PELOUROS

PELOUROS

jueves, 30 de abril de 2020

FESTA DOS MAIOS

Un dos obxectivos traballados en Educación Infantil é a participación nas festas tradicionais do seu entorno , como o Magosto, Entroido...
A Festa dos Maios é unha festa coa que se celebra o fin do inverno e a chegada da primavera, así que nós agora que xa podemos saír da casa c@s nen@s, podemos ir a buscar "pampullos" para facer despois un colar na casa insertándoos nun fío.Podedes usar flores, follas...
Se non podedes facer o colar , sempre tendes a posibilidade de debuxalo e colorear, facendo unha serie ou libremente.
Se queredes compartir, enviar unha foto ao correo: tferradanes@gmail.com
Para traballar a memoria poden aprender algunha de estas coplas:

Levántate maio
que tanto durmiches
xa pasou o inverno
e non o sentiches
........................

Estemesde Maio
é o mes das flores
cando os paxariños
ven ós seus amores




martes, 28 de abril de 2020

MÚSICA

INGLÉS

XEOMETRIIA: O TRIÁNGULO

A semana pasada estivemos repasando o circulo e o cadrado co conto de "Por 4 esquinitas de nada"´agora imos a lembrar o triángulo.

  • Presentar o triángulo cun obxecto , como por exemplo un quesito, un bocata con esa forma,
  • Debuxar nun folio un triángulo grande
  • Colorear
  • Recortar 
  • Pegar en outro folio 
  • Escribir o nome "TRIÁNGULO"
  • Pensar algún outro nome que empece por a mesma letra (a ver si se lembran do nome da profe...)
  •  triangulo infantil - Buscar con Google

lunes, 27 de abril de 2020

OS PELOUROS O DÍA DO LIBRO

En primeiro lugar GRAZAS A TOD@S por participar na actividade de amosar o noso libro favorito. O meu momento favorito na escola é cando contamos un conto, e estou desexando poder facelo de novo. Fíxome moi feliz ver a cara de felicidade dos vosos nenos e nenas. Espero que a partir de agora podan disfrutar moito das saídas fóra da casa!Ah,perdoade os erros no video, esto da tecnoloxía cústame un pouco, espero ir mellorando , dentro de uns días farei outro coas actividades que vades enviando. Por favor, seguide participando.

ACTIVIDADE DE LECTOESCRITURA
Como actividade imos facer unha lista, escribir o nome, en letras maiúsculas, dos nosos compañeiros e compañeiras que  saen no video e tamén podemos exercitar a nosa memoria e adiviñar que compañeir@s da clase dos Pelouros faltan ?

viernes, 24 de abril de 2020

INGLÉS


INGLÉS INFANTIL

Do 20 10 24 de abril

Routine: Weather song
Let’s practise  What’s the weather like?
Let’s play this game
Remember the numbers with this game and this other one

Do 14 ao 17 de abril
Aprendemos the numbers jugando en familia
Repasamos the colours
Practicamos los colores una y otra vez
Terminamos con una story divertida


Do 30 de marzo ao 3 de abril
EASTER
 A profe Rosi enviounos:

Do 16 de marzo ao 29 de marzo
CANCIÓNS
VÍDEOS

 VARIOS

miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

ACÉRCASE O DÍA DO LIBRO.
O XOVES 23 DE ABRIL É A DATA !

DE TODOS É BEN SABIDO O BENEFICIOSO DA LECTURA NOS NOSOS FILL@S.

ALGÚNS DESES BENEFICIOS SON:
  • DESENROLA O PENSAMNTO E A APRENDIZAXE.
  • DESENROLA  A HABILIDADE DE ESCOITAR.
  • DESENROLA A LINGUAXE E A EXPRESIÓN ORAL.
  • MELLORA A CONCENTRACIÓN.
  • DESENROLA A IMAXINACIÓN E A CREATIVIDADE.
  • PRODUCE RELAXACIÓN E ENTRETEMENTO.
  • DESCUBRIMOS O NOSO MUNDO.
E POR ULTIMO
"O HÁBITO DA LECTURA FAI AOS PEQUENOS MÁIS SEGUROS  E FELICES".


Unha das actividades previstas para esta data consistía en que cada alumno/a trouxera o seu conto preferido a aula para mostrar, compartir e contar aos compañeir@s.
Dado que este ano non vai a ser posible , 
ímolo celebrar doutro xeito.
Escollede o conto que máis lle gusta ao noso peque  e facédelle unha FOTO,na que o neno/a mostre a portada.
Agardo con ilusión os resultados, as fotos saldrán no blogue, para desfrute dos peques!