Hai unhas semanas Lucía, a mamá de Lucas, envioume este xogo feito con
tapóns de leite reciclados, pareceume unha idea xenial porque xunta o xogo coa
aprendizaxe das letras,.
Para preparar o xogo hai que facer un sinxelo taboleiro de cartón duro e
tapóns de leite.Pegaremos os tapóns con cola forte ou silicona de facer manualidades,
Elaborar unhas tarxetas con nomes sinxelos: nomes da familia, de animais,
de froitas , de xoguetes…e logo o nen@ fará eses nomes no taboleiro.
Coma sempre son actividades voluntarias que vos ánimo a probar, e grazas
Lucía por compartir e colaborar coa comunidade dos Pelouros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario