O pasado venres día 15 fixemos unha saída , os Pelouros e os Furabolos, ata o Concello de Bueu, invitados por Silvia a mama de Roi, que quiso amosarnos o seu lugar de traballo. Alí esperabanos cinco membros da corporación que nos foron explicando a sua área de traballo, para que os nenos e nenas comprenderan a sua importante labor organizando todo o que ten que ver co pobo: recollida de basura, compostaxe, actividades culturais, urbanismo, turismo...
Os Pelouros gozaron coa visita e ademais voltaron cun agasallo: un libro sobre a mestra Matilda Bares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario