miércoles, 18 de diciembre de 2013

OS PELOUROS IMOS A CORREOS

 

No mundo dos contos e dos cativos ,
 xa chegou o Nadal.
Todos xuntos, moi contentos, 
imos mandar unha postal.
Os Pelouros despaciño,
todos xuntos, moi atentos,
imos todos camiñando,
para ata correos acercarnos , 
botar a postal no buzón ,
e voltar a escola .......

 






domingo, 15 de diciembre de 2013

Incy Wincy spider

Os pequenos Pelouros ,xa saben algunha pequena canción en inglés, cantade na casa cos peques e desfrutade do momento papis!!!!!

domingo, 8 de diciembre de 2013

viernes, 6 de diciembre de 2013

A CHEGADA DO NADAL

   Os pequenos pelouros de "A Pedra" xa están emocionados coa chegada do Nadal. Nas aulas estamos aprendendo a panxoliña da "Luz do Nadal",
 de Mamá Cabra ( Libro -CD :
" Xa me tardan estes magos"), elaboramos campás coas caixas dos ovos que trouxestes da casa, e  confeccionamos  unhas preciosas postais , que pronto recibiredes nos fogares!!!!
 






domingo, 24 de noviembre de 2013

" CORRE, CORRE, CABACIÑA"

Como sabemos que despois de ver estas fotos coas cabazas, quedastes con ganas de máis , ahí vai o video coa canción do " Corre, corre, cabaciña"
E AGORA , A CANTAR FAMILIA!!!!!!

lunes, 18 de noviembre de 2013

Todos xuntos no Samaín



ANIVERSARIOS

Pouco a pouco ímonos facendo maiores, e o club dos nen@s de 3 anos vai en aumento. Que ricos doces nos mandan ao cole as familias!, gracias pola vosa colaboración.
ANIVERSARIOS AGOSTO-SETEMBRO 2013


ANIVERSARIOS OUTUBRO 2013



ANIVERSARIO DE PAPIRUS

O pasado  outubro fixemos a nosa primeira saída .As profes TOÑI e TERUCA levaronnos ata o colexio de primaria,e alí visitamos o bibliocastelo onde escoitamos a historia de Papirus e  a súa canción. Nós tamén lle cantamos algo a Papirus:a canción do aniversario!Para ser a nosa primeira sáida portámonos xenial!!!!!!



domingo, 10 de noviembre de 2013

O Magosto

O pasado xoves 7 de novembro, celebramos o magosto no cole. Ramón e Martín encargáronse de asar as castañas. Ramón ata nos fixo algún truco de maxia que nos deixou abraiados. Cantamos todos xuntos a canción do magosto e logo degustamos as ricas castañas. Grazas dende aquí ós pais e nais que estiveron conosco nesta festa. A que estamos "guapos" coa nosa coroa?








Samaín

Despois de superar o erro técnico que nos mantivo afastados do noso blog, imos contarvos as cousas que foron pasando no noso cole:

O Samaín:
Chegou coas súas cabazas para decorar o nóso cole. Este ano tiña como tema o cómic e os pelouros disfrutaron descubrindo os seus persoaxes favoritos. Na clase estivemos falando de nosos medos e pudemos plasmalos nun mural.




jueves, 17 de octubre de 2013

BENVIDA NOVOS PELOUROS

Benvida aos novos pelouro@s:
Este curso 2013/14 comenzaron a súa andaina os novos pelouros.
E somos moitos , nin máis nin menos que 50!!!!!!
Aínda que todo o curso considerase de adaptación, a primeira etapa queda xa superada.O mellor queda por vir!!!!.
A vindeira semana celebramos o aniversario de Papirus , o polbiño que é a mascota da biblioteca do noso cole.
Despois temos o Samaín , a festa das cabazas e polo San Martiño chegará o Magosto.








jueves, 27 de junio de 2013

Despedida.

     Mañá é o derradeiro día oficial do curso 2012/2013, pasou rapidísimo¡¡¡ Os nenos e nenas xa remataron o venres, e xa finalizou unha etapa preciosa para eles, como é a educación infantil. Agora xa se pode dicir que son nen@s de primaria. Deséxolles o mellor na súa nova etapa. Saben que con esforzo e constancia poden conseguir o que se propoñan.
    Agora xa ocupan un anaquiño do meu corazón. Ata sempre e a ser felices¡¡¡ Grazas a tod@s por lo voso acollemento. Aínda que os comezos non son doados, o tempo demostra que o traballo e o cariño dan os seus frutos. Ata sempre familias¡¡¡

                                                                                Loli.

aniversarios xuño e xullo

O pasado venres 21, o derradeiro día de colexio para os "Pelouros", celebramos o aniversario dos nenos e nenas que cumplen en xuño e xullo. Parabéns para todos eles que xa cumpren 6 anos¡¡¡¡: Jimena, Sara e Hugo. Hugo estivo enfermo e non pudo asistir, pero todos e todas  lembrámonos del.

viernes, 31 de mayo de 2013

cumples maio

Hoxe celebramos os aniversarios do mes de maio. Juan, Sara e Xiomara xa cumpriron os seis anos. Moitos parabens para eles e que sexan moi felices¡¡¡¡¡

jueves, 30 de mayo de 2013

excursión apipolis

O pasado martes 28 de maio fixemos a excursión de fin de curso. Fomos a granxa Apipolis, e aprendemos moitísimas cousas sobre as abellas. Poidemos comprobar o verdadeiro traballo que realizan os apicultores e apicultoras. Participaron en moitos talleres, fixeron galletas con mel, tiveron o contacontos da abella reina, visitaron a exposición das abellas, fixeron a súa propia vela de cera, e probaron o mel e o pole. Ademáis disfrutaron dunha comida todos xuntos e participaron en moitos xogos de animación. En fin un día largo e moi, moi divertido. Esperamos que non esquezan esta última saída do fin do ciclo de educación infantil, e que a lembren na vindeira etapa que pronto comezará para eles e elas.

martes, 21 de mayo de 2013

teatro novacaixagalicia

O pasado luns 20 de maio, fomos a ver un espectáculo ao teatro novacaixagalicia de Vigo.  Titulábase "Cri-cra-cro", e foi moi creativo e orixinal, pois con poucos recursos e sombras e proxeccións, mantivo abraiados e entretidos a maioría dos nenos e nenas. Foi algo distinto que promovía a usar o maxín. Iso sí, para gustos hai cores, e os nenos e nenas tamén teñen o seu propio pensamento crítico e as súas opións... O importante é que cada vez que saimos do colexio é especial para eles, e teñen novas experiencias.

martes, 14 de mayo de 2013

correligua 2

Velaí van máis fotos do correlingua. "O galego é a chave do mundo". Ese era o lema deste ano.

correlingua 1

O pasado venres día 10 de maio, celebramos o "correlingua" en Bueu. Viñeron a visita de moitos coles da comarca, tantos que na praza do concello éramos 1.800 nenos e nenas aproximadamente. Fixemos xogos, e bailamos moitos bailes galegos. Pasámolo moi ben¡¡¡ Esperamos que se repita todos os anos, e que saia todo así de ben¡¡¡

lunes, 6 de mayo de 2013

visita a panadería

O pasado venres 3 de maio fixemos unha visita a panadería Romano. Que ben nos recibiron¡¡¡ Aprendimos moitas cousas do traballo dos panadeiros e ata amasando, amasando os nenos e nenas fixeron as súas propias barras de pan, moldeándoas de moitas formas diferentes. Que rico estaba o pan¡¡¡ Gracias o persoal da panadería por atendernos tan ben¡¡¡

jueves, 2 de mayo de 2013

visita de Megan

O pasado venres 25 de abril, tivemos nas nosas aulas a visita de Megan. É a profesora de inglés do ano que ven dos rapaces e rapazas. Naceu en Oregón (EEUU), e con anterioridade mandounos unha carta anunciándonos a súa visita e contándonos moitas cousas do lugar onde naceu, para que coñezcamos un pouco máis outras culturas. Que cousas máis interesantes estamos aprendendo¡¡¡ Xa sabemos algo e o que nos queda por aprender...

cumples de abril

O pasado mes de abril celebramos os aniversarios de Alice, Daniel e Adrián. Xa cumpriron os seis anos, parabéns para todos eles e moita felicidade¡¡¡¡

viernes, 5 de abril de 2013

Contacontos kalandraca

O pasado mércores 3 de abril visitaron o noso colexio Olalla e Mark, en representación da editorial Kalandraca. Son uns contacontos estupendos. Os nenos e nenas disfrutaron moito coas súas historias: "O soño de Matías", "O cabalo azul" e "Contos de ratiños" foron as elexidas. Velaí van algunhas imaxes. Gracias Olalla e Mark¡¡¡

sábado, 23 de marzo de 2013

cumpleanos de marzo

Este mes de marzo celebramos moi pronto os cumpleanos dos nenos e nenas que cumplen 6 anos, debido a o comezo das vacacións de Semana Santa. Xa se sabe que é o último venres de cada mes. Os homenaxeados foron: Miguel, Xoel e Paula. Moitos parabéns para vós e a ser moi felices¡¡¡

Contacontos: Anxo Moure.

O xoves 21 de marzo, tivemos a sorte de ter connosco no colexio o escritor de "O carballo con botas", Anxo Moure. En conmemoración do día internacional da árbore, fixo un contacontos, que deixou abraiados aos nenos e nenas, ademáis de contar coa súa participación. Velaí deixámosvos algunhas fotos...

Excursión salón do libro

O pasado martes 19 de marzo fomos de excursión o Salón do libro de Pontevedra. Alí estivemos vendo unha representación dunha adaptación do conto "Os seis barbudos". Os nenos e nenas pasáronno estupendamente pois foi unha versión con moito ritmo¡¡¡ Ahí vos deixamos unhas fotos...

martes, 26 de febrero de 2013

cumpleanos febreiro

Este mes de febreiro celebramos os 6 anos de moitos dos nosos alumnos e alumnas: SARA CURRA, ROI, JAIME, AITANA, LAURA, MATÍAS E LUCAS. Feliz aniversario para todos e todas. Que pronto se fan maiores¡¡¡

domingo, 17 de febrero de 2013

entroido

Ahí vos deixamos tamén a canción para aqueles que non pudéchedes vir connosco a vivilo en persoa. Gracias a todos e a todas por participar en facer este día tan especial para os nenos e nenas¡¡¡¡

entroido 2013

     Hoxe remata o entroido 2013¡¡¡ Empezou o venres día 8 de febreiro. No colexio de infantil disfrazámonos de porquiños, polo conto tradicional de "Os tres porquiños e o lobo" (e por suposto non faltou o lobo). Cada curso do colexio de primaria elexiu un conto e entre todos lembramos algúns contos clásicos, que é o tema que nos ocupa durante todo este curso escolar.
 
     Desfilamos pola rúa ata o concello de Bueu e alí cantamos as cancións representativas de cada curso. Gracias a axuda dos pais e nais de cinco anos en infantil saíu unha canción estupenda.
 
     Volvimos o colexio e no patio fixemos a gran merenda de productos típicos do entroido que trouxeron as familias do alumnado.
 
     Foi un día xenial¡¡¡¡ Ou polo menos así o expresaron algunos nenos e nenas¡¡¡¡

jueves, 31 de enero de 2013

DIA DA PAZ

O DÍA DE ONTE, MÉRCORES 30 DE XANEIRO, CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ. NON DEBERÍA QUEDARSE EN UN DÍA SENÓN QUE É NECESARIO QUE A PAZ ESTEA ENTRE NÓS TODO  O ANO. PERO É PRECISO, PARA QUE OS NENOS E NENAS O ASUMAN, CONMEMORAR ESTE DÍA. FOI UN DÍA ESPECIAL¡¡¡ SUBIMOS O COLE DOS MAIORES, CANTAMOS UNHA CANCIÓN EN INGLÉS "ONE DAY" E OUTRA EN GALEGO "O MUNDO É GRANDE". ATA SE LIBEROU UNHA POMBA COMO SÍMBOLO. POR UNHA VIDA CHEA DE PAZZZZ¡¡¡¡¡

viernes, 25 de enero de 2013

cumpleanos xaneiro

HOXE CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DOS NENOS E NENAS QUE XA, NESTE NOVO ANO CUMPREN 6 ANOS: DEEA, MANUEL E DIEGO. QUE SEXADES MUY FELICES NESTE ANO¡¡¡¡¡

domingo, 6 de enero de 2013

REIS MAGOS

XA CHEGARON OS TAN ESPERADOS REIS MAGOS¡¡¡¡ ESTIVERON VISITÁNDONOS O COMEZO DO NADAL NO NOSO COLEXIO E ONTE POLA NOITE REPARTIRON TODOS OS REGALOS TAN ESPERADOS POLOS NENOS E NENAS. SEGURO QUE ALGO TROUXERON PARA TODOS E TODAS OS QUE SE PORTARON MOI BEN, BEN E NON TAN BEN. O MELLOR E QUE TROUXERON LEDICIA E BOA ESPERANZA PARA ESTE ANO NOVO QUE COMEZA. FELIZ ANO NOVO PARA TODOS E TODAS AS PERSOAS QUE FAN POSIBLE A LABOR DIARIA DO CEIP A PEDRA DE EDUCACIÓN INFANTIL¡¡¡¡ SEN VOS NON SERÍA POSIBLE¡¡¡¡ A DISFRUTAR DO ANO QUE XA COMEZOU¡¡¡

despedida de Fina




XUSTO ANTES DAS VACACIÓNS DESPEDIMOS A FINA. FORON UNS ANOS ESTUPENDOS CON ELA, COA SÚA AXUDA E O SEU TRABALLO TAN IMPORTANTE NESTE COLEXIO. SEMPRE ESTARÁS NOS NOSOS CORAZÓNS¡¡¡. GRAZAS POR TODO FINA¡¡¡. SE TE QUERE MOITO, E A TÚA LABOR NUNCA SE ESQUECERÁ¡¡¡