O mércores día 21 chegou o tan esperado día do fin de curso e da celebración do festival de infantil e a graduación dos nenos e nenas que se van para primaria.
O chegar ao cole puxemos as algas e os peixes na camiseta e xa fomos para o auditorio do instituto Johan Carballeira, como podedes ver nas fotos estamos esperando o inicio da actuación .
Fomos os primeiros en subir ao escenario para cantar e bailar a nosa canción , mirade que ben o facemos!
O que máis nos gustou foron as obras de teatro que fixeron os maiores sobre todo porque saían personaxes do noso conto favorito "Cocorico"
Ao voltar ao cole estabamos un pouco esfameados, menos mal que nos esperaba unha rica merendola e como un día e un día, esta vez si puidemos comer gominolas , patatatillas, pelotazos, galletas...
Despois xogamos no patio e aínda quedamos con forzas para ir á festa da ANPA pola tarde.
Este curso pasou voando familias, grazas pola vosa colaboración, estes Pelouros son maravillosos, espero que disfrutedes do verán, e ata Setembro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario