Estou segura que os Pelouros recordan esta canción de peixiños que a profe
Andrea cantaba con eles cando os baixaba ao ximnasio.
Esta canción sírvenos para dar pé a
actividade que a continuación vouvos proponer.
E como non, para recordar a
profe Andrea que nos acompañaou todo o curso , nas nosas rutinas, nas merendas,
cando facíamos manualidades, ou fichas, na hora do conto..…...
Moitas grazas profe Andrea!!!!!!!!!!!
por acompañarnos neste noso
primeiro ano de escola.
Nestes días de volta a nova
normalidade e coa próxima chegada da estación do verán,todos temos moi presente
a praia nas nosas vidas e rutinas estivais.
É una verdadeira gozada desfrutar
deste entorno costeiro no que vivimos.
Para os nosos peques a aproximación
a praia oferta mogollón de posibilidades de aprendizaxe de todo tipo, dende
coñecemento do entorno natural , ata a aproximación as relacións , medidas
,formas , números,adquisición de novo vocabulario...…..
Por iso imos recurrir ao que
atopamos na área para empregar estes elementos nas nosas creación.
A continuación déixovos algunas
ideas para que poñades en marcha a vosa imaxinación.
Espero as vosas aportacións en :
No hay comentarios:
Publicar un comentario