PELOUROS

PELOUROS

sábado, 30 de diciembre de 2023

Obradoiros de Nadal

O pasado xoves 21 de Decembro fixemos uns obradoiros como actividade de fin do 1ºTrimestre.

Os Pelouros empezaron co obradoiro de "Decoración de galletas" coa profe Lara , onde cada neno e nena  decorou a súa galleta antes de comela.





 

Despois fixeron unha "Manualidade de Nadal" coa profe Sara, onde pintaron cos dedos  luces de cores.



 

Logo chegou o obradoiro de "Música e movemento" coa profe Elsa onde gozaron dos xogos e da música propostos.




 

Chegou a hora da merenda e paramos un anaco para repoñer forzas cunha merendola de nadal


 

Por último fixemos o obradoiro de "Contacontos: Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"coa profe Lucia.

Pasámolo moi ben! Grazas as profes: Lara, Sara, Elsa e Lucia por colaborar!


viernes, 29 de diciembre de 2023

Os Pelouros descubren a Maruja Mallo



 Os Pelouros encantalles a arte , dentro do proxecto da vendima descubrimos un cadro de Maruja Mallo, a pintora galega, e estivemos investigando un pouquiño sobre ela , e como nos encantaron os cadros que pintaba, quixemos nós facer un coma ela e experimentar un pouco, elaborar unha obra de arte: o fondo , as cores , elementos naturais... 



 

martes, 26 de diciembre de 2023

Festival Nadal Infantil 2023

 O pasado día 20 de Decembro celebramos no IES Johanº Carballeira o festival de Nadal de Infantil onde gozamos coas panxoliñas que a nosa profe de música Elsa estivo ensaiando cos nosos nenos e nenas. Graciñas Elsa , por facer posible este Festival de Nadal! 

Xa podedes ver o festival no seguinte enlace:

https://youtu.be/6bFxX9FroHo?si=FOfK6YYxBtiX0TaN

 

 




 

lunes, 25 de diciembre de 2023

Galletas

 Os Pelouros este ano tamén tiveron ganas de amasar, e traballando o texto da receita, intentamos facer unhas galletas e como podedes ver polas fotos, estanse a covertir nuns expertos pasteleiros: amasar , peneirar a fariña , engadir os ingredientes , estirar a masa ( que se nos pegaba un pouco) ... bueno , as galletas sairon bastante ben e de sabor estupendas , os Pelouros quixeron repetir!



 


domingo, 17 de diciembre de 2023

Aniversario de Decembro: Iria

O venres celebramos o aniversario de Iria que estará de aniversario durante as vacacións de Nadal. Así que tivemos que anticiparnos un pouquiño, pero Iria estaba moi contenta facendo a súa coroa, escoitando a canción "Parabéns para ti" e soprando as 4 candeas do boliño que despois todos merendamos, e coa fame que traian da camiñata ata o Concello, os Pelouros so deixaron unhas migallas polo chan...😋


 

PROTAGONISTA DA SEMANA : ROI ( visita ao Concello)

 O pasado venres día 15 fixemos unha saída , os Pelouros e os Furabolos, ata o Concello de Bueu, invitados por Silvia a mama de Roi, que quiso amosarnos o seu lugar de traballo. Alí esperabanos cinco membros da corporación que nos foron explicando a sua área de traballo, para que os nenos e nenas comprenderan a sua importante labor organizando todo o que ten que ver co pobo: recollida de basura, compostaxe, actividades culturais, urbanismo, turismo...

Os Pelouros gozaron coa visita e ademais voltaron cun agasallo: un libro sobre  a mestra Matilda Bares.

Grazas familia por permitirnos vivir esta experiencia tan enriquecedora




 

miércoles, 13 de diciembre de 2023

Protagonista da semana: Lara

 Esta semana tivemos de prota a Lara, e viñeron ao cole a súa nai Ángela e o seu pai Breixo que nos falou do seu traballo no seu barco, contounos como é a vida nun barco , as súas características , os animais mariños que ve nas viaxes e tamén nos falou dos calamares que pesca e mesmo trouxo unha manualidade para que cada neno e nena fixera e levara para a casa o seu propio calamar . Grazas familia por descubrirnos tantas cousas e facer pasar aos Pelouros un ratiño tan estupendo!


 

sábado, 2 de diciembre de 2023

Contacontos das axudantes da Biblioteca de Primaria

 Este venres tivemos a visita de algunhas axudantes de  Papirus que vieron para contar e representar dous contiños aos nosos nenos e nenas de infantil . Pasamos un tempo xenial , cando queirades podedes voltar!