miércoles, 21 de diciembre de 2011

¡BO NADAL!

DENDE AQUÍ QUEREMOS DESEXARVOS A TOD@S UN …

¡¡¡¡¡¡¡MOI BO NADAL E FELIZ ANO 2012!!!!!!!!

BICOS DOS PELOUROS E DAS SÚAS PROFES
 

¡HOXE TIVEMOS A VISITA DOS REIS MAGOS!


ÁS 11.00 DA MAÑÁ PREPARAMOS AS NOSAS CARTAS E BAIXAMOS AO XIMNASIO  ALÍ, ESTABAN AGARDANDO POR NÓS ¡MELCHOR, GASPAR E BALTASAR!.
ALGÚNS QUEDAMOS UN POUCO ABRAIADOS E PRECISAMOS QUE ALGUÉN NOS ACOMPAÑASE EN TAN IMPORTANTE TAREFA E … POR FIN POIDEMOS ENTREGAR AS CARTAS QUE PREPARAMOS ESTES DÍAS E DAR UN BIQUIÑO AOS MAGOS QUE NOS AGASALLARON CON LAMBETADAS E SORRISOS.
DESPOIS TODOS XUNTOS CANTAMOS AOS REIS MAGOS “TRES REIS EN BICICLETA”, A CANTIGA QUE TANTO NOS GUSTA, E SAÍMOS AO PATIO PARA TOMAR ZUME, COMER ROSCA E XOGAR, XOGAR E XOGAR.

MIRADE, MIRADE…



martes, 20 de diciembre de 2011

"CONTOS PARA UN CALDIÑO!

A CONFRARÍA DE PESCADORES DE BUEU AGASALLÓUNOS CUN CONTACONTOS POR TER PARTICIPADO NO III CONCURSO DE LITERATURA MARIÑEIRA "MARUSÍA DE BUEU".
ASÍ QUE CANDO CHEGAMOS AO COLE, ESPERAMOS A QUE CHEGARAN OS NENOS E NENAS DO BUS E SAÍMOS CARA O CENTRO SOCIAL DO MAR ONDE FIXEMOS UN CALDIÑO DE CONTOS ... ¡BOÍIIISIMO!.
PRIMEIRO PREPARAMOS OS INGREDIENTES PARA A POTA, UNHAS ORELLAS PARA ESCOITAR, UN POUCO DE PEIXE E MARISCO, UNS CANTOS CONTOS, UNHA MOI BOA CONTACONTOS E ... UNS VOLUNTARIOS MOI ESPECIAIS, O PROFE ALBERTO, AS NENAS DE PRIMARIA E OS NOSOS PELOUROS JUÁN E AITOR.
TODO ISTO, XUNTO COA PARTICIPACIÓN DUN MARABILLOSO PÚBLICO AXUDANTE, CONVERTIU UNHA PEQUENA CANTIDADE DE INGREDIENTES NUNHA RECEITA DE CALDO CHEO DE ILUSIÓN, SORRISOS E FANTASÍA, ¡MMMMM...!
MIRADE, MIRADE ...


POLA VOSA AXUDA NESTA MARABILLOSA MAÑÁ,
MOITAS GRAZAS ÁS MAMÁS QUE NOS ACOMPAÑARON

jueves, 15 de diciembre de 2011

POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE

HOXE ÁS 9.10 DA MAÑÁ TIVO LUGAR NO NOSO COLE UNHA CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO NA QUE PARTICIPAMOS OS MESTRES E AS FAMILIAS.
DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA PRESENZA E APOIO

TRABALLAMOS CADA DÍA POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE E CREEMOS NUNHA ¡ESCOLA PÚBLICA DE TOD@S E PARA TOD@S!

¡CUMPLES DE DECEMBRO!

HOXE CELEBRAMOS O CUMPLE DE ALEJANDRO QUE SE PUSO UNHA BONITA COROA PARA SOPLAR AS SÚAS 4 CANDEAS E COMPARTIR CON TODOS OS PELOUROS UNS BISCOITOS RIQUIIISIMOS, ¡MMMMM...!
¡PARABÉNS AMIGUIÑO!

miércoles, 14 de diciembre de 2011

¡PREPARADOS PARA O NADAL!

DURANTE ESTAS SEMANAS ESTIVEMOS FACENDO UNS ADORNOS PARA AS NOSAS ÁRBORES ASÍ QUE PREPARAMOS PURPURINA, UNS MOLDES EN FORMA DE ÁRBORES, CORDÓN DOURADO E UNHA PASTA QUE AÍNDA NON COÑECÍAMOS QUE É COMO PLASTI PERO QUE PODE QUEDAR MOI DURA “CASE COMO UNHA PEDRA”. CON TODO O MATERIAL COMEZAMOS A PREPARAR AS NOSAS ÁRBORES, PERO O PODER MÁXICO POLO QUE AS ÁRBORES ENDURECÍAN TARDOU UNS DÍAS EN DAR O SEU FROITO ASÍ QUE TIVEMOS QUE ESPERAR UN POUCO E … POR FIN POIDEMOS DECORAR AS ÁRBORES CON PURPU E COLGALAS NA NOSA ÁRBORE.

ADEMAIS ESTAMOS APRENDENDO UNHA CANTIGA MOI DIVERTIDA QUE IMOS CANTAR AOS REIS MAGOS CANDO VEÑAN AO NOSO COLE O DÍA 21. TITÚLASE TRES REIS EN BICICLETA” E PERTENCE A UN LIBRO-CD DE MAMÁ CABRA QUE SE TITULA "XA ME TARDAN ESTES MAGOS" CON FERMOSAS CANTIGAS DE NADAL. AQUÍ VOS DEIXAMOS ESTA DIVERTIDA CANTIGA PARA QUE A DESFRUTEDES E CANTEDES NA CASA:

NESTE TEMPO TAMÉN ESTIVEMOS RECOLLENDO AS POSTAIS DE NADAL QUE OS PELOUROS FIXERON COAS SÚAS FAMILIAS E QUE DECORAN O NOSO CORREDOR CON VERDADEIRAS OBRAS DE ARTE ACOMPAÑADAS DE BONITAS MENSAXES CARGADAS DE CARIÑO E ILUSIÓN.


¡MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

¡MIRADE QUE BONITO!

¡ESTIVEMOS EN CORREOS E NO COLE DE PRIMARIA!

HOXE FIXEMOS UNHA SAÍDA A CORREOS PARA LEVAR AS POSTAIS DE NADAL QUE ESTIVEMOS PREPARANDO PARA ENVIAR Á NOSA FAMILIA.
ASÍ QUE A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ COMPROBAMOS QUE TIÑAMOS TODAS AS POSTAIS, BUSCAMOS UNHA PARELLA E XUNTOS SAÍMOS CARA CORREOS.
AO CHEGAR POIDEMOS VER COMO AS NOSAS CARTAS PASABAN POR UNHA MÁQUINA QUE AS MARCABA E DESPOIS POIDEMOS POÑELAS NO BUZÓN E … ¡COLLEMOS UN CARAMELO QUE NOS AGASALLARON!
AO VOLVER DECIDIMOS IR AO COLE DOS MAIORES PARA VER O BELÉN QUE FIXERON QUE NOS PARECEU ¡MOI MOI BONITO! E DESPOIS DE ADMIRAR TAN BONITO TRABALLO …
¡VISITAMOS UNHA AULA DE PRIMARIA!, SUBIMOS MOI CALADIÑOS, PETAMOS Á PORTA E SORPRENDEMOS A TOD@S. PERO AO ENTRAR OS SORPRENDIDOS ERAMOS NÓS CON TANTAS COUSAS DE MAIORES E … SOBRETODO … CANDO DESCUBRIMOS QUE NESA AULA … ¡HAI UN ESQUELEEEEETO!
E … DE VOLTA AO NOSO COLE DE INFNATIL POIDEMOS PASAR POLO CORREDOR ONDE SE ATOPA O BIBLIOCASTELO E QUEDAMOS ABRAIADOS COA OBRA DE ARTE QUE FIXERON OS TRABALLADORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE BUEU AO CONSTRUÍR UN FERMOSO CASTELO "¡COMO OS DE VERDADE!"
 

DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS ÁS MAMÁS QUE NOS ACOMPAÑARON NESTA SAÍDA TAN IMPORTANTE, AOS TRABALLADORES DE CORREOS QUE NOS AXUDARON A ACHEGAR O NADAL AS NOSAS CASAS E A PROFE ROSA E AOS NEN@S QUE NOS RECIBIRON NA SÚA AULA

E … NON NOS PODEMOS ESQUECER DE FELICITAR A TOD@S OS QUE FIXERON O BELÉN DE PRIMARIA E AOS TRABALLADORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO POLA SÚA OBRA DE ARTE NO NOSO BIBLIOCASTELO.

MIRADE, MIRADE…




martes, 13 de diciembre de 2011

¿QUE SABES DE BUEU?

ESTA SEMANA ESTANSE A DESENVOLVER DIFERENTES ACTIVIDADES NO COLE ORGANIZADAS POLO OBRADOIRO DE EMPREGO DE BUEU E … ¡HOXE TOCÓUNOS AOS PELOUROS!

 CANDO ACABABAMOS DE CHEGAR AO COLE E ESTABAMOS SENTADOS NA ALFOMBRA LEVAMOS UNHA GRAN SORPRESA PORQUE COMEZOU A ENTRAR XENTE CARGADA DE COUSAS. PRIMEIRO QUEDAMOS COA BOCA ABERTA E LOGO COMEZAMOS A CONTAR CANTOS ERAN E … ¡ERAN MOITOS! E … SEGUIAMOS COA BOCA ABERTA.

DESPOIS DE PECHAR A BOCA, FORMAMOS TRES EQUIPOS E POIDEMOS PARTICIPAR EN DIFERENTES ACTIVIDADES RELACIONADAS CON BUEU, COA SÚA NATUREZA, COS SEUS MONUMENTOS E COA SÚA CULTURA.

ASÍ IDENTIFICAMOS IMAXES DUNHA NASA, UN POLBO, O MILLO CORVO … CO SEU NOME CORRESPONDENTE; BUSCAMOS RESPOSTA CON DIFERENTES IMAXES A CUESTIÓNS COMO “¿ONDE PODEMOS ATOPAR AO ALCALDE?”; CONSTRUÍMOS UN HÓRREO E UN CRUCEIRO; CLASIFICAMOS IMAXES DE BUEU EN CAIXAS POR TEMÁTICAS (NATUREZA, MONUMENTOS, PESCA) E XOGAMOS A POÑER OS PÉS E AS MANS NAS IMAXES QUE SACABAMOS DUNHA CAIXIÑA.

AO REMATAR CADA ACTIVIDADE PEGAMOS UN ENGOMADO NO NOSO EQUIPO E DESPOIS DE TER TODOS OS ENGOMADOS … ¡CONSEGUIMOS UNHAS MEDALLAS!

E … AÍNDA QUE AO COMEZO AO ESCOITAR BUEU SÓ SAÍAN COMENTARIOS COMO:

“YO VIVO EN BUEU TODO EL TIEMPO”

DESPOIS DE PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE XA EMPEZAMOS A RECORDAR QUE EN BUEU HAI MOITAS MÁIS COUSAS QUE A CASA NA QUE VIVE CADA UN E XA SE ESCOITABAN MOITAS PALABRAS COMO: HÓRREO, NASA, BATEA … E … SOBRETODO … ESCOITÁBANSE COMENTARIOS COMO:

“¡FOI MOI DIVERTIDO!”

POR SORPRENDERNOS CON ACTIVIDADES TAN DIVERTIDAS E POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS …
¡MOITAS GRAZAS POR VIR!





viernes, 9 de diciembre de 2011

"O TIBURÓN LAMBÓN" E "PEPITA"

ESTAS SEMANAS ESTIVEMOS PREPARANDO … ¡OS NOSOS PRIMEIROS CONTOS!
PRIMEIRO DECIDIMOS QUE PERSONAXES SERÍAN OS PROTAGONISTAS DAS NOSAS HISTORIAS E COMO SAÍRON VARIOS FIXEMOS UNHA VOTACIÓN E…
UNHA VEZ ESCOLLIDOS OS PERSONAXES PENSAMOS COMO QUERÍAMOS QUE SE CHAMARAN E … POUCO A POUCO E ENTRE TODOS CREAMOS AS HISTORIAS DE

“O TIBURÓN LAMBÓN” E “PEPITA”


DOUS CONTOS CARGADOS DE ILUSIÓN, CRATIVIDADE E FANTASÍA COS QUE IMOS PARTICIPAR NO CONCURSO QUE CONVOCA A CONFRARÍA DE PESCADORES DE BUEU E QUE SON O COMEZO DE MOITAS MÁIS HISTORIAS QUE FAREMOS XUNTOS, PORQUE CON ESTA ACTIVIDADE DESCUBRIMOS QUE COAS IDEAS DE TOD@S PODEMOS CEAR … ¡UNS BONITOS CONTOS CHEOS DE IMAXINACIÓN E LEDICIA!

¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!


 

miércoles, 7 de diciembre de 2011

¡VISITA DOS PAIS DE JIMENA!

HOXE TIVEMOS A VISITA DE MANUEL E CLARA, OS PAIS DA PROTA JIMENA, QUE NOS FIXERON VARIOS EXPERIMENTOS QUE PARECÍAN ... ¡MÁXIA!.
O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI O VOLCÁN PERO TAMÉN QUEDAMOS ABRAIADOS CO ARCO DA VELLA NO QUE ... ¡AS CORES NON SE MESTURABAN!, CO IMÁN, CO OVO QUE FLOTABA  E COA AUGA ¡QUE SUBÍA PARA ARRIBA!

MIRAAADE, MIRAAADE ...



¡MANUEL E CLARA MOITIIIISIMAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTES MOMENTOS E POR ENSINARNOS ESTES EXPERIMENTOS QUE FIXERON QUE QUEDARAMOS ABRAIADOS E EMOCIONADOS!

miércoles, 30 de noviembre de 2011

¡"G" DE GAUDÍ!

A SEMANA PASADA O NOSO AMIGO ARTE ENVIÓUNOS UNHA NOVA CARTA E ESTA VEZ ESTABA ACOMPAÑADA DA LETRA G DE GAUDÍ ASÍ QUE PREPARAMOS AS NOSAS PIZARRAS DIXITAIS E PROXECTAMOS DIFERENTES OBRAS DE GAUDÍ E … DE TODAS, A QUE MÁIS NOS CHAMOU A ATENCIÓN FOI ¡O DRAGÓN-SALAMANDRA DO PARQUE GÜELL! ASÍ QUE PREPARAMOS UNS ANAQUIÑOS DE PAPEIS DE CORES E CREAMOS … ¡AS SALAMANDRAS DO COLE DOS PELOUROS!


martes, 29 de noviembre de 2011

¡VISITA DA MAMÁ DE SARA G!

HOXE VISITÓUNOS NO COLE MONTSE, A MAMÁ DA PROTA SARA G., E VIU ... ¡CUNHAS PLANTAS!. PRIMEIRO AMOSÓUNOS A PLANTA, LOGO EXPLICÓUNOS COMO TIÑAMOS QUE FACER PARA PLANTALAS E AXUDÓUNOS A PREPARAR UNS TESTOS PARA LEVAR UNHA PLANTA ... ¡PARA A NOSA CASA!
MIRADE, MIRADE ...


POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS, POR AXUDARNOS A PREPARAR UNHAS BONITAS PLANTAS PARA DECORAR AS NOSAS CASAS, E ... POR COMPARTIR CON NÓS ESTES MARABILLOSOS MOMENTOS ...
¡MOITAS GRAZAS MONTSE!

¡VISITA DOS PAIS DE KEVIN!

HOXE TIVEMOS UNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS, DAVID E GABRIELA, O PAI E A NAI DO PROTA KEVIN, ESTIVERON NA NOSA AULA E CONTÁRONNOS UNS CONTOS QUE NOS GUSTARON ... ¡MOITIIIISIMO! E DÉRONNOS UNS AGASALLOS PARA A MERENDA.
MIRADE, MIRADE ...


¡GABRIELA E DAVID MOITAS GRAZAS POR FACER ESTE CONTACONTOS CARGADO DE BONITAS HISTORIAS CONTADAS CON MOITO CARIÑO!

jueves, 24 de noviembre de 2011

¡CUMPLES DE NOVEMBRO!

HOXE CELEBRAMOS QUE ELOY, AITOR, ROCÍO E ANXO
 ¡XA TEÑEN 4 ANOS!
FACÍA UNS CANTOS DÍAS QUE OS CUMPLEAÑEIROS ESTABAN ESPERANDO ESTE GRAN ACONTECEMENTO E HOXE POR FIN POIDERON DECORAR AS SÚAS COROAS E COMPARTIR CON TODOS NÓS UNS BISCOITOS MOI RICOS ¡MMMM....!

¡PARABÉNS AMIGUIÑ@S!


miércoles, 23 de noviembre de 2011

¡FRIDA KAHLO!

A SEMANA PASADA, NO NOSO ABECEDARIO ARTÍSTICO TRABALLAMOS A FRIDA KAHLO E DESPOIS DE INVESTIGAR MOITO SOBRE A SÚA VIDA E OBRA DECIDÍMONOS A FACER A NOSA PROPIA INTERPRETACIÓN DO CADRO QUE MÁIS NOS GUSTOU QUE FOI  ...
"VIVA LA VIDA"
 ASÍ QUE PREPARAMOS PINTURAS DE CORES E ESTAMPAMOS DIFERENTES FROITAS COAS QUE FIXEMOS UNHA BONITA COMPOSICIÓN QUE ESTÁ DECORANDO O CORREDOR E ENCHENDO OS NOSOS DÍAS DE COR.



martes, 22 de noviembre de 2011

¡VISITA DOS PAPÁS DE ADRIÁN!

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, MILA E MAXI, OS PAPÁS DO PROTA ADRIÁN, VISITARON A NOSA AULA E CON ELES FIXEMOS UNS BONITOS ADORNOS DE NADAL.
PRIMEIRO DECORAMOS UNS BONECOS DE NEVE E LOGO UNHA ÁRBORE CHEA DE BOLIÑAS DE CORES.
E ... UNHA VEZ PREPARADOS OS NOSOS ADORNOS DE NADAL, OS PAPÁS DE ADRIÁN, DÉRONNOS UNS AGASALLOS ... ¡MOI DOCES! ¡MMM ...!

MIRADE, MIRADE ...


POR ACHEGAR O NADAL A NOSA AULA,
POR AXUDARNOS A FRACER UNS BONITOS ADORNOS,
POR COMPARTIR CON NÓS ESTE MOMENTO,
POLA VOSA PACIENCIA E CARIÑO ...
¡MOITIIISIMAS GRAZAS MILA E MAXI!

martes, 15 de noviembre de 2011

¡VISITA DA MAMÁ DE XOEL!

NA HORA DE LER DE HOXE … ¡TIVEMOS UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL!. MERCHI, A MAMÁ DO PROTA XOEL, VIU A NOSA AULA PARA LERNOS E AMOSARNOS UNS PRECIOSOS LIBROS DE ELMER, DE OSOS, DE CAILLOU E ... ¡DO CORPO HUMANO!. DESPOIS DE COMPARTIR CON NÓS ESTE MARABILLOSO MOMENTO MERCHI AGASALLÓUNOS CUNS … ¡LAPIS CON LUPAS E BONECAS!
MIRADE, MIRADE...


POR ENCHER A NOSA AULA DE BONITAS HISTORIAS CONTADAS CON MOITO CARIÑO, POR CAMPARTIR ESTES MOMETOS CON NÓS, POR ISTO E MOITO MÁIS…
¡MOITAS GRAZAS MERCHI!

¡VISITA DA MAMÁ DE DANIEL!

HOXE ESTIVO NO COLE ISA, A MAMÁ DO PROTA DANIEL. PRIMEIRO ISA EXPLICÓUNOS QUE É UNHA BATEA E COMO FUNCIONA E DESPOIS ENSINÓUNOS FOTOS DE BATEAS E NELAS POIDEMOS VER COMO COLLEN AS CORDAS ...¡CUNHA GRÚA!
LOGO COLOREAMOS UNS MEXILLÓNS, COSÉMOLOS ÁS CORDAS E …
¡FIXEMOS UNHA BATEA ENTRE TODOS!

MIRADE, MIRADE…

 
POR ENSINARNOS COUSAS TAN INTERESANTES E POR COMPARTIR CON NÓS ESTE MARABILLOSO MOMENTO … QUEREMOS DICIR …
¡MOITISIMAS GRAZAS ISA!



jueves, 10 de noviembre de 2011

¡MAGOSTO!

HOXE CELEBRAMOS NO COLE O MAGOSTO, TAMÉN COÑECIDO POLOS PELOUROS COMO ...
"¡A FESTA DAS CASTAÑAS!"
COMO O TEMPO NON TIÑA BOA PINTA E COMEZOU A ESPINGALLAR UN POUCO, SUSPENDÉRONSE OS XOGOS QUE TIÑAMOS PROGRAMADOS, PERO ... AS 12:00 DA MAÑÁ XA ESTABAMOS LISTOS COS NOSOS BOLSIÑOS E PREPARADOS PARA CANTAR, COMER E BEBER ... ¡XUNTOS!
MIRADE QUE BEN O PASAMOS...

martes, 8 de noviembre de 2011

Hoxe viñeron ao cole MARTINA e ENRIQUE , a mamá e o papá do prota MIGUEL. Despois do recreo chegaron a nosa aula con papeis de cores, paus de madeira, abalorios ... que nos gustaron moitiiisimo, tanto que algúns non podían resistir a tentación de remexer en todas aquelas boliñas de cores. Despois de escoller as nosas cores decoramos os papeis, puxemos os nomes e con Martina e Enrique creamos uns tarabelos que xiraron co vento e encheron a aula de cor e sorrisos.



Dende aquí queremos dar as grazas a MARTINA e a ENRIQUE por compartir con nós este tempo e ensinarnos a crear estes bonitos tarabelos con tanto cariño.

lunes, 7 de noviembre de 2011

¡VISITA DA MAMÁ DE JAIME!

Hoxe tivemos a visita de CARLA, a mamá do noso prota JAIME, que nos ensinou a facer uns ¡preciosos marcos de fotos!.
Aínda que ao comezo non sabiamos que podíamos facer cunhas cantas pinzas da roupa, logo descubrimos que estas serven para facer arte con elas creando uns marcos nos que os nosos retratos ¡locen de marabilla!.
E ... deixóunos un conto co que nos sorprendeu porque ... ¡mide moitiiisimo! 
Mirade, mirade...

Por ensinarnos tantas cousas, pola túa paciencia e por compartir con nós este maravilloso momento ...
¡MOITAS GRAZAS CARLA!

viernes, 28 de octubre de 2011

¡"E" DE ESFINGE!

XA LEVAMOS TRABALLADO MOITO SOBRE ARTE CON MIGUEL ANGEL, CON BOTICELLI E COA CATEDRAL DE SANTIAGO E ESTA SEMANA O NOSO AMIGO ARTE ENVIÓUNOS UNHA NOVA CARTA COA LETRA "E" DE ESFINGE. DESPOIS DE CONSULTAR EN VÍDEOS E FOTOS HOXE DECIDÍMONOS A CREAR AS NOSAS PROPIAS ESFINGES.


MIRADE, MIRADE...



¡ESTAMOS FEITOS UNS ARTÍSTAS!

¡SAMAÍN!

HOXE REMATOU A SEMANA DO SAMAÍN NA QUE XUNTOS CANTAMOS "CORRE, CORRE CABACIÑA", PREPARAMOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS, FIXEMOS UNHAS BONITAS CARETAS E PARTICIPAMOS NUN CONXURO DE SAMAÍN AO QUE AS NOSAS CLASES DECIDIRON QUE SE ENGADISEN "4 RATOS E 5 SERPES" E "UNHA MAZÁ PODRE", PERO ... NON TIVEMOS MEDO PORQUE ...  ALGÚN PELOURO ESTIVO TODO O TEMPO REPETÍNDONOS: "SÓ É UN DEBUXO DE RATOS E SERPES NON TEÑADES MEDO QUE NON É DE VERDADE EH" ...



jueves, 27 de octubre de 2011

¡ANIVERSARIOS DE OUTUBRO!

HOXE CELABRAMOS QUE SORAYA, IRENE, XAVIER, MARÍA E ANDREA ¡XA TEÑEN 4 ANOS! ASÍ QUE PREPARAMOS TODO E XUNTÁMONOS NUNHA AULA PARA COMPARTIR... ¡UNS DELICIOSOS BISCOITOS E UN MARAVILLOSO MOMENTO!
 MIRADE, MIRADE ...


¡PARABÉNS AMIGUIÑ@S!

miércoles, 26 de octubre de 2011

¡ANIVERSARIO DE PAPIRUS!

HOXE ESTABAMOS INVITADOS AO ANIVERSARIO DE PAPIRUS QUE COÍNCIDE CO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. PERO COMO FIXO TAN MAL TEMPO NON POIDEMOS IR Á CASA DE PAPIRUS NO "BIBLIOCASTELO A PEDRA" ASÍ QUE ¡PAPIRUS BAIXOU AO NOSO COLE!.
NADA MÁIS CHEGAR, PAPIRUS XA NOS DIXO QUE MEDRARAMOS MOITO DENDE O SEU ANIVERSARIO DO ANO PASADO E TIÑA RAZÓN PORQUE COMO XA SOMOS TAN GRANDES AO VER A PAPIRUS AS NOSAS CARAS DE MEDO DO ANO PASADO CAMBIÁRONSE POR ¡UNS ENORRRMES SORRISOS!.
POR FIN POIDEMOS DARLLE OS NOSOS AGASALLOS, CANTARLLE CUMPLENOS FELIZ, ESCOITAR MOITAS COUSAS INTERESANTES DAS SÚA VIDA E RECIBIR UNS TERRORÍFICOS AGASAÑOS, EN FORMA DE CHUCHES DO SAMAÍN, QUE ¡NOS TRAÍA PAPIRUS DUNHA VIAXE!.

¡PAPIRUS MOITAS GRAZAS POLA VISITA! E ... ¡PARABÉNS AMIGUIÑO!

martes, 25 de octubre de 2011

¡TIVEMOS A VISITA DA MAMÁ DE PAULA!

HOXE ESTIVO NO COLE MARÍA, A MAMÁ DA NOSA PROTA PAULA QUE NOS ENSINOU A FACER UNHA MARIONETA ¡DIVERTIDIIIISIMA! E NOS REGALOU ¡UNHAS PIRULETAS PARA A MERENDA!
POLA TÚA PACIENCIA, POR COMPARTIR CON NÓS ESTOS MOMENTOS E POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS…
¡MOITAS GRAZAS MARÍA!


¡VISITOUNOS A MAMÁ DE ROI!

HOXE TIVEMOS A VISITA DA MAMÁ DO PROTA ROI, QUE SE CHAMA BERTA QUE NOS CONTOU MOITAS COUSAS DA ESTACIÓN DO ANO NA QUE ESTAMOS, O OUTONO, E CUN FROITO DO OUTONO (CÁSCARA DE NOZ) FIXEMOS UNHAS MANUALIDADES DE RATOS E TARTARUGAS.
TODOS DISFRUTAMOS MOITO E APRENDEMOS MOITAS COUSAS DESTES ANIMAIS.
MIRADE, MIRADE...


¡MOITAS GRAZAS BERTA POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS!

martes, 18 de octubre de 2011

¡VISITOUNOS A MAMÁ DE AITANA!

HOXE TIVEMOS A VISITA DE BELÉN A MAMÁ DA NOSA PROTA AITANA. COMO ESTAMOS TRABALLANDO CO ARTE POIDEMOS DESCUBRIR QUE ELA TAMÉN PODE SER UNHA ARTISTA PERO NESTE CASO ... ¡UNHA ARTISTA MUSICAL! XA QUE VIU CUN PIANO E ... ¡ FÍXONOS MÚSICA!.
AS CANCIÓNS QUE MÁIS NOS GUSTARON FORON "JINGLE BELLS" E " CUMPLEANOS FELIZ", AÍNDA QUE A PROFE TOÑI DESFRUTOU MÁIS COA "BALADA PARA ELISA" DE BEETHOVEN.

¡¡MOITAS GRAZAS BELÉN POLA VISITA E POR ENCHER O NOSO COLE DE FERMOSAS MELODÍAS!!



miércoles, 12 de octubre de 2011

¡POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE!

AS PROFES COLOCAMOS UNHA PANCARTA NO COLE PORQUE CREEMOS NUNHA ESCOLA PÚBLICA DE TOD@S E PARA TOD@S E TRABALLAMOS POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE.


De POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE

¡VIÑERON AO COLE OS PAIS DE LAURA!

HOXE OS PAIS DE LAURA, JUÁN E MELISSA, ESTIVERON NA NOSA CLASE E CON ELES FIXEMOS ... ¡MOITAS COUSAS!
A MAMÁ DE LAURA FALÓUNOS DO SEU TRABALLO E ENSINÓUNOS COMO SE REBOZAN OS CALAMARES, PRIMEIRO REPARTÍUNOS OS INGREDIENTES (FARIÑA, OVOS E CALAMARES) E DESPOIS DE POÑER OS GUANTES XA ESTABAMOS LISTOS PARA REBOZAR E ... ANQUE AO PRINCIPIO NON SABÍAMOS QUE FACER DESPOIS DUN TEMPO ¡XA NOS CONVERTÍRAMOS EN EXPERTOS!.
DESPOIS DE TANTO TRABALLAR POIDEMOS DISFRUTAR DE DOS CONTOS DE "EL RETORNO DE VILLARINA" E "O LIBRO DA ILLA DE ONS" QUE NOS GUSTARON MOITIIISIMO.
E ... POR ÚLTIMO INVITÁRONNOS A UNHAS FILLOAS QUE ESTABAN MMMMM.... ¡BOÍSIMAS! E ... REGALÁRONNOS ... ¡UNHAS PIRULETAS QUE LEVAMOS PARA A MERENDA!
MIRADE, MIRADE...


¡MELISSA E JUÁN ,MOITAS GRAZAS POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS E COMPARTIR CON NÓS ESTES MOMENTOS!

martes, 11 de octubre de 2011

¡VISITÓUNOS A MAMÁ DE SARA C!

HOXE VISITOUNOS MARÍA, A MAMÁ DE SARA CURRA E FALÓUNOS DA SÚA PROFESIÓN, DO IMPORTANTE QUE SON OS NÚMEROS E AS MEDIDAS PARA OS ¡ARQUITECTOS! E ... PARARSE A PENSAR ANTES DE ELABORAR OS PLANOS DO QUE SE QUERE CONSTRUÍR. ADEMAIS CONTÓUNOS O CONTO DE "UNHA CASA A MEDIDA" QUE NOS GUSTOU MOITIIISIMO.
E ...DESPOIS ...¡CONSTRUÍMOS UNHA CIDADE!. ENTRE TODOS PREPARAMOS AS PEZAS E ... PUXÉMONOS MANS Á OBRA, TENDO EN CONTA TODOS OS ELEMENTOS, FIXEMOS ESTRADAS, UN XADÍN ¡CUNHA ESCULTURA!, UN COLEXIO, UN MERCADO E OS EDIFICIOS AOS QUE CADA UN ENGADIU OS PISOS QUE QUERÍA.
¡NAS FOTOS PODEREDES VER O RESULTADO!


DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A MARÍA POLA SÚA PACIENCIA E POR... ¡ENSINARNOS TANTAS COUSAS!

jueves, 6 de octubre de 2011

¡RECIBIMOS UNHA CARTA!

CANDO CHEGAMOS AO COLE ATOPAMOS NA ALFOMBRA ... ¡UNHA CARTA E UNHA CAIXA!. AO FIXARNOS NO SOBRE DESCUBRIMOS QUE A CARTA ERA PARA NÓS E QUE FORA ENVIADA POR ALQUÉN CHAMADO ... ¡ARTE!. COMPROBAMOS O NOME E O ENDEREZO DO COLE ... E ... ¡SI, ERA PARA NÓS!, DESPOIS DUN BO TEMPO ¡AÍNDA NON O PODÍAMOS CRER! PERO ... FINALMENTE DECIDIMOS ABRILA E POÑÍA:

QUERIDOS NENOS E NENAS DO COLE DE A PEDRA:

SON ARTE. ENVÍOVOS ESTA CARTA PORQUE QUEDEI MOI ABRAIADO CANDO DESCUBRÍN QUE NA VOSA CLASE HAI MOITAS OBRAS DE ARTE. SODES UNS NENOS E NENAS CON MOITA IMAXINACIÓN, SEI QUE VOS GUSTA DEBUXAR E QUÉROVOS AXUDAR.

POR TODO ISTO REGÁLOVOS UNHA CAIXA COA MIÑA FOTO NA QUE COLOCAREI UNHA IMAXE, PORQUE …

“UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS”

CON ESA PIZARRA DIXITAL TAN BONITA QUE TENDES, PODEREDES INVESTIGAR MÁIS COUSAS SOBRE CADA OBRA QUE VOS DEIXE.

ESPERO QUE VOS GUSTEN OS MEUS AGASALLOS.

UNHA APERTA

ARTE

De ¡RECIBIMOS UNHA CARTA!



ASÍ QUE DESPOIS DE LER A CARTA COMEZAMOS A INVESTIGAR SOBRE A OBRA DE ARTE QUE NOS ENVIOU O NOSO AMIGO ARTE E CON ELA COMEZAMOS UN ABECEDARIO QUE CADA SEMANA TRAERÁ OBRAS DE PINTURA, ESCULTURA OU ARQUITECTURA AO ... ¡MUNDO ... DOS PELOUROS! .
MIRADE, MIRADE...

jueves, 29 de septiembre de 2011

¡CUMPLES DE AGOSTO E SETEMBRO!

¡HOXE POR FIN CELEBRAMOS OS PRIMEIROS CUMPLES DO CURSO!
¡DIEGO F., DIEGO G., AROHA, IAGO, UNAI, MARCOS E JONATHAN
XA TEÑEN 4 ANOS!

AO CHEGAR AO COLE XA ESTABAMOS UN POUCO NERVIOSOS E A MEDIDA QUE EMPEZABAN OS PREPARATIVOS XA SE ESCOITABA A ALGÚN NENO DE CUMPLE QUE SE CANTABA A SÍ MESMO A CANCIÓN "CUMPLEAÑOS FELIZ" PORQUE ... NON LLE DABA CHEGADO A HORA DESTE ... ¡GRAN ACONTECEMENTO!.
DESPOIS DE PREPARAR OS BISCOITOS, AS COROAS E AS VELAS, TODOS XUNTOS POIDEMOS CANTAR A CANCIÓN DOS CUMPLES AOS NOSOS COMPAÑEIR@S E COMPARTIR CON ELES UNS ... ¡DELICIOOOOSOSSS BISCOITOS!


¡PARABÉNS AMIGUIÑOS!

lunes, 12 de septiembre de 2011

¡XA ESTAMOS EN 4 ANOS!

HOXE POR FIN EMPEZOU O COLE E NEL ATOPAMONOS COS AMIG@S COS QUE TANTO QUERÍAMOS ESTAR. TIÑAMOS TANTAS COUSAS QUE FALAR SOBRE AS VACACIÓNS QUE ... ¡CASE NON NOS CHEGA A MAÑÁ!.
AS PROFES CONTÁRONNOS QUE ESTE ANO IMOS FACER UN ABECEDARIO DE ARTE ENTRE TODOS. ASÍ QUE PRIMEIRO PLANTEXÁMONOS A CUESTIÓN DE ...
¿QUE É A ARTE?.
AS FAMILIAS TAMÉN PODEDES PARTICIPAR E DEIXAR A VOSA RESPOSTA NO BLOG CONTÁNDONOS QUE É ARTE PARA VÓS.
OS NENOS E NENAS, NUNHA PRIMEIRA APROXIMACIÓN DIXERON QUE ARTE  É ...
"PINTAR ... ¡CON PINCEL!"
PERO ARTE SON MOITAS COUSAS QUE IREMOS DESCUBRINDO ... ¡XUNTOS!
BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO NO QUE ... ¡SEREMOS UNS ARTÍSTAS!




¡AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS NA NOSA AULA DE 4 ANOS!

jueves, 8 de septiembre de 2011

¡POR FIN EMPEZA O COLE!

ESPERAMOS QUE TIVERADES UNHAS BOAS VACACIÓNS E QUE VEÑADES CON MOITAS GANAS DE EMPEZAR UNHA NOVA AVENTURA.
AS PROFES ESTAMOS DESEXANDO VOLVER A ESTAR CON VÓS. ESTIVEMOS PREPARANDO TODO PARA RECIBIROS.
ESTE ANO NOS AGARDAN MOITAS SORPRESAS ... ¡ARTÍSTICAS!.
O COLE COMEZA O VINDEIRO LUNS 12 DE SETEMBRO EN HORARIO NORMAL DE 9:10 A 14:00
¡AQUÍ VOS ESPERAMOS!
UNHA APERTA

miércoles, 22 de junio de 2011

¡FELICES VACACIÓNS!

ESTE CURSO PASOU VOANDO, AÍNDA PARECE QUE FOI ONTE CANDO NOS ATOPAMOS POR PRIMEIRA VEZ E XA TEMOS UNHA MOREA DE COUSAS COMPARTIDAS.
OS NENOS E NENAS APRENDERON MOITAS COUSAS NOVAS ASÍ QUE MERECEN UNHAS LONGAS VACACIÓNS. XA SABEDES QUE NO PRÓXIMO CURSO, COMO XA TENDES 4 ANOS, SUBIMOS AO PISO DE ARRIBA ASÍ QUE ... O 12 DE SETEMBRO ... ¡AHÍ VOS ESPERAMOS! . MENTRES TANTO SÓ QUEREMOS DICIR ...


POLA VOSA ENERXÍA, POLA VOSA CREATIVIDADE, POLOS VOSOS SORRISOS, POLAS VOSAS GANAS DE APRENDER E POLO MOITO QUE APRENDEMOS DE VOS ...
GRAZAS A TOD@S OS PELOUROS

E...

POLOS VOSAS APORTACIÓNS, POLA VOSA AXUDA,
POLO VOSO APOIO,
POR TODO O QUE COLOBORÁSTEDES ...
POR ISTO E MOITO MÁIS...
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS

 


¡FELICES VACACIÓNS!

martes, 21 de junio de 2011

¡FESTIVAL FIN DE CURSO!

HOXE POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA...
¡O FESTIVAL DE FIN DE CURSO!
ASÍ QUE CANDO CHEGAMOS AO COLE COLGAMOS OS NOSOS ANIMAIS E SAÍMOS CARA O IES JOHAN CARBALLEIRA PREPARADOS PARA A NOSA GRAN ACTUACIÓN...
¡DIME QUE FIXECHES!

MIRADE, MIRADE...



¡GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR VIR A AXUDARNOS, ACOMPAÑARNOS E POR DISFRUTAR CONNOSCO!

viernes, 17 de junio de 2011

¡NEW ZEALAND!

¡ DENDE ROTORUA ATA BUEU!
DESPOIS DE INVESTIGAR E DESCUBRIR MOITAS COUSAS DE NOVA ZELANDA, HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL.   NIK ESTIVO ESTA MAÑÁ NO COLE PARA CONTARNOS MOITAS COUSAS DO SEU PAÍS.
ANQUE AO COMEZO ESTABAMOS UN POUCO TÍMIDOS DESPOIS ANIMÁMONOS A PREGUNTAR MOITAS COUSAS:

- "¿DONDE VIVES?"
- "¿LLEGASTE EN BARCO?"
- "¿TE QUEDASTE DORMIDO EN EL AVIÓN?"
- "¿HAY LEONES?"
- "¿QUIÉN COME LOS HUEVOS DE LOS KIWIS PÁJARO?"
- "¿CANTAS ISLAS HAY?"
...
NIK CONTÓUNOS MOITAS COUSAS INTERESANTES E SINALOUNOS O SEU PÁIS NUNHA BÓLA DO MUNDO. ADEMAIS DEBUXÓUNOS COUSAS TÍPICAS DO SEU PAÍS E FALOUNOS DOS KIWIS PAXARO, DAS QUENLLAS, DO HAKA, DOS VOLCÁNS, DAS OVELLAS, DO RUGBY E DA COMIDA.
A VISITA DE NIK CAUSOU MOITA EMOCIÓN E CANDO REPASAMOS O QUE APRENDERAMOS ESCOITÁRONSE OS SEGUINTES COMENTARIOS:

- "NIK ERA GRANDE"
- "SÍ, SI LO COGES EN EL COLO PESA MUCHO"
-"LOS QUE MÁS ME GUSTÓ, LO DE LOS TIBURONES"
- "SÍ, LOS TIBURONES"
- "HAY MUCHAS OVEJAS Y POCOS PÁJAROS KIWI"
- "SÍ, MÁS OVEJAS QUE PERSONAS"
- "VIVE EN NOVA ZELANDA"
- "PERO ERA GUAPO, EH¡"
-"SÍ, ERA GUAPÍSIMO"
...

¡MOITAS GRAZAS NIK!
 
 

jueves, 16 de junio de 2011

¡CUMPLES DE XUÑO E XULLO!

HOXE PREPARAMOS A AULA PARA CELEBRAR UN GRAN ACONTECEMENTO ...
 ¡OS CUMPLES DE JIMENA, SARA L., HUGO E KEVIN!.
ASÍ QUE PREPARAMOS AS VOCES PARA CANTAR, AS CANDEAS PARA SOPLAR E A BOCA PARA COMER UNS ROSCÓNS QUE ESTABAN ¡MMMMMMMM....! BOÍSIMOSSS...

¡PARABÉNS AMIGUIÑ@S!

miércoles, 8 de junio de 2011

¡SAÍDA DE FIN DE CURSO!

POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA, ¡HOXE SAÍMOS DE EXCURSIÓN!
ÁS 9.30 XA ESTABAMOS LISTOS PARA SUBIR AO BUS E SAÍR CARA MARÍN. A PRIMEIRA PARADA FOI A SALA MULTIUSOS DO MERCADO DE ABASTOS DE MARÍN ONDE AISTIMOS A UNHA EXPOSICIÓN TITULADA "GALICIA, CONSERVANDO A NATUREZA" ORGANIZADA POLA CONCELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE DO CONCELLO DE MARÍN,  DA QUE NOS LEVAMOS MOITOS COÑECEMENTOS E AGASALLOS. DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A PILAR BLANCO POLA SÚA COLABORACIÓN.
LOGO DE ESCOITAR A EXPLICACIÓN SOBRE A NATUREZA XA ESTABAMOS PREPARADOS PARA VISITAR A GRANXA DE BRIZ E POÑER EN PRÁCTICA TODO O QUE APRENDIMOS PARA COIDAR O MEDIO AMBIENTE.
DESPOIS DE FACER UNHA PARADIÑA PARA COMER OS GUSANITOS COS QUE NOS AGASALLARON POIDEMOS DISFRUTAR DO PARQUE DOS SENTIDOS ONDE MERENDAMOS, TOCAMOS INSTRUMENTOS, E XOGAMOS, XOGAMOS E XOGAMOS...
TODOS ESTABAMOS DE ACORDO, EN BRIZ DESCUBRIMOS UN LUGAR INCRIBLE, ANQUE ... O QUE ARRASOU NAS VOTACIÓNS DE "O QUE MÁS ME GUSTOU DA SAÍDA..." FORON ... ¡OS TOBOGÁNS!.

MIRADE, MIRADE ...


¡¡MOIIIIIIIITISIMASSSSS GRAZAS A TOD@S OS QUE NOS AXUDARON E ACOMPAÑARON NESTE DÍA TAN ESPECIAL!!







viernes, 3 de junio de 2011

¡FIXEMOS MACEDONIA!

DESPOIS DE PREPARAR A RECEITA E DE REPARTIR OS INGREDIENTES QUE NOS TOCARON, HOXE POR FIN FIXEMOS A NOSA MACEDONIA. REPASAMOS OS PASOS QUE TIÑAMOS QUE SEGUIR E ... ¡ MANS A FROITA!. TODOS TRABALLAMOS XUNTOS PARA PREPARAR UNHA MERENDA DELICIOOOOOSA, TANTO QUE ALGÚNS REPETIRON ¡ATA 3 VECES!.
Á HORA DA SAÍDA ALGÚNS XA NON RECORDABAN COMO SE CHAMABA O QUE FIXERAMOS PERO SI SE ESCOITABAN COMENTARIOS COMO...

"AQUILO QUE COCIÑAMOS, EEEE...COMO SE CHAMABA?, BUENO, ESTABA RIQÍIISIMO, VERDAD?"

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN


viernes, 27 de mayo de 2011

¡CONTACONTOS DE KALANDRAKA!

HOXE DISFRUTAMOS DUN MARAVILLOSO CONTACONTOS NO QUE SE FIXO UN REPASO DE VARIOS LIBROS PUBLICADOS POLA EDITORIAL KALANDRAKA QUE FORON ACOMPAÑADOS DUNHA BANDA SONORA DE FONDO.
OS NENOS E NENAS QUEDARON ABRAIADOS AO DESCUBRIR QUE, COA SÚA MAXIA , PODÍAN SACAR DA CESTA UNS FERMOSOS CONTOS.
¡GRAZAS POR REGALARNOS ESTAS HISTORIAS MUSICADAS E UNS BONITOS MARCAPÁXINAS DE RECORDO!


AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTOS PARA QUE VEXADES O BEN QUE O PASAMOS E O ATENTOS QUE ESTÁBAMOS:

jueves, 26 de mayo de 2011

¡CUMPLES DE MAIO!

HOXE CELEBRAMOS OS CUMPLES DE JUÁN E SARA GIL QUE XA TEÑEN 4 ANOS. Á HORA DA MERENDA PREPARAMOS AS COROAS, SOPLARON AS VELAS, CANTAMOS E COMEMOS UNHA ROSCA E UNHAS MAGDALENAS BOÍSIMASSSS, ¡MMMM ...!
¡¡ESPERAMOS QUE CUMPLADES MOIIIITOS MÁIS!!
 
 
¡PARABÉNS AMIGOS!

lunes, 23 de mayo de 2011

TEATRO: "O PAXARO MÁXICO"

DESPOIS DE MERENDAR UNHAS SABOROSAS GALLETAS ... SAÍMOS CARA O CENTRO SOCIAL DO MAR PARA ASISTIR A UNHA OBRA DE TÍTERES A CARGO DA COMPAÑÍA TARABELOS.
AÍNDA QUE AO COMEZO A HISTORIA CHEIRABA A ... ¡PRINCESAS! NELA  POIDEMOS COÑECER A SABELA UNHA NENA QUE, COA AXUDA DUN PAXARO, CONSEGUIU ROMPER O FEITIZO DO MAGO E ATOPAR AO SEU PRÍNCIPE.
GRAZAS A ESTEBAN ACUÑA POIDEMOS DISFRUTAR DUNHA CHEA DE PERSONAXES QUE PROTAGONIZARON UN GRAN CONTO SACADO DUNHA PEQUENA MALETA VIAXEIRA.
¡MIRADE QUE BONITO!


¡GRAZAS AS MAMÁS QUE NOS ACOMPAÑARON E AXUDARON NESTA MAÑÁ DE CONTO! 


miércoles, 4 de mayo de 2011

CORRELINGUA

 Á PRIMEIRA HORA DA MAÑA PUXEMOS AS CAMISETAS, QUE PREPARAMOS CON FERMOSAS PALABRAS EN GALEGO, E SAÍMOS CARA A PRAZO DO CONCELLO PARA ASISTIR AO CORRELINGUA 2011.
CANDO CHEGAMOS Á PRAZA XUNTÁMONOS COS DEMAIS NENOS E NENAS DE COLES DE O MORRAZO E PARTICIPAMOS EN DIFERENTES OBRADOIROS.
PINTAMOS COS DEDOS (OU ... NALGÚNS CASOS COAS MÁNS E OS BRAZOS...) AS LETRAS QUE FORMAN O LEMA DA FESTA, DESPOIS DE PASAR POR UN CIRCUITO QUE ATOPAMOS POLO CAMIÑO, BAILAMOS E XOGAMOS CON AROS NOS QUE TIÑAMOS QUE ENTRAR AO PARAR A MÚSICA...¡FOI MOI DIVERTIDO! E DESPOIS DE PASAR OUTRO CAMIÑO DE SALTOS ATOPAMOS UN SITIÑO PARA MERENDAR.
XA CANSOS DE XOGAR SEN PARAR DISFRUTAMOS DUNHA DEGUSTACIÓN DE LEITE FRESCO QUE COAS GALLETAS QUE LEVABAN AS PROFES FIXO UNHA MERENDA ¡¡MMMMMMM .... BOÍIIIIISOMA!!
PARA REMATAR A FESTA ASISTIMOS AO CONERTO DE PABLO DÍAZ E A BANDA TIC TAC COS QUE BAILAMOS, CANTAMOS E DISFRUTAMOS ...
¡XUNTOS!

E ... DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODAS AS MAMÁS E PAPÁS QUE NOS ACOMPAÑARON E AXUDARON, ¡ESTE DÍA NON SERÍA IGUAL SEN A VOSA AXUDA!
¡GRAZAS!




viernes, 29 de abril de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

¡HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL NO COLE!
OS NENOS E NENAS DE 1º FORON OS NOSOS ¡PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES!. DESPOIS DE PRESENTARNOS SAÍMOS AO PATIO PARA ESCOITAR O CONTO DE "CONTÍN CONTÓN" DA MAN DOS NENOS E NENAS QUE NOS APADRIÑARON. E... PARA REMATAR A XORNADA HUGO, DO 1º CURSO, LEVOU A CABO UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS COA QUE NOS ABRAIOU A TOD@S.
¡MIRADE QUE ATENTOS ESTABAMOS!




¡MOITAS GRAZAS A TOD@S POR ESTE FERMOSO AGASALLO!

jueves, 28 de abril de 2011

¡ANIVERSARIOS DE ABRIL!

¡ADRIÁN E DANIEL XA TEÑEN 4 ANOS!
HOXE CELEBRAMOS NO COLE OS ANIVERSARIOS DO MES DE ABRIL E XUNTOS DISFRUTAMOS DUNS BISCOITOS, RIQUIIIIISIMOSSSS, AOS QUE NOS INVITARON OS NOSOS COMPAÑEIROS.



¡PARABÉNS AMIGOS!

jueves, 31 de marzo de 2011

¡CUMPLES DE MARZO!

¡HOXE CELEBRAMOS OS CUMPLES DE PAULA, XOEL E MIGUEL!
AÍNDA QUE, AO COMEZO DO DÍA, ALGÚN DOS PROTAS NON ESTABA MOI SEGURO DE QUERER FESTA ... CANDO SE ACHEGOU A HORA A COUSA FOISE ANIMANDO E ...  TODOS CELEBRAMOS QUE ...
¡PAULA, XOEL E MIGUEL XA TEÑEN 4 ANOS!
ASÍ QUE PREPARAMOS AS VELAS, CANTAMOS E DISFRUTAMOS XUNTOS COMENDO UN GRAN BISCOITO ¡¡MMMMM...!!
¡PARABÉNS AMIG@S!