sábado, 13 de diciembre de 2014

OS ULTIMOS PROTAS DESTE 2014

    XA REMATANDO O TRIMESTRE OS PELOUROS ESTAMOS RECIBINDO AS ÚLTIMAS VISITAS DE FAMILIAS NAS NOSAS AULAS.

CARLOS
 
ATA O XIMNASIO DO COLE CHEGOU PEPA CON MAURO. PEPA É A MAMÁ DE CARLOS, E MAURO E UN GRAN OSO NA BUSCA DE APERTAS.







 
 
TÓDOLOS PELOUROS DA CLASE DE TERUCA SENTAMOS FACENDO CORRO, MENTRAS PEPA NOS CONTABA UN PRECIOSO CONTO VIVENCIADO  E ACOMPAÑADO DE SONS E MÚSICA. 
 
 
 ESTE OSO AMOROSO  FIXO QUE  BOCEXÁRAMOS, NOS PEITEÁSEMOS, NOS ESTIRÁSEMOS, NOS ABRAZÁSEMOS.....E QUE EN DEFINITIVA SENTÍSEMOS UNHA HISTORIA CHEA DE EMOCIÓNS. 
GRACIAS PEPA POLA TÚA EXPERIENCIA!!!!!!!!!!

PABLO

VICKY E FRAN, OS PAPÁS DE PABLO ACOMPAÑÁRONNOS ESTA SEMANA. FRAN FIXO MAXIA E PARA DELEITE DOS NENOS/AS TRANSFORMOU ALGÚNS INGREDIENTES EN CARAMELOS, COA AXUDA DA MAXIA, CLARO!


ADEMÁIS DEIXOUNOS DE AGASALLO  PARA A CLASE UN CORRE-CAMIÑOS FEITO DE GLOBOS.

VICKY  ENSINOUNOS A FACER UN "CESPINO" QUE CADA NENO LEVOU  PARA CASA, PARA COMPROBAR COMO LLE MEDRA O PELO ( CÉSPEDE ).
PASÁMOLO DE MARABILLAAA !!!



ROI



OS PAIS DE ROI CASTRO VIÑERON ESTA SEMANA.
JAVI EXPLICOULLES AOS NENOS O SEU TRABALLO DE POLICÍA E AGASALLOULLES CUN DIPLOMA DA POLICÍA.

 
ANA, A MAMÁ, ENSINOUNOS A FACER UNHA ÁRBORE DE NADAL PARA DECORAR AS NOSAS CASAS NESTAS FESTAS.




QUE BEN O PASAMOS!!!!


MATEO


ESTE XOVES VIÑERON VISITARNOS OS PAPIS DE MATEO .
SUSO E  LORENA TRAÍAN UN MONTÓN DE PEQUENOS ELEMENTOS FEITOS POR ELES.
TRAÍAN PEQUENAS MANCIÑAS, PÉS, UNHAS SAIAS DE CARTULIÑA VERMELLAS...



E NÓS PUXEMOLAS GANAS DE COMPOÑER ALGO DIVERTIDO.



ENTRE PEGAMENTOS, GRAMPADORAS, RISAS .......E MOITA ILUSIÓN , CONSEGUIMOS O PROPOSTO :
UNS EXPECTACULARES BOB ESPONXA, QUE CADA QUE UN  LEVOU PARA A SÚA CASA.




GRACIAS !!!!!!!!!
















 

lunes, 1 de diciembre de 2014

OS PELOUROS DE ANIVERSARIO

  NESTE MES DE NOVEMBRO ESTIVERON DE ANIVERSARIO :

NA AULA DOS PELOUROS A, SOPROU AS VELAS ANTÍA E MARTÍN














NA AULA DE PELOUROS B , SOPRARON AS VELAS ANDRÉ E XOEL








PARABÉNS PEQUENOS !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

viernes, 28 de noviembre de 2014

OS PROTA DESTA SEMANA FORON.....

  NA AULA DOS PELOUROS DE TOÑI CHEGOU A MAMI DE BLANCA.





TRAÍANOS UNHAS ESTRELIÑAS  .
NÓS COS ROTUS DE CORES, DECORÁMOLAS .
QUEDÁRONNOS CHULÍSIMAS, AGORA SÓ NOS FALTA COLGALAS NA ÁRBORE DE NADAL DAS NOSAS CASAS.

NA CLASE DOS PELOUROS B , ESTIVERON OS PAPIS DE HUGO.
TRAÍAN O CONTO " O PIRATA PATA DE LATA".
E TAMÉN UNS PARCHES PARA CADA UN DE NÓS .
GUSTOUNOS MOITO O CONTO, E NÓS COMO AGASALLO CANTÁMOSLLES A CANCIÓN " O PIRATA METEPATA"
 
MOITÍSIMAS GRACIAS FAMILIAS !!!!!!!!!

miércoles, 19 de noviembre de 2014

PEDRO , O NOSO PROTA.

  NESTA SEMANA, FIXEMOS BISCOITO DE NOCES, ENTRE TODOS, APROVEITANDO AS NOCES QUE AS FAMILIAS ENVIARON DENDE OS FOGARES.



  A MAMÁ DE PEDRO COLABOROU LEVÁNDOO A COCER AO FORNO DA CASA, POLO QUE LLE DAMOLAS GRACIAS !!!!.




  COMO PODEDES COMPROBAR ESTABA DE RECHUPETE........






E NON QUEDARON MAIS QUE AS MIGALLLAS !!!!!!!!!!!!!!!!!
 

lunes, 17 de noviembre de 2014

PROTAS : XOEL , ANDRÉ e XULIÁN.

  NESTA SEMANA , OS NOSOS PROTAS TROUXERON NOVIDADES!!!!!
 
 NA CLASE DOS PELOUROS A, VISITÁRONNOS OS PAPIS DE XULIÁN, JULIO E ANA.
 


 
 
  JULIO CONTOUNOS COMO FAI, DUN XEITO ARTESÁN , INSTRUMENTOS MUSICAIS . AMOSOUNOS GAITAS E FRAUTAS.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
OS NENOS E NENAS DIVERTÍRONSE MOITO DESFRUTANDO DO SON DESTES INSTRUMENTOS , SOBRE TODO CO FORTE SON DA GAITA, QUE EN LUGAR DE ASUSTALOS FACÍALLES RIR.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
NA CLASE DOS PELOUROS B, CHEGOU BETI , A MAMI DE ANDRÉ E XOEL.
 
 
CONTOUNOS O CONTO DE:" EL RATONCITO PÉREZ ".
 
 
DESPOIS SAÍMOS AO PATIO E ALÍ FIXEMOS CARREIRAS CUNHA CULLER NA BOCA E UNHA BOLIÑA LARANXA, QUE NON NOS PODÍA CAÍR.
 
 
 
 
 RIMOS MOITO E FOI MOI EMOCIONANTE  !!!!!!!!!!
 
GRACIAS FAMILIAS  !!!!!

jueves, 30 de octubre de 2014

O ANIVERSARIO DE PAPIRUS

  O  pasado venres, día 24 de outubro, foi o aniversario de Papirus, e alá fomos os PELOUROS a felicitarlle.
                  

   Ao chegar recibiunos no BIBLIOCASTELO DA PEDRA a profe Marilina, ela púxonos unha mensaxe de PAPIRUS no proxector.




  Nesta mensaxe PAPIRUS informounos de que neste curso gustaríalle que explorásemos no mundo DA ARTE,


falounos de pintores e escultores do Morrazo, dalgúns artistas galegos, de algún outro que xa coñecíamos , como é MIRÓ,




 .....e tamén soupemos que Papirus é un polbo ao que lle gusta viaxar, xa que mostrounos fotos súas na Torre Eiffel de París, no Big Ben de Londres...


  A continuación aMarilina contounos o conto de " AQUILES O PUNTIÑO ",
unha historia relacionada coa arte.  Como a través dun só punto que xurde dunha folla en branco, este decide o seu destino, destino que tamén o poden ter outros puntiños que adornan o noso entorno.


 
Para rematala visita entregámoslle a Marilina a coroa que confeccionamos coas profes Toñi e Teruca nas aulas ( coroa feita con PUNTIÑOS de cores, como Aquiles ), como agasallo polo aniversario do noso PAPIRUS.
 
 
 
 
PARABÉNS !!!!
E ela entregounos unha preciosa pegatina do Bibliocastelo e a súa mascota.
 
GRACIAS MIL  !!!!!!!!!!!!







CUMPLES DE OUTUBRO

  ESTE MES ESTIVERON DE ANIVERSARIO:

SARA FERNÁNDEZ  !!!!!




E  BORJA !!!!!

 
FELICIDADES PEQUENOS PELOUROS  !!!!!!!!!

viernes, 24 de octubre de 2014

OS PROTAS DE ESTA SEMANA FORON : DANI e IVÁN !!!!!!!!!!

  A aula de TOÑI , chegou a mami de DANI , cargada de cousas relacionadas co SAMAÍN.



  Con Sefi fixemos máscaras de MEDO e arañas con chuches e galletas.
  Tamén adornamos algunha cabaza con ollos.
Gracias Sefi !!!!
 
 
 
 
A aula de Teruca chegou Sole, viña cunha bolsa chea de paliños de cores, pegamento, pegatinas,.....

Con todo o que traía fixemos uns portarretratos moi chulos , que levamos para casa.
Gracias Sole !!!!

martes, 21 de octubre de 2014

SAMAÍN Á VISTAAAAA ..................

            Mamis e papis, aínda que non o creades, xa casi estamos as portas do SAMAÍN, da noite de terror, dos morcegos, das cabazas.....do
MEDOOOOO..................

      QUE MEDO ME DÁ  !!!!!!!!!!



MIGUEL G. é o PROTA en 4 anos B

  MARI E JAVIER , os papás de Miguel viñeron visitarnos.
Traían un robot de cociña e os ingredientes necesarios para facer PIRULETAS de chocolate.
 Para adornalas trouxeron virutillas e estreliñas de caramelo.





Cada un fixemos 2 piruletas , que quedaron no cole para que enfriasen.
Ao día seguinte levámolas para casa. Seguro que as familias deron boa conta delas.
 Que ricas  !!!!!!!!!!!!!!!
 
Gracias papis  !!