Esta semana tivemos de prota a Lara, e viñeron ao cole a súa nai Ángela e o seu pai Breixo que nos falou do seu traballo no seu barco, contounos como é a vida nun barco , as súas características , os animais mariños que ve nas viaxes e tamén nos falou dos calamares que pesca e mesmo trouxo unha manualidade para que cada neno e nena fixera e levara para a casa o seu propio calamar . Grazas familia por descubrirnos tantas cousas e facer pasar aos Pelouros un ratiño tan estupendo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario