sábado, 13 de diciembre de 2014

OS ULTIMOS PROTAS DESTE 2014

    XA REMATANDO O TRIMESTRE OS PELOUROS ESTAMOS RECIBINDO AS ÚLTIMAS VISITAS DE FAMILIAS NAS NOSAS AULAS.

CARLOS
 
ATA O XIMNASIO DO COLE CHEGOU PEPA CON MAURO. PEPA É A MAMÁ DE CARLOS, E MAURO E UN GRAN OSO NA BUSCA DE APERTAS.







 
 
TÓDOLOS PELOUROS DA CLASE DE TERUCA SENTAMOS FACENDO CORRO, MENTRAS PEPA NOS CONTABA UN PRECIOSO CONTO VIVENCIADO  E ACOMPAÑADO DE SONS E MÚSICA. 
 
 
 ESTE OSO AMOROSO  FIXO QUE  BOCEXÁRAMOS, NOS PEITEÁSEMOS, NOS ESTIRÁSEMOS, NOS ABRAZÁSEMOS.....E QUE EN DEFINITIVA SENTÍSEMOS UNHA HISTORIA CHEA DE EMOCIÓNS. 
GRACIAS PEPA POLA TÚA EXPERIENCIA!!!!!!!!!!

PABLO

VICKY E FRAN, OS PAPÁS DE PABLO ACOMPAÑÁRONNOS ESTA SEMANA. FRAN FIXO MAXIA E PARA DELEITE DOS NENOS/AS TRANSFORMOU ALGÚNS INGREDIENTES EN CARAMELOS, COA AXUDA DA MAXIA, CLARO!


ADEMÁIS DEIXOUNOS DE AGASALLO  PARA A CLASE UN CORRE-CAMIÑOS FEITO DE GLOBOS.

VICKY  ENSINOUNOS A FACER UN "CESPINO" QUE CADA NENO LEVOU  PARA CASA, PARA COMPROBAR COMO LLE MEDRA O PELO ( CÉSPEDE ).
PASÁMOLO DE MARABILLAAA !!!



ROI



OS PAIS DE ROI CASTRO VIÑERON ESTA SEMANA.
JAVI EXPLICOULLES AOS NENOS O SEU TRABALLO DE POLICÍA E AGASALLOULLES CUN DIPLOMA DA POLICÍA.

 
ANA, A MAMÁ, ENSINOUNOS A FACER UNHA ÁRBORE DE NADAL PARA DECORAR AS NOSAS CASAS NESTAS FESTAS.




QUE BEN O PASAMOS!!!!


MATEO


ESTE XOVES VIÑERON VISITARNOS OS PAPIS DE MATEO .
SUSO E  LORENA TRAÍAN UN MONTÓN DE PEQUENOS ELEMENTOS FEITOS POR ELES.
TRAÍAN PEQUENAS MANCIÑAS, PÉS, UNHAS SAIAS DE CARTULIÑA VERMELLAS...



E NÓS PUXEMOLAS GANAS DE COMPOÑER ALGO DIVERTIDO.



ENTRE PEGAMENTOS, GRAMPADORAS, RISAS .......E MOITA ILUSIÓN , CONSEGUIMOS O PROPOSTO :
UNS EXPECTACULARES BOB ESPONXA, QUE CADA QUE UN  LEVOU PARA A SÚA CASA.




GRACIAS !!!!!!!!!
















 

lunes, 1 de diciembre de 2014

OS PELOUROS DE ANIVERSARIO

  NESTE MES DE NOVEMBRO ESTIVERON DE ANIVERSARIO :

NA AULA DOS PELOUROS A, SOPROU AS VELAS ANTÍA E MARTÍN














NA AULA DE PELOUROS B , SOPRARON AS VELAS ANDRÉ E XOEL








PARABÉNS PEQUENOS !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!