jueves, 30 de junio de 2016

Despedida do ciclo 2013-2016

Tres anos foron pouco para vivir esta alegría de compartir cada día convosco, tres anos que pasaron voando pero queda o recordo e vós, pelouriños e pelouriñas, quedades agochados no noso corazón e con agarimo gardaremos todos os recordos do que vivimos, aprendemos e medramos xuntos.
Como diciamos ao inicio do ciclo o proverbio africano que di que para educar un nen@ fai falla toda a tribu, queremos agradecer dende aquí ás familias a colaboración prestada, axudándonos sempre que o necesitamos.
Desexamos o mellor para o novo curso, pero antes disfrutade do mellor verán da vosa vida!!!

ANIVERSARIOS DE XUÑO E XULLO

Estes foron os últimos aniversarios celebrados neste curso sete nenos e nenas da clase de Pelouros A : Carla , Martín, Pablo, Paula, Inés, Héctor e Roi xa teñen 6 anos.Moitas felicidades para tod@s!!!


viernes, 10 de junio de 2016

AS ABELLAS DO PADRIÑO DE AROA


O BIGOTE DE MIMÍ

O luns  23 de maio, acudimos a sala social de Bueu, para presenciar o Concerto de:

"O bigote de Mimí", unha peza baseada no libro infantil de Manuel María.
A cargo de LUIS VALLECILLO e a súa banda.
Unha proposta escénica na que músicos e un titiriteiro se unen para amosarnos a historia do gato Mimí, quen padeceu as consecuencias dunha pésima decisión.
Desde a perspectiva do gato cando xa é vello as cousas vense diferentes e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias.




Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.


E PARA REMATAR, FOMOS ATA O PARQUE DA BIBLIO MUNICIPAL A MERENDAR E A XOGAR!!!!

APIPOLIS


jueves, 2 de junio de 2016

ANIVERSARIOS DE MAIO

NO MES DAS FLORES ESTIVERON DE ANIVERSARIO.
BLANCA,PEDRO, RAÚL e NATÁN.





 
PARABÉNS PEQUENOS PELOUROS!!!!!!