Hoxe , o primeiro día de cole, despois das vacacións,atopámonos coa visita no cole de Peter Punk, un pallaso que colabora na ONG Pallasos sen fronteiras, el veu a dar unha charla ao IES Johan Carballeira , e éstes convidáronnos a participar nunha actuación, isto forma parte do proxecto do festival artístico solidario que se celebrará o vindeiro 30 de abril en Bueu, estade atentos para achegarvos cos vosos nen@s.
Como podedes ver nas fotos tivemos dous axudantes voluntarios do pallaso: Martina que tiña que recoller as bolas co sombreiro e Beni que o dou todo tocando a trompeta. Grazas a tod@s por participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario