Este curso foi un pouco diferente debido á chegada do confinamento que nos obrigou a ensinar dun modo diferente, pero estes pequen@s grandes campións que son os Pelouros deron acadado os obxectivos grazas sobre todo a vosa axuda. Así que grazas polo esforzo realizado por vós como familia e grazas polo apoio recibido durante estes meses.
Agora tocan as vacacións así que a desfrutar do bo tempo!
O 10 de setembro empezará o novo curso que esperamos con moita ilusión para recuperar o contacto directo que nos faltou ultimamente. Que pasedes un bo verán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario