dúas fotos , para que vexades o pequeniños que son algúns  que entran no berce das bonecas, e outra manexando a plastilina.