domingo, 24 de noviembre de 2013

" CORRE, CORRE, CABACIÑA"

Como sabemos que despois de ver estas fotos coas cabazas, quedastes con ganas de máis , ahí vai o video coa canción do " Corre, corre, cabaciña"
E AGORA , A CANTAR FAMILIA!!!!!!

lunes, 18 de noviembre de 2013

Todos xuntos no Samaín



ANIVERSARIOS

Pouco a pouco ímonos facendo maiores, e o club dos nen@s de 3 anos vai en aumento. Que ricos doces nos mandan ao cole as familias!, gracias pola vosa colaboración.
ANIVERSARIOS AGOSTO-SETEMBRO 2013


ANIVERSARIOS OUTUBRO 2013



ANIVERSARIO DE PAPIRUS

O pasado  outubro fixemos a nosa primeira saída .As profes TOÑI e TERUCA levaronnos ata o colexio de primaria,e alí visitamos o bibliocastelo onde escoitamos a historia de Papirus e  a súa canción. Nós tamén lle cantamos algo a Papirus:a canción do aniversario!Para ser a nosa primeira sáida portámonos xenial!!!!!!



domingo, 10 de noviembre de 2013

O Magosto

O pasado xoves 7 de novembro, celebramos o magosto no cole. Ramón e Martín encargáronse de asar as castañas. Ramón ata nos fixo algún truco de maxia que nos deixou abraiados. Cantamos todos xuntos a canción do magosto e logo degustamos as ricas castañas. Grazas dende aquí ós pais e nais que estiveron conosco nesta festa. A que estamos "guapos" coa nosa coroa?








Samaín

Despois de superar o erro técnico que nos mantivo afastados do noso blog, imos contarvos as cousas que foron pasando no noso cole:

O Samaín:
Chegou coas súas cabazas para decorar o nóso cole. Este ano tiña como tema o cómic e os pelouros disfrutaron descubrindo os seus persoaxes favoritos. Na clase estivemos falando de nosos medos e pudemos plasmalos nun mural.