PELOUROS

PELOUROS

lunes, 14 de diciembre de 2020

lunes, 16 de noviembre de 2020

Magosto





O pasado venres festexamos no cole o tradicional Magosto. Fomos agasallados cun fermoso día de sol. Ramón empezou ben cedo a asar as castañas para que estivesen listas para a hora da merenda. Os pelouros baixamos a ver como asaba, e Ramón fixonos un pouco de maxia. Grazas Ramón!

Despois comemos as castañas , cantamos a canción do Magosto e saímos ao patio a seguir xogando.
Pasamos un tempo estupendo.


viernes, 30 de octubre de 2020

Samaín

 Este ano para traballar o Samaín estivemos inventando unha adiviña do home do saco e participar así co resto do colexio na actividade proposta por o departamento de normalización sobre persoaxes galegos de medo. Ademais na aula , como os Pelouros somos un pouco larpeiros , comemos unhas chuches "terroríficas"



ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

 Este mes tivemos de aniversario a catro nen@s da clase: Diego Xavi, Julia e Naira. Parabéns para tod@s!


 

sábado, 24 de octubre de 2020

Os Pelouros cantan Parabéns para Papirus

 Como todos os anos o 24 de outubro celebramos no cole o aniversario de Papirus . Ese era un día moi especial para os Pelouros porque íamos a visitalo no seu Bibliocastelo, pero este curso, por mor do covid, non podemos ir , así que decidimos cantarlle a canción e enviar o vídeo: Parabéns Papirus!!! 

 



lunes, 28 de septiembre de 2020

Aniversarios de Agosto e Setembro

 Empezamos de novo a celebrar os aniversarios na aula e esta semana hai varios que cumplen 4 anos: Martina, Rouco , Carlota e Xandre. Para todos Felicidades!



E non pensedes que so tiñamos ese boliño para merendar ...era un para cada nen@, e como estaban tan bos só deixamos as migallas!

viernes, 11 de septiembre de 2020

Benvida curso 2020/21

 Os Pelouros estamos de novo no cole , despois do confinamento e das vacacións tiñamos moitas ganas de atoparnos , aínda que a escola cambiou un pouco por mor do covid-19, pero pouco a pouco coa axuda de todos iremos adaptándonos. O importante é estar xuntos e aprender xogando!

viernes, 19 de junio de 2020

Despedida curso 2019-2020

Este curso foi un pouco diferente debido á chegada do confinamento que nos obrigou a ensinar dun modo diferente, pero estes pequen@s grandes campións que son os Pelouros deron acadado os obxectivos grazas sobre todo a vosa axuda. Así que grazas polo esforzo realizado por vós como familia e grazas polo apoio recibido durante estes meses.
Agora tocan as vacacións así que a desfrutar do bo tempo!
O 10 de setembro empezará o novo curso que esperamos con moita ilusión para recuperar o contacto directo que nos faltou ultimamente. Que pasedes un bo verán!

Despedida de Relixión

Aniversarios de xuño e xullo

Hoxe que é  o último día lectivo deste curso aproveitamos para felicitar aos nen@s que cumplen anos este mes e o seguinte.Esperamos podes celebrar os de agosto e setembro xa no cole con normalidade.
En xuño cumplen 4 anos : Berta e Izan e en xullo: Aroa Bastón. Moitas felicidades para todos!!!



 

jueves, 18 de junio de 2020

Vídeo:Despedida curso 2019-2020

Os Pelouros levan traballando moito durante todo o curso, primeiro na escola e despois durante o confinamento dende a casa, por o tanto entregamos un diploma para recoñecer o seu esforzo, este vídeo amosa o contentos que estan de volver ao cole, así que espero que en setembro volvan tamén con ganas de empezar o novo curso.
 

miércoles, 17 de junio de 2020

Manualidades obxectos da praia



HOXE SEGUINDO CO  MESMO TEMA  AQUÍ VOS DEIXO O CONTO QUE A PROFE LINA CONTOUNOS NO BIBLIOCASTELO DA PEDRA , O DÍA DO ANIVERSARIO DE PAPIRUS:

"NON QUERO SER UN POLBO "


Estas son outras posibles ideas para facer nos longos dias do verán...










martes, 16 de junio de 2020

Actividades na praia


Estou segura que os Pelouros  recordan esta canción de peixiños que a profe Andrea cantaba con eles cando os baixaba ao ximnasio.
Esta canción sírvenos para dar pé a actividade que a continuación vouvos proponer.
 E como non, para recordar a profe Andrea que nos acompañaou todo o curso , nas nosas rutinas, nas merendas, cando facíamos manualidades, ou fichas, na hora do conto..…...
Moitas grazas profe Andrea!!!!!!!!!!!
 por acompañarnos neste noso primeiro ano de escola.
Nestes días de volta a nova normalidade e coa próxima chegada da estación do verán,todos temos moi presente a praia nas nosas vidas e rutinas estivais.
É una verdadeira gozada desfrutar deste entorno costeiro no que vivimos.
Para os nosos peques a aproximación a praia oferta mogollón de posibilidades de aprendizaxe de todo tipo, dende coñecemento do entorno natural , ata a aproximación as relacións , medidas ,formas , números,adquisición de novo vocabulario...…..
Por iso imos recurrir ao que atopamos na área para empregar estes elementos nas nosas creación.
A continuación déixovos algunas ideas para que poñades en marcha a vosa imaxinación.
Espero as vosas aportacións en :
tferradanes@gmail.com