Nestes días de
Primavera o tempo está revolto, tanto fai unha calor asfixiante, coma de
repente entra unha tormenta estruendosa acompañada de tronos , relámpagos e
choiva forte .
Este conto de
Eric Carle sírvenos para falar da climatoloxía e das estacións.
Na nosa aula a
diario faciamos rexistro do número do día en que nos atopamos, do mes , da
estación e por suposto do día que facía.
Entre todos
recitábamos esta poesía , observando a través da ventá , a situación do ceo:
.
VENTANIÑA DA CLASE,
COMO ESTÁ O DÍA HOXE?
DIME SI O SOL TEN SAÍDO,
OU SI A NUBE O TAPOU,
SI A CHOIVA CAE , CAE,
OU SI O VENTO SOPRA HOXE,
VENTANIÑA
DIME AGORA,
COMO ESTÁ O DÍA HOXE?
PROPOSTA DE ACTIVIDADE:
Observade con atención esta explicación
Agora vouvos propoñer:
Collede folio e lápiz, cores, rotus, ....Observamos a través dunha ventá da vosa casa,
debuxámola e debuxamos o tempo que fai hoxe.Collede folio e lápiz, cores, rotus, ....Observamos a través dunha ventá da vosa casa,
Ímolo acompañar do noso nome, do día que é hoxe ,
do nome do novo mes e de:sol, nubes, choiva..... é
dicir o título debe corresponder co que observamos.
E SOL
2 DE XUÑO
ESPERO CON ILUSIÓN AS VOSAS APORTACIÓNS !
No hay comentarios:
Publicar un comentario