viernes, 24 de abril de 2015

CUMPLES DE ABRIL NA CLASE DE TOÑI

NESTE MES DOS LIBROS , LAURA E XULIÁN , ESTIVERON DE ANIVERSARIO


PARABÉNS PARA OS DOUS!!!!

miércoles, 22 de abril de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

SENDO ESTA A SEMANA DO LIBRO, PROCEDÍA QUE OS ALUMNOS/AS DE 2º CURSO DE PRIMARIA, VIÑESEN A VISITARNOS .
 VIÑAN COAS SÚAS PROFES E NAS SÚAS MANS TRAÍAN CONTOS.CADA UN O CONTO QUE MÁIS LLE MOLA.
CADA UN DELES/AS ESCOLLEUNOS A UN DE NÓS, PARA CONTORNOS ESE CONTO TAN ESPECIAL PARA ELES.

PASAMOS UN RATO APACIBLE E AGRADABLE DE "CONTA-CONTOS".
DESFRUTAMO NÓS E ELES, QUE NO SEU AFÁN DE LECTURA FIXÉRONNO MOI BEN.
BICOS E APERTAS PARA TODOS ELES!!!!!

jueves, 16 de abril de 2015

GRACIAS PROFE RAQUEL !!!!!!!!!!!!!!!

DURANTE ESTES MESES UNHA NOVA PROFE, CHAMADA RAQUEL ESTIVO NO NOSO COLE, AXUDANDO ÁS NOSAS PROFESORAS.
CON ELA APRENDEMOS COUSAS NOVAS, XOGAMOS E AXUDOUNOS MOITO.


GRACIAS RAQUEL , POR TER ESCOLLIDO O NOSO COLE, PARA FACE-LAS TÚAS PRÁCTICAS DE MESTRE. APERTAS FORTES PARA TI !!!!!!!!!!!!!!!

MIGUEL RODRÍGUER é PROTAGONISTAS

HOXE VIU PATRI ATA AULA DOS PELOUROS B
CONTOUNOS , QUE A MIGUEL E MÁIS A ELA  GUSTÁBALLES FACER BOMBÓNS, GALLETAS....
FALAMOS DAS VARIEDADES DE CHOCOLATES QUE MÁIS NOS GUSTAN




E POR EQUIPOS PUXÉMONOS MANS Á OBRA !!!!!
AMASAMOS UNHA MASA QUE PATRI XA TRAÍA PREPARADA ( contounos que contiña :galletas, leite condensada, azucre, mantequilla..).
DÉMOSLLE FORMA DE BOLIÑAS E DECORÁMOLAS CON VIRUTILLAS DE CORES.
E ASÍ NOS QUEDARON . ESTUPENDAS!!!!

DANI é O MILLO DOS AVÓS

A PASADA SEMANA OS AVÓS DE DANIEL, ACHEGÁRONSE A AULA DOS PELOUROS B.
TRAÍAN UNS TINÓNS CARGADOS DE MAZORCAS DE MILLO.

 TAN PRONTO ENTRAMOS NA AULA , NON FIXO FALTA QUE NINGUÉN NOS EXPLICASE O QUE TIÑAMOS QUE FACER.
NUN ABRIR E PECHAR DE OLLOS , XA  O TIÑAMOS TODO DEBULLADO.
MENTRAS , A AVOA  DE DANI, QUE TRAÍA VASOS DE PLÁSTICO E ALGODÓN, FOI CHAMÁNDONOS PARA "SEMENTAR" ALGÚNS DESES GRANCIÑOS DE MILLO.
PUXÉMOLOS PRETO DA VENTÁ PARA QUE RECIBISEN OS RAIOS DO SOL.
AGORA ESTAMOS A ESPERA DE QUE VAIAN AGROMANDO E MEDRANDO.
GRACIAS AVÓS , POR TRAERNOS A AULA , UNHA EXPERIENCIA TAN BONITA!!!!

CARLOTA é A PROTA

HOXE VIÑERON ATA O COLEA MAMÁ DE CARLOTA , E MAILA SÚA MADRIÑA.


TRAÍAN OS ELEMENTOS PRECISOS PARA CONFECCIONAR UNHA PRECIOSA BOLBORETA.
NÓS, QUE XA ESTAMOS ENTRADOS NESTA MATERIA DOS "BICHIÑOS DO CAMPO", DESFRUTAMOS MOITO.
APRENDEMOS QUE AS ÁS DAS BOLBORETAS SON SIMÉTRICAS ENTRE SÍ.
QUEDÁRONNOS CHULÍSIMAS !!!!!!!!

PASEO POLO RÍO BISPO


 O PASADO MARTES SAÍMOS DAR UN PASEO POLA SENDA DO RÍO BISPO.


ACOMPAÑOUNOLO BO TEMPO.
CAMIÑANDO, CAMIÑANDO...OBSERVAMOS CAMBIOS NA PAISAXE.
TODO ESTÁ MÁIS VERDE, AS CORES SON MÁIS INTENSAS GRACIAS A PRIMAVERA.
POIDEMOS COMPROBAR QUE MOITAS DAS HORTAS SITUADAS AS BEIRAS DO RÍO XA ESTABAN CULTIVADAS.
NALGUNHAS POIDEMOS VER:
REPOLOS, CEBOLAS, ALLOS, LEITUGAS,XUDÍAS...
APRENDEMOS QUE CO BO TEMPO AS HORTALIZAS MEDRAN DABONDO.












MAÍS ALÁ DAS HORTAS,
DESCUBRIMOS UNHA CABUXAS MOI SIMPÁTICAS , QUE AO PRINCIPIO ASUSTÁRONNOS UN POUQUIÑO.
 

 AO CHEGAR A UN RECODO DO RÍO , ATOPAMOS UNHA FERVENZA DE AUGA, E BAIXO UNHAS PLANTAS, POIDEMOS OBSERVAR UNS PEQUENOS PARRULOS COA SÚA NAI.

 CHEGANDO AO FINAL DO PASEO CHEGAMOS A UN LAVADEIRO , DOS DE ANTES, AS PROFES EXPLICÁRONNOS COMO SE UTILIZABAN E PARA QUE SERVÍAN.
ALUCINAMOS AO SABER QUE ANTIGAMENTE NON EXISTÍAN AS LAVADORAS.


miércoles, 15 de abril de 2015

VIOLETA é a PROTA




ESTA SEMANA ESTIVO DE PROTA VIOLETA E A SÚA MAMÁ SONIA LEVÁRONNOS A VISITAR O SEU LUGAR DE TRABALLO , O INSTITUTO "ILLA DE ONS".

COMO O BO TEMPO ACOMPAÑOUNOS , FOMOS O LUNS A PRIMEIRA NORA .
JAIME , O PAPÁ , TAMÉN VIU CONNOSCO.

VISITAMOLO XIMNASIO, A BIBLIOTECA....PERO O QUE MÁIS NÓS GUSTOU FOI O TALLER DE TECNOLOXÍA,
PORQUE ESTABA TODO PERFECTAMENTE ORDEADO, CADA FERRAMENTA NO SEU SITIO, E SONIA AMOSOUNOS OS PROXECTOS QUE FACÍA COS SEUS ALUMNOS/AS .
GRACIAS POR ESTA EXCURSIÓN .
PASÁMOLO DE MARAVILLA E PORTÁMONOS MOI BEN!!!!!!
 
 

MANU é O PROTA

ANTES DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA TIVEMOS A VISITA DE EVA E DAVID OS PAIS DO PROTAGONISTA MANUEL








CONTÁRONNOS COUSAS DOS SEUS TRABALLOS E DO QUE MÁIS LLE GUSTA FACER A MANUEL


MONTAR EN MOTO ( AMOSÁRONNOS O SEU TRAXE DE MOTORISTA E O CASCO )

E TAMÉN A SÚA FUNDA DE ALBAÑIL, PORQUE GÚSTALLE MOITO AXUDAR O SEU PAPÁ.
O FINAL TAMÉN COLOREAMOS UN DEBUXO QUE NOS QUEDOU MOI BEN!!!!!!

viernes, 10 de abril de 2015

CUMPLES DE MARZO

              
NA AULA DOS PELOUROS DE TERUCA , ESTIVERON DE ANIVERSARIO : SAÚL, DANI E MIGUEL.

NA AULA DOS PELOUROS DE TOÑI ESTIVERON DE ANIVERSARIO: DANI E CATALINA.


miércoles, 8 de abril de 2015

MARTÍN ABALO E AS FROITAS

ESTA SEMANA TIVEMOS A VISITA DE OSCAR E VERO, OS PAPIS DO PROTA MARTÍN ABALO, QUE VIÑERON AO COLE PARA EXPLICARNOS COMO PREPARAR UN CÓCTEL.


O CÓCTEL "SAN FRANCISCO", ESTE CÓCTEL LEVA ZUME DE PEXEGO, PIÑA, LARANXAS E GRANADINA.



COMO NOS GUSTARON TANTO REPETIMOS ATA ESGOTALOS ZUMES.
ESTABA DELICIOSO !!!!!!

jueves, 2 de abril de 2015

HOXE VISITOUNOS PACO NOGUEIRAS

POR FIN CHEGOU  O TAN ESPERADO DÍA!!!!






ATA O COLE VIU PACO NOGUEIRAS E O SEUS INSTRUMENTOS , OS SEUS CONTOS, O SEU OSO, .....E O SEU SOMBREIRO  DE PACO NOGUEIRAS.

GRAN EXPECTACIÓN ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE !!!!!!

EMOCIÓN , INTRIGA E DOR DE BARRIGA!!!!!
COMEZOU CONTÁNDONOS UN CONTO DUN VIOLÍN, DESPOIS VIU UNHA DE OSOS, TAMÉN UNHA DE CHIBOS CHIBÓNS .......E COMO NON BOA MÚSICA ,TOCADA POR EL, E CANCIÓNS QUE NOS ENCANTARON.