PELOUROS

PELOUROS

jueves, 30 de abril de 2020

FESTA DOS MAIOS

Un dos obxectivos traballados en Educación Infantil é a participación nas festas tradicionais do seu entorno , como o Magosto, Entroido...
A Festa dos Maios é unha festa coa que se celebra o fin do inverno e a chegada da primavera, así que nós agora que xa podemos saír da casa c@s nen@s, podemos ir a buscar "pampullos" para facer despois un colar na casa insertándoos nun fío.Podedes usar flores, follas...
Se non podedes facer o colar , sempre tendes a posibilidade de debuxalo e colorear, facendo unha serie ou libremente.
Se queredes compartir, enviar unha foto ao correo: tferradanes@gmail.com
Para traballar a memoria poden aprender algunha de estas coplas:

Levántate maio
que tanto durmiches
xa pasou o inverno
e non o sentiches
........................

Estemesde Maio
é o mes das flores
cando os paxariños
ven ós seus amores




No hay comentarios: