viernes, 31 de mayo de 2013

cumples maio

Hoxe celebramos os aniversarios do mes de maio. Juan, Sara e Xiomara xa cumpriron os seis anos. Moitos parabens para eles e que sexan moi felices¡¡¡¡¡

jueves, 30 de mayo de 2013

excursión apipolis

O pasado martes 28 de maio fixemos a excursión de fin de curso. Fomos a granxa Apipolis, e aprendemos moitísimas cousas sobre as abellas. Poidemos comprobar o verdadeiro traballo que realizan os apicultores e apicultoras. Participaron en moitos talleres, fixeron galletas con mel, tiveron o contacontos da abella reina, visitaron a exposición das abellas, fixeron a súa propia vela de cera, e probaron o mel e o pole. Ademáis disfrutaron dunha comida todos xuntos e participaron en moitos xogos de animación. En fin un día largo e moi, moi divertido. Esperamos que non esquezan esta última saída do fin do ciclo de educación infantil, e que a lembren na vindeira etapa que pronto comezará para eles e elas.

martes, 21 de mayo de 2013

teatro novacaixagalicia

O pasado luns 20 de maio, fomos a ver un espectáculo ao teatro novacaixagalicia de Vigo.  Titulábase "Cri-cra-cro", e foi moi creativo e orixinal, pois con poucos recursos e sombras e proxeccións, mantivo abraiados e entretidos a maioría dos nenos e nenas. Foi algo distinto que promovía a usar o maxín. Iso sí, para gustos hai cores, e os nenos e nenas tamén teñen o seu propio pensamento crítico e as súas opións... O importante é que cada vez que saimos do colexio é especial para eles, e teñen novas experiencias.

martes, 14 de mayo de 2013

correligua 2

Velaí van máis fotos do correlingua. "O galego é a chave do mundo". Ese era o lema deste ano.

correlingua 1

O pasado venres día 10 de maio, celebramos o "correlingua" en Bueu. Viñeron a visita de moitos coles da comarca, tantos que na praza do concello éramos 1.800 nenos e nenas aproximadamente. Fixemos xogos, e bailamos moitos bailes galegos. Pasámolo moi ben¡¡¡ Esperamos que se repita todos os anos, e que saia todo así de ben¡¡¡

lunes, 6 de mayo de 2013

visita a panadería

O pasado venres 3 de maio fixemos unha visita a panadería Romano. Que ben nos recibiron¡¡¡ Aprendimos moitas cousas do traballo dos panadeiros e ata amasando, amasando os nenos e nenas fixeron as súas propias barras de pan, moldeándoas de moitas formas diferentes. Que rico estaba o pan¡¡¡ Gracias o persoal da panadería por atendernos tan ben¡¡¡

jueves, 2 de mayo de 2013

visita de Megan

O pasado venres 25 de abril, tivemos nas nosas aulas a visita de Megan. É a profesora de inglés do ano que ven dos rapaces e rapazas. Naceu en Oregón (EEUU), e con anterioridade mandounos unha carta anunciándonos a súa visita e contándonos moitas cousas do lugar onde naceu, para que coñezcamos un pouco máis outras culturas. Que cousas máis interesantes estamos aprendendo¡¡¡ Xa sabemos algo e o que nos queda por aprender...

cumples de abril

O pasado mes de abril celebramos os aniversarios de Alice, Daniel e Adrián. Xa cumpriron os seis anos, parabéns para todos eles e moita felicidade¡¡¡¡