PELOUROS

PELOUROS

lunes, 20 de abril de 2020

ESQUEMA CORPORAL

Un  dos obxectivos da Educación Infantil é que os nen@s acaden un esquema corporal cada vez mais completo, por iso a proposta de hoxe sería facer unha montaxe que representará o noso corpo, coa axuda de papi e mami.

Poñédevos mans a obra, toca remexer pola casa adiante para reunir todo tipo de cousas que nos poidan servir como elementos para o noso corpo, como: botóns, lás, tapas, palliñas, cds, arames, aros, garfos, culleres...

A continuación collemos unha alfombra pequena ou un pano como soporte do noso traballo, estirámolo no chan e repartimos os elementos ata configurar un corpo. Podedes sacar unha foto e incluso posar o lado da vosa obra de arte!

Despois imos representar o noso corpo cun debuxo (co voso nome ) que tamén podedes enviar a profe.
Lembrar o meu correo: tferradanes@gmail.com

 
RECORDADE:Estas actividades son de carácter VOLUNTARIO.

Podedes tomar exemplo dalgunha destas obras que a continuación acompaño.
 https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj84xwlyraojJgkeN4KP40b83ABE3Yxg0A4qIGjBjqRE2SrVY94XLky2UL2wzmDtik-ZzSIwCwyTGd9kfuuVQft-ALJRxArZJGmwu-LTKcXcp5zQfZsZqkHYVhK8g5NEAOSwVQeHfGkbwU/s1600/0873481e3a776e33232109db0ea4581e.jpg
 

No hay comentarios: