O pasado venres festexamos no cole o tradicional Magosto. Fomos agasallados cun fermoso día
de sol. Ramón empezou ben cedo a asar as castañas para que estivesen listas para a hora da
merenda. Os pelouros baixamos a ver como asaba, e Ramón fixonos un pouco de maxia. Grazas Ramón!
Despois comemos as castañas , cantamos a canción do Magosto e saímos ao patio a seguir xogando.
Pasamos un tempo estupendo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario