viernes, 26 de noviembre de 2010

DANIEL E KEVIN

¡ESTA SEMANA OS PROTAS FORON DANIEL E KEVIN!
GUSTÓUNOS MOITO COÑECER Á FAMILIA DE DANIEL, AS COUSAS QUE LLE GUSTAN E DESCUBRIR QUEN É A NENA ... DO SEU CORAZON. O QUE MÁIS NOS GUSTOU DO SEU LIBRO FOI A ÚLTIMA FOTO ¡QUE NOS LEMBROU AOS DEBUXOS ANIMADOS!.
KEVIN ENSINÓUNOS FOTOS DA SÚA FAMILIA E DA SÚA VIAXE AS "ILLAS ONS", NO BARCO DO QUE TANTO NOS FALOU ESTA SEMANA. 
O QUE MÁIS NOS DEU QUE FALAR DO LIBRO DE KEVIN, FOI UNHA ECOGRAFÍA QUE FIXO QUE NOS PREGUNTÁSEMOS... 

"¿COMO SE FAI ISO?"  

E ANQUE NO COMEZO PENSABAMOS QUE PARA FACELA...

"O MÉDICO CORTA A BARRIGA DA MAMÁ, SACA UNHA FOTO AO BEBÉ E VOLVE A COSER" 

LOGO A PROFE EXPLICÓUNOS QUE É O ECÓGRAFO E COMO FUNCIONA.
(HAI QUE VER DE CANTO NOS LIBERA A TECNOLOXÍA...)


jueves, 25 de noviembre de 2010

¡CUMPLES DE NOVEMBRO!


ESTA MAÑÁ TIVEMOS FESTA PARA CELEBRAR QUE ELOY, ROCÍO E ANXO  ¡XA TEÑEN 3 ANOS!. ASÍ QUE PREPARAMOS E DECORAMOS UNHAS COROAS, CANTAMOS, SOPLAMOS E COMPARTIMOS UNS BISCOITOS…
MMMMMMMMMMMMMM… ¡QUE RICOS ESTABAN!
“NESTAS FOTIÑOS, PODEDES VER, QUE QUEDAMOS MOI CHEIÑOS”

viernes, 19 de noviembre de 2010

JAIME E ADRIÁN

¡ESTA SEMANA OS PROTAS FORON JAIME E ADRIÁN!
O QUE MÁIS NOS IMPRESIONOU DO LIBRO DE JAIME FOI ESA FOTO NA QUE SAE ¡CUN GORILA!. A NÓS DÉUNOS UN POUCO DE MEDO PERO A JAIME NON LLE DEU NINGÚN ... ¡É TODO UN VALENTE!. ADEMAIS TODOS ESTIVEMOS DE ACORDO EN QUE NOS GUSTARÍA VISITAR A NEVE COMA ÉL, ASÍ QUE PAPÁS E MAMÁS XA SABEDES, ESTE INVERNO ...
ADRIÁN ENSINÓUNOS MOITAS FOTOS NO SEU LIBRO PERO AS QUE MÁIS DERON QUE FALAR FORON A DA SÚA PRIMEIRA VIAXE EN TREN E SOBRETODO ¡A DAS FESTAS!. NO LIBRO DE ADRI POIDEMOS CONSULTAR CANTO MEDIU AO NACER E COMO FOI MEDRANDO ATA AGORA. CON ISTO APROVEITAMOS O METRO QUE TEMOS NA AULA PARA VER CANTO MEDIDOS CADA UN, CANTO MIDEN OS BEBÉS, CANTO MIDEN AS CORES ...

viernes, 12 de noviembre de 2010

¡MAGOSTO!

¡HOXE CELEBRAMOS O MAGOSTO!
A PESAR DE QUE O TEMPO NON NOS PERMITIU DISFRUTAR DOS XOGOS QUE TIÑAMOS PROGRAMADOS, POIDEMOS CANTAR A NOSA CANCIÓN, VER COMO SE ASABAN AS CASTAÑAS E ... O MELLOR DE TODO .... ¡COMELAS!.
MAMÁS E PAPÁS TENDE COIDADO QUE ALGÚN NENO ...
  ¡LEVOU UNHA ENCHENTA! E ...
¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA!




ROI E XOEL

¡ESTA SEMANA OS PROTAS FORON ROI E XOEL!
COÑECEMOS MOITAS COUSAS DA VIDA E FAMILIA DE ROI. PERO O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI O GATO DA SÚA AVOA, BUENO, TAMÉN TEMOS QUE DICIR QUE NOS FASCINOU .. ¡O GUAPO QUE ESTÁ ROI CON GAFAS!.
XOEL ENSINÓUNOS MOITAS FOTOS DA SÚA FAMILIA E DOS SEUS AMIGOS  E DESCUBRIMOS QUE LLE GUSTA MOITO FACER MÚSICA, XOGAR NA PISCINA  E IR AO ZOO E ... ¡ A NÓS TAMÉN!

viernes, 5 de noviembre de 2010

AITANA E MIGUEL

¡ESTA SEMANA OS PROTAS FORON AITANA E MIGUEL!
GUSTÓUNOS MOITO A HISTORIA DE AITANA PORQUE ASÍ APRENDEMOS MOITAS COUSAS DA SÚA FAMILIA E DAS SÚAS AFECCIÓNS.
MIGUEL CONTOUNOS A SÚA HISTORIA E ENSINOUNOS FOTOS DA SÚA IRMÁ MARTA E DAS SÚAS PRIMAS DAS QUE TANTO NOS FALA CADA MAÑÁ, PERO... O QUE MÁS NOS GUSTOU FOI A FOTO DE PEQUENIÑO NA QUE ESTABA ... ¡DENTRO DUNHA BOLSA!