viernes, 28 de octubre de 2011

¡"E" DE ESFINGE!

XA LEVAMOS TRABALLADO MOITO SOBRE ARTE CON MIGUEL ANGEL, CON BOTICELLI E COA CATEDRAL DE SANTIAGO E ESTA SEMANA O NOSO AMIGO ARTE ENVIÓUNOS UNHA NOVA CARTA COA LETRA "E" DE ESFINGE. DESPOIS DE CONSULTAR EN VÍDEOS E FOTOS HOXE DECIDÍMONOS A CREAR AS NOSAS PROPIAS ESFINGES.


MIRADE, MIRADE...



¡ESTAMOS FEITOS UNS ARTÍSTAS!

¡SAMAÍN!

HOXE REMATOU A SEMANA DO SAMAÍN NA QUE XUNTOS CANTAMOS "CORRE, CORRE CABACIÑA", PREPARAMOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS, FIXEMOS UNHAS BONITAS CARETAS E PARTICIPAMOS NUN CONXURO DE SAMAÍN AO QUE AS NOSAS CLASES DECIDIRON QUE SE ENGADISEN "4 RATOS E 5 SERPES" E "UNHA MAZÁ PODRE", PERO ... NON TIVEMOS MEDO PORQUE ...  ALGÚN PELOURO ESTIVO TODO O TEMPO REPETÍNDONOS: "SÓ É UN DEBUXO DE RATOS E SERPES NON TEÑADES MEDO QUE NON É DE VERDADE EH" ...



jueves, 27 de octubre de 2011

¡ANIVERSARIOS DE OUTUBRO!

HOXE CELABRAMOS QUE SORAYA, IRENE, XAVIER, MARÍA E ANDREA ¡XA TEÑEN 4 ANOS! ASÍ QUE PREPARAMOS TODO E XUNTÁMONOS NUNHA AULA PARA COMPARTIR... ¡UNS DELICIOSOS BISCOITOS E UN MARAVILLOSO MOMENTO!
 MIRADE, MIRADE ...


¡PARABÉNS AMIGUIÑ@S!

miércoles, 26 de octubre de 2011

¡ANIVERSARIO DE PAPIRUS!

HOXE ESTABAMOS INVITADOS AO ANIVERSARIO DE PAPIRUS QUE COÍNCIDE CO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. PERO COMO FIXO TAN MAL TEMPO NON POIDEMOS IR Á CASA DE PAPIRUS NO "BIBLIOCASTELO A PEDRA" ASÍ QUE ¡PAPIRUS BAIXOU AO NOSO COLE!.
NADA MÁIS CHEGAR, PAPIRUS XA NOS DIXO QUE MEDRARAMOS MOITO DENDE O SEU ANIVERSARIO DO ANO PASADO E TIÑA RAZÓN PORQUE COMO XA SOMOS TAN GRANDES AO VER A PAPIRUS AS NOSAS CARAS DE MEDO DO ANO PASADO CAMBIÁRONSE POR ¡UNS ENORRRMES SORRISOS!.
POR FIN POIDEMOS DARLLE OS NOSOS AGASALLOS, CANTARLLE CUMPLENOS FELIZ, ESCOITAR MOITAS COUSAS INTERESANTES DAS SÚA VIDA E RECIBIR UNS TERRORÍFICOS AGASAÑOS, EN FORMA DE CHUCHES DO SAMAÍN, QUE ¡NOS TRAÍA PAPIRUS DUNHA VIAXE!.

¡PAPIRUS MOITAS GRAZAS POLA VISITA! E ... ¡PARABÉNS AMIGUIÑO!

martes, 25 de octubre de 2011

¡TIVEMOS A VISITA DA MAMÁ DE PAULA!

HOXE ESTIVO NO COLE MARÍA, A MAMÁ DA NOSA PROTA PAULA QUE NOS ENSINOU A FACER UNHA MARIONETA ¡DIVERTIDIIIISIMA! E NOS REGALOU ¡UNHAS PIRULETAS PARA A MERENDA!
POLA TÚA PACIENCIA, POR COMPARTIR CON NÓS ESTOS MOMENTOS E POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS…
¡MOITAS GRAZAS MARÍA!


¡VISITOUNOS A MAMÁ DE ROI!

HOXE TIVEMOS A VISITA DA MAMÁ DO PROTA ROI, QUE SE CHAMA BERTA QUE NOS CONTOU MOITAS COUSAS DA ESTACIÓN DO ANO NA QUE ESTAMOS, O OUTONO, E CUN FROITO DO OUTONO (CÁSCARA DE NOZ) FIXEMOS UNHAS MANUALIDADES DE RATOS E TARTARUGAS.
TODOS DISFRUTAMOS MOITO E APRENDEMOS MOITAS COUSAS DESTES ANIMAIS.
MIRADE, MIRADE...


¡MOITAS GRAZAS BERTA POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS!

martes, 18 de octubre de 2011

¡VISITOUNOS A MAMÁ DE AITANA!

HOXE TIVEMOS A VISITA DE BELÉN A MAMÁ DA NOSA PROTA AITANA. COMO ESTAMOS TRABALLANDO CO ARTE POIDEMOS DESCUBRIR QUE ELA TAMÉN PODE SER UNHA ARTISTA PERO NESTE CASO ... ¡UNHA ARTISTA MUSICAL! XA QUE VIU CUN PIANO E ... ¡ FÍXONOS MÚSICA!.
AS CANCIÓNS QUE MÁIS NOS GUSTARON FORON "JINGLE BELLS" E " CUMPLEANOS FELIZ", AÍNDA QUE A PROFE TOÑI DESFRUTOU MÁIS COA "BALADA PARA ELISA" DE BEETHOVEN.

¡¡MOITAS GRAZAS BELÉN POLA VISITA E POR ENCHER O NOSO COLE DE FERMOSAS MELODÍAS!!



miércoles, 12 de octubre de 2011

¡POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE!

AS PROFES COLOCAMOS UNHA PANCARTA NO COLE PORQUE CREEMOS NUNHA ESCOLA PÚBLICA DE TOD@S E PARA TOD@S E TRABALLAMOS POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE.


De POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE

¡VIÑERON AO COLE OS PAIS DE LAURA!

HOXE OS PAIS DE LAURA, JUÁN E MELISSA, ESTIVERON NA NOSA CLASE E CON ELES FIXEMOS ... ¡MOITAS COUSAS!
A MAMÁ DE LAURA FALÓUNOS DO SEU TRABALLO E ENSINÓUNOS COMO SE REBOZAN OS CALAMARES, PRIMEIRO REPARTÍUNOS OS INGREDIENTES (FARIÑA, OVOS E CALAMARES) E DESPOIS DE POÑER OS GUANTES XA ESTABAMOS LISTOS PARA REBOZAR E ... ANQUE AO PRINCIPIO NON SABÍAMOS QUE FACER DESPOIS DUN TEMPO ¡XA NOS CONVERTÍRAMOS EN EXPERTOS!.
DESPOIS DE TANTO TRABALLAR POIDEMOS DISFRUTAR DE DOS CONTOS DE "EL RETORNO DE VILLARINA" E "O LIBRO DA ILLA DE ONS" QUE NOS GUSTARON MOITIIISIMO.
E ... POR ÚLTIMO INVITÁRONNOS A UNHAS FILLOAS QUE ESTABAN MMMMM.... ¡BOÍSIMAS! E ... REGALÁRONNOS ... ¡UNHAS PIRULETAS QUE LEVAMOS PARA A MERENDA!
MIRADE, MIRADE...


¡MELISSA E JUÁN ,MOITAS GRAZAS POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS E COMPARTIR CON NÓS ESTES MOMENTOS!

martes, 11 de octubre de 2011

¡VISITÓUNOS A MAMÁ DE SARA C!

HOXE VISITOUNOS MARÍA, A MAMÁ DE SARA CURRA E FALÓUNOS DA SÚA PROFESIÓN, DO IMPORTANTE QUE SON OS NÚMEROS E AS MEDIDAS PARA OS ¡ARQUITECTOS! E ... PARARSE A PENSAR ANTES DE ELABORAR OS PLANOS DO QUE SE QUERE CONSTRUÍR. ADEMAIS CONTÓUNOS O CONTO DE "UNHA CASA A MEDIDA" QUE NOS GUSTOU MOITIIISIMO.
E ...DESPOIS ...¡CONSTRUÍMOS UNHA CIDADE!. ENTRE TODOS PREPARAMOS AS PEZAS E ... PUXÉMONOS MANS Á OBRA, TENDO EN CONTA TODOS OS ELEMENTOS, FIXEMOS ESTRADAS, UN XADÍN ¡CUNHA ESCULTURA!, UN COLEXIO, UN MERCADO E OS EDIFICIOS AOS QUE CADA UN ENGADIU OS PISOS QUE QUERÍA.
¡NAS FOTOS PODEREDES VER O RESULTADO!


DENDE AQUÍ QUEREMOS DAR AS GRAZAS A MARÍA POLA SÚA PACIENCIA E POR... ¡ENSINARNOS TANTAS COUSAS!

jueves, 6 de octubre de 2011

¡RECIBIMOS UNHA CARTA!

CANDO CHEGAMOS AO COLE ATOPAMOS NA ALFOMBRA ... ¡UNHA CARTA E UNHA CAIXA!. AO FIXARNOS NO SOBRE DESCUBRIMOS QUE A CARTA ERA PARA NÓS E QUE FORA ENVIADA POR ALQUÉN CHAMADO ... ¡ARTE!. COMPROBAMOS O NOME E O ENDEREZO DO COLE ... E ... ¡SI, ERA PARA NÓS!, DESPOIS DUN BO TEMPO ¡AÍNDA NON O PODÍAMOS CRER! PERO ... FINALMENTE DECIDIMOS ABRILA E POÑÍA:

QUERIDOS NENOS E NENAS DO COLE DE A PEDRA:

SON ARTE. ENVÍOVOS ESTA CARTA PORQUE QUEDEI MOI ABRAIADO CANDO DESCUBRÍN QUE NA VOSA CLASE HAI MOITAS OBRAS DE ARTE. SODES UNS NENOS E NENAS CON MOITA IMAXINACIÓN, SEI QUE VOS GUSTA DEBUXAR E QUÉROVOS AXUDAR.

POR TODO ISTO REGÁLOVOS UNHA CAIXA COA MIÑA FOTO NA QUE COLOCAREI UNHA IMAXE, PORQUE …

“UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS”

CON ESA PIZARRA DIXITAL TAN BONITA QUE TENDES, PODEREDES INVESTIGAR MÁIS COUSAS SOBRE CADA OBRA QUE VOS DEIXE.

ESPERO QUE VOS GUSTEN OS MEUS AGASALLOS.

UNHA APERTA

ARTE

De ¡RECIBIMOS UNHA CARTA!



ASÍ QUE DESPOIS DE LER A CARTA COMEZAMOS A INVESTIGAR SOBRE A OBRA DE ARTE QUE NOS ENVIOU O NOSO AMIGO ARTE E CON ELA COMEZAMOS UN ABECEDARIO QUE CADA SEMANA TRAERÁ OBRAS DE PINTURA, ESCULTURA OU ARQUITECTURA AO ... ¡MUNDO ... DOS PELOUROS! .
MIRADE, MIRADE...